A Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) critica que o parque infantil «Vicente Moure» non sexa pechado polas noites.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende que se acondicionou, hai uns anos, o parque infantil «Vicente Moure» (está perto da Casa do Concello) e ata que este concelleiro foi cesado en febreiro pasado como titular de infraestruturas sempre se pechou a instalación polas noites para que o parque permanecera nas mellores condicións posibles, evitando a concentración de persoas alí nesas horas con riscos de gamberrismo, «botellóns», etc. O parque quedaba pechado tódalas noites e abríase tódalas mañàs.

Agora isto deixouse de facer, e nas noites dos fines de semana, incluso tamén en días laborables, o parque queda aberto con riscos para os xogos e o mobiliario urbano antes apuntados e dando unha imaxe de desidia á cidadanía que tantas veces denunciou esta agrupación.

Solicítase así ó alcalde, que o parque infantil sexa pechado tódalas noites como se fixo sempre.

Por outra banda, prégase tamén ó alcalde que se reparen con urxencia algúns elementos dos xogos para os nenos do «Parque do Muíño» en Infesta e do parque do peirao que están visiblemente danados. Precisamente neste último rematou a colocación do valado de cerre (moi necesario por outra parte) e agora é necesario arranxar algún xogo deteriorado.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


9 comentarios

Romano · 20-05-2006 a las 01:30

O «sereno» Sabariz botáronno fóra. O novo porteiro podería ser Baliñas (pola súa talla…..política)

Vaticanista · 20-05-2006 a las 13:36

Para voltar ó goberno,
reza Sabariz ó día,
a salve e o avemaría,
agora está no inferno.

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-05-2006 a las 10:50

Hai que repectar o humor e a crítica. Non estou nin molesto nin moito menos no «inferno». Estou a traballar doutro xeito na oposición e teño confianza de que ós veciños saberán aprecialo.

Tomás Valiente · 22-05-2006 a las 15:18

Os malos van para o inferno e alí se queimarán. Non estás mal ahí. ? un bo sitio para ti.

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-05-2006 a las 15:57

Non sexas bárbaro Tomás Valiente. Na túa reaparición xa queres que me queimen. Mira onte de madrugada no segundo canle de TVE vin un programa sobre o exterminio dos xudeos nos campos de concentración de Treblinka e Bikernau perante a II Guerra Mundial onde eran incinerados os cadáveres dos xudeos logo de matalos nas cámaras de gas (era utilizado o gas Ziclón como coñecemos todos). As testemuñas de xudeos sobrevivintes sobre a crueldade e o bestialismo que padeceron provocan ata náuseas a calqueira ser humano.
Se Tomás Valiente é o meu compañeiro da corporación e do BNG que descubrín hai tampo, estou completamente seguro que non desexa isto nin para mín nin para ningúen. Se hai outra persoa distinta co mesmo alcume quero pensar o mesmo.

Tomás Valiente · 22-05-2006 a las 19:40

Xa fixen o comentario en sentido contrario unha ves e ti segues co mesmo, pero dame igual. Cando falo do inferno fago en sentido figurado igual ca «Vaticanista». Os votos de hai tres anos puxéronte no teu sitio, perdeches votos. Coa túa actitude segueralos a perder a as de notar máis ainda o sofremento do inferno. Espero e desexo.
POdes buscar e xogar ao «quen é quen». ? un xogo divertido, pero erras. Mira nos teus antigo votantes e simpatizantes.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-05-2006 a las 09:24

Naturalmente as urnas son as que miden os apoios de cada grupo. Eu, aínda que os grupos independentes estamos en desventaxe ó non contar con voto de partido, teño esperanzas, como é lexitimo, en ter uns bós resultados. Se non é así e non son elixido, pois será porqué os veciños consideran que a miña labor non foi positiva e non vou aportar nada no futuro para o beneficio de Pontecesures. Neste caso non pasa nada, se aceptan con total respecto os resultados e vaise ún para a casa deixando o posto ós concelleiros que desexa o pobo. Eso sí espero ter unha saída digna e coa cabeza erguida.

Vaticanista · 23-05-2006 a las 13:12

Os dirixentes nacionais do BNG que non se enteran das actitudes do alcalde e do seu grupo están no «limbo». Agora nin iso, pois o Vaticano confirmou hai uns anos que o «limbo dos xustos» non existe. Agora só temos inferno, ceo e purgatorio. Pensando ben, Sabariz en lugar do inferno podería estar no purgatorio penando as súas faltas e tratando de facer méritos para entrar no goberno de novo.

eumesmo · 24-05-2006 a las 19:32

No te preocupes, que los «rojos» NO CREEN EN CIELO, INFIERNO, LIMBOS Y DEMÁS…tan solo en ser distintos a los «otros», aunque acaben imitándolos (contrataciones a dedo, actitudes dictatoriales en plenos sin responder a preguntas, aferrarse al cargo, etc.)
Vamos que por muchas «novenas» que encargues a estos le «resbala»

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.