O domingo 25 de xuño excursión da ANPA do CPI Pontecesures ás Illas Cíes

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As 9,00 horas do vindeiro domingo 25 partirán da parte traseira da praza de abastos os tres autocares que transportarán a alumnos do CPI Pontecesures é os seus acompañantes ata a Estación Marítima «A Ría» en Vigo (fronte ó hotel Bahía) onde ás 11,00 horás zarpará o barco da Naviera de Ons S.L. ata o peirao «A Roda» das Illas Cíes. A chegada ás illas está prevista para ás 11,50 horas e despois haberá unha visita guiada ata o faro. O barco de regreso zarpará ás 20,00 horas e está previsto chegar a Pontecesures de volta ás 22,00 horas.
Nesta excursión de remate de curso organizada pola ANPA para os afiliados está prevista a asistencia de 137 persoas entre nenos e acompañantes.
Esperemos que o tempo nos acompañe.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.