I FESTA DO DEPORTE

Publicado por fru en

Esta pasada fin de semana celebrouse a I Festa do Deporte de Pontecesures, que consistiu en que os rapaces dos 3 clubs, mais todos aqueles que se quixeran sumar ó evento, e alguns houbo, poidesen coñecer de 1ª man as 3 actividades deportivas que mais se practican no pobo: o futbol, o basket e o piragüismo.

Na tarde do venres 30 celebraronse no campo de futbol varios encontros de futbito, en función das edades. Ata 4 partidos se poideron organizar cos mais de 70 rapaces e rapazas e acudiron este día.

Coma se pode ver, tamén as nenas se animaron a xogar…

O sábado pola mañán tocoulle o turno ó baloncesto. O formato foi similar, partidos según edades, pero tamén concursos de tiro e xogos de eliminaciín.

Así pasaron a mañán os aproximadamente 60 nenos/as que acudiron ó pabellón…

E por último tocou a actividade naútica.

Ata 3 tipos de embarcacións distintas estiveron a disposición dos participantes: piragüins, lanchas neumáticas e os «dragóns» (parecidos a traineras).

Organizada polo Concello e contando co apoio dos 3 clus de Pontecesures ahí quedou a IFesta do Deporte, que, esperemos, cada ano vaia a mais, para ben dos nenos e mozos dcesureños, para que se animen no deporte.

Agora sería interesante coñecer a opinión dos mozos e mozas participantes, para ver que se pode mellorar con vistas ó futuro. Así que animádevos e a escribir.


3 comentarios

Tiroliro IIt · 7-07-2006 a las 21:30

Contáronme que a festa do deporte foi mediocre con pouca participación e con pouca organización.
Para gañar votos o alcalde montou unha pulpada innecesaria seguindo os métodos de sempre do PP. Canto criticaba Angueira esas cousas e agora fai o mesmo. ¡Qué pena!

kaka-tua · 8-07-2006 a las 11:50

Eu tamén escoitei o mesmo…co agravante de que o alcalde se rodeou dos «deportistas» para darse autobombo. ¿A santo de que ven esta festa agora, logo de 7 anos no goberno? Pero o peor e que o alcalde lle monta esta festa para promocionarse (non sei se ó deporte ou mais ben creo que ó propio alcalde) e me entero estes dias por xente dos clubs, que resulta que están sin cobrar as subvencións do Concello. Pero non as de 2006, SENON AS DE 2005… ¡Que gran apoio lle están dando ó deporte local! ¡que gran xestor eres, Molulo!…

Tiroliro II · 9-07-2006 a las 18:31

Estos cartos que costou a Festa do Deporte era mellor utilizalos subvencionado ós clubs. A festa non tivo interese con pachangas sen organización. Eso sí logo todos a papar e Angueira a sorrir tomando o pulpo e tentando de coller algún voto dos pais ou dos directivos. E tamen do pulpeiro Potel e da súa familia.
Así é como se gastan os diñeiros públicos sen utilidade algunha. Despois estos do BNG falaban de estómagos agradecidos cando gobernaba o PP.

Responder a Tiroliro IIt Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.