3ª Regata Promoción Galicia (Pontevedra)

Publicado por Club Náutico en

O pasado sábado día 27 celebrouse a 3ª regata de promoción para infantís en Pontevedra. Alí déronse cita un total de 35 clubs de toda a xeografía galega acompañados por unha estupenda tarde calorosa. O club náutico volveu a conseguir uns bos resultados sendo o aspecto mais positivo a incorporación as competicións dos novos fichaxes. Estes foron os resultados acadados:

? Samuel Vázquez: K1 infantil B: 5º posto
? Ismael Llerena: K1 infantil B: 19º posto
? Pablo Riveiro: K1 infantil B: 41º posto
? Alex González: K1 infantil A: 147º posto
? Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 10º posto
? David Lorenzo: K1 infantil A: fora de control
? Adrián Oliveira: K1 infantil A: fora de control
? Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
? Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 4º posto
? Clasificación por clubs: 13º posto

Cabe resaltar a gran actuación de Álvaro Loureiro que logrou de novo a victoria e tamén as de Javier Bernal e Samuel Vázquez que rozan postos de medalla.

As próximas citas do Náutico serán o fin de sema do 10 e 11 de xuño ca disputa do descenso do Miño de ?rense para cadetes, xuvenís e sénior e ca disputa da 3ª regata nacional de promoción en Avilés.

Un saúdo, Javier Bouzas, adestrador do Náutico Pontecesures


Club Náutico

Javier Bouzas-Adestrador do club náutico

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.