Nota enviada polo CPI Pontecesures ós pais/nais sobre o comedor escolar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

p(titulonota). ENQUISA SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

O Concello de Pontecesures e a ANPA do CPI Pontecesures iniciaron os trámites de solicitude dun comedor escolar neste centro.
O claustro de profesores considera positiva a implantación deste servizo por consideralo un ben social.
Para que poidan continuar os trámites é necesario coñecer a demanda real deste servizo polo que pregamos contesten a estas dúas cuestións:

¿Estaría vostede interesado na utilización do servizo do comedor escolar para o seu fillo/a se este fora gratuito?

SI [ ] NON [ ]

¿Estaría vostede interesado na utilización do servizo de comedor escolar para o seu fillo/a se tivera que aboar unha cantidade aproximada de 2 � por día?

SI [ ] NON [ ]

Esta enquisa ten só carácter informativo.

Atentamente.
Pontecesures, 1 de xuño de 2006
A directora
Mª José Suárez Guzmán

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

Tiroliro II · 4-06-2006 a las 17:53

Moi boa a iniciativa do comedor escolar. Facilita á incorporación ó traballo dos pais, sendo positivo para que os nenos coman de todo e aprendan o manexo de culler, garfo e coitelo.
Non vale dicir que Pontecesures é moi pequeno. Pais e nenos teñen que ter os mesmos dereitos que noutros sitios. Non debemos quedar atrás coma sempre.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.