Excursión de remate de curso da ANPA do CPI Pontecesures

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O domingo día 25 de xuño de 2006, haberá unha excursión de remate de curso para os nenos e as familias afiliadas a ANPA que aboaron a cota fixada para este curso 2005-2006. A excursión será para todo o día e visitaranse as ILLAS CÍES.

A saída será ás 9,00 horas da parte traseira da praza de abastos e poderán asistir dous acompañantes maiores de idade por familia.

Os gastos desta excursión (autobús, barco e visita guiada nas illas) corren a cargo da ANPA. Os acompañantes dos nenos/as deberán aboar a cantidade de 15 ? no propio autobús para sufragar parte dos gastos. A comida será por conta de cada familia.

Nun prazo que remata o 16 de xuño débese entregar na conserxería do colexio a relación cos asistentes por cada familia.

Categorías: Educación

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.