A ACP vaise presentar ás eleccións locais 2007.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

No día de onte tivo lugar unha xuntanza dos membros desta agrupación independente para tratar aspectos relacionados co funcionamento do concello, a gobernabilidade do mesmo e as necesidades a plantexar fundamentalmente en materia de obras e servizos.

O único concelleiro da agrupación Luis Angel Sabariz Rolán, que agora está na oposición, e o ex-concelleiro Alfonso Diz Villar deron conta das iniciativas e suxerencias presentadas e das tarefas de fiscalización e control realizadas sobre as últimas actuacións do alcalde e do grupo de goberno do concello.

A conclusión máis importante desta xuntanza é que esta agrupación decideu presentarse ás eleccións municipais do vindeiro ano. Considerouse moi negativo ó labor do alcalde e do grupo de goberno BNG-IP e esta agrupación considera que é unha forza política que ten moito que aportar na defensa dos cidadáns de Pontecesures como grupo independente sen ter que depender de instruccións ou directrices superiores de partido algún. Impórtanos a nosa vila e imos continuar a traballar para a súa mellora.

Vanse facer xestións para incorporar a máis persoas na agrupación e quérese reiterar á opinión pública que imos acudir con gran ilusión ós comicios locais 2007.

Pontecesures, 27 de maio de 2006


11 comentarios

calamar · 29-05-2006 a las 12:15

Estamos todos de noraboa, contaremos outra vez co partido «bicefálico» mais veleta de todos os tempos, a incógnita está hacia onde vai ir?a esquerda? a dereita? non vai? e cales van a ser as suas novas propostas? Xa me imaxino o programa, non sei si pactaremos cos de aqui ou cos de ali, nin se imos ir con estes ou aqueles, segundo veña o vento..e tamén me pregunto se seguirán usando o lema «nos preocupamonos por pontecesures» e todos contentos,!deixen o comodín¡ e propoñan algo de seu.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2006 a las 12:40

Dende 1999 e ata que fomos expulsados do grupo de goberno, sempre apoiamos o BNG. Explicamos as razóns no seu día, como tamén explicamos porqué perdimos a confianza no actual alcalde. Non se pode predecir o futuro pero sí afirmar que cumprimos ben o noso lema da última campaña electoral: «Seriedade e traballo»
Nesta agrupación non hai bicefalia e, por suposto, comunicaremos as nosas propostas con tempo. Somos optimistas e penso que obtendremos bós resultados nas urnas. Cada día máis xente me demostra que confía en nós.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2006 a las 12:59

Xa me esquecía. Pídolle a Calamar que non arroxe tinta sobre nós, non somos veletas. Lóxicamente, os demáis grupos é posible que prefiran que abandonemos, pero queremos continuar con ilusión. E o noso dereito e a ninguén lle debe molestar.

calamar · 29-05-2006 a las 13:17

Se non hai bicefalia, podeme decir cantos membros son agora na acp? 3? 4? e non me molesta que sigan na política, paréceme ben ,eu o mellor voto por vos , e que xa me convenciches co lema «seriedade e traballo» e o de «desde» 1999 quedou perfecto. Respecto o de bos resultados nas urnas, refirese a ir de de primeiro e sair elexido? exito rotundo !chave maiúscula da gobernabilidade pontecesureña!

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2006 a las 13:38

Por suposto, somos máis de «tres ou catro» da lista que presentamos en 2003 e estamos tratando de incorporar xente. Eu non son dos que ando por ahí tirando «faroles». Non temos reunións secretas pero tampouco estamos agora para dar máis detalles. Cada cousa ó seu tempo.
Claro que aspiramos a obter máis dun concelleiro. Imos loitar por iso a pesar de non ter voto de partido. En gañas e traballo seguro que non somos superados. Ah! Calamar, conto to teu voto.

calamar · 29-05-2006 a las 13:54

lembrolle un provervio chino que di que o importante non e traballar moito , senon traballar ben por que cando o traballo esta ben feito avánzase (7 anos, espero que sepa por que o digo). E é lóxico que non queira dar mais detalles,(só as mentes mais agudas sabran o motivo), o que non comprendo é esta nota (in-des)formativa, xa que como vostede di , «non e o momento de dar máis detalles» (non se estará autopublicitando, non?)

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-05-2006 a las 14:23

Home, en sete anos traballamos o que pudemos e as veces con erros. Pensa que no goberno que estaba había bastantes máis concelleiros ca mín.
Hai que ter tamén certa discreción sobre e xuntanza que tivemos o venres. A nova máis importante foi que o grupo preséntase de novo ás eleccións e así se anuncia. Houbo tamén debate sobre outros aspectos e sobre a gobernabilidade actual. Sacamos conclusións internas moi importantes.

calamar · 29-05-2006 a las 14:26

Pois moi bien, e cando as compartirás con todos nos? informa a plebe, como bo valedor!

Fátima · 29-05-2006 a las 15:38

Pero ti non ves que non e momento de que o faga público…
Senón pon sobre aviso á competencia…. Un bo contrincante nunca revela as súas cartas ata o momento clave…

Romano · 30-05-2006 a las 00:07

Este Calamar é sospeitoso. Para estar en augas profundas pretende saber demasiado, salvo que sexa un ex-membro da ACP. Pode ser un nostálxico que quere volver.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-05-2006 a las 15:06

Penso que Romano non debe atacar a Calamar. Está claro que é unha persoa próxima á vida municipal, que non simpatiza coa ACP e que desexa coñecer cousas e de «tirarme da lingua», pero as súas intervencións foron correctas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.