4ª Regata de Infantiles y 1ª Alevines (O Grove)

Publicado por Club Náutico en

Esta fin de semá pasada a actividade do Náutico Pontecesures centrouse na disputa da 4ª regata de Galicia de promoción para alevins e infantís no Grove, así como no descenso do río Umia entre as localidades de Portas e Cabanelas.

O sábado celebrouse a competición para alevins e infantís, regata que se disputou entre a ponte da Illa da Toxa discurrindo por todo o paseo marítimo ata as instalacións náuticas municipais.

O Náutico acudiu cun total de 28 palistas das diferentes categorías e modalidades. Estes son as posicións acadadas polos deportistas:

? Kevin Fontenla: K1 Alevin A: 27º posto
? Fabio Raris: K1 Alevin A: 36º posto
? Xesús Bouzón: K1 Alevin A: 43º posto
? Rodrigo Quintáns: K1 Alevin A: 58º posto
? Jorge Riveiro: K1 Alevin B: 3º posto
? Lucas Hermo: K1 Alevin B: 10º posto
? Borja Fandiño: K1 Alevin B: descalificado
? Angel Bouzón: K1 Alevin C: 8º posto
? Iago Llerena: K1 Alevin C: 25º posto
? Borja Lorenzo: K1 Alevin C: 39º posto
? Idoia Lorenzo: K1 Alevin A: 13º posto
? Diana Rey: K1 Alevin A: 28º posto
? Clara Rodríguez: K1 Alevin A: 38º posto
? Samuel Vázquez: K1 infantil B: 8º posto
? Pablo Riveiro: K1 infantil B: 33º posto
? Ismael Llerena: K1 infantil B: 41º posto
? Jesus Ramón Jamardo: K1 infantil B: 60º posto
? Lacy Lilibeth: K1 infantil A: 36º posto
? Eva Limeres: K1 infantil A: 43º posto
? Jennifer Agrasar: K1 infantil A: 51º posto
? Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
? Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 6º posto
? Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 10º posto
? Alex González: K1 infantil A: 60º posto
? Edgar Alfredo: K1 infantil A: 68º posto
? Cayetano Caldelas: K1 infantil A: 72º posto
? Adrián Oliveira: K1 infantil A: 73º posto
? David Lorenzo: K1 infantil A: 75º posto
? Clasificación por clubs: 8º posto

A nivel individual destacar de novo a gran actuación de Álvaro Loureiro que volveu gañar de novo a súa competición levando un camiño imparable para os seus rivais. Tamén o terceiro posto acadado por Jorge Riveiro na súa primeira competición da temporada.

A nivel colectivo resaltar a grande actuación en xeral de todos os palistas, para a gran maioría deles esta era a súa primeira competición, realizando todos un gran papel, conseguindo o 8º posto por clubs de Galicia. NORABOA.

Esta competición foi un paso de xigante para o Náutico, polo número de palistas que participaron , participación de rapazas, resultados conseguidos,… e co paso do tempo esperamos ir conseguindo mellores resultados e novas metas.

Desde aquí quero dar as gracias o CPI Pontecesures así como os profesores da área de educación física pola colaboración que mantiveron co Náutico Pontecesures, desenrolando unha pequena unidade didáctica de piragüismo para os alumnos de 6º de primaria, 1º e 2º da ESO, xa que moitos dos actuais palistas estanse animando a practicar piragüismo a raíz desta iniciativa.


Club Náutico

Javier Bouzas-Adestrador do club náutico

1 comentario

Carmen Barreiro · 26-06-2006 a las 12:26

Moitas felicidades a todos.
Da gusto ver os resultados.
Felicidades Javi, polo traballo que estas a facer con eles.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.