O alcalde négase a que o concello se faga cargo do pago da factura da reportaxe fotográfica sobre a contaminación de FINSA encargado pola ACP.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 19-04-06 houbo pola tarde, como todos lembramos, importantes emisións á atmósfera de FINSA que alarmaron ós veciños (o río Ulla tiñeuse de marrón, o peirao e as rúas Sagasta e Víctor García apareceron cheas de viruta e parecía como se «nevara» copos de madeira en fibra).
Ademáis de avisar ó SEPRONA este concelleiro encargou unha reportaxe fotográfica e así o fotógrafo ANXO ABALO presentouse na rampla do peirao (a do «Sol y Mar») para captar e documentar as tremendas emisións.
As fotos enviáronse ós medios de comunicación e deben permanecer, o noso xuizo, no concello para demostrar diante das administracións públicas o que vimos soportando en Pontecesures dende hai tantos anos.
Por escrito solicitouse ó alcalde que o concello se fixese cargo do custo da reportaxe pero, sorprendentemente, dende o propio concello comunicáronlle ó fotógrafo que á administración municipal non lle interesaban as fotos e que non as ían aboar seguindo as instruccións dadas polo propio alcalde.
Deste xeito a ACP tívose que facer cargo do custo da reportaxe aboando o día 30 de xuño a factura que ascendeu a 57,42 �.
Ante isto, quérese facer constar o seguinte:

1-O alcalde e o BNG de Pontecesures demostra que o medio ambiente en xeral e a contaminación de FINSA en particular nin lle preocupa.
2-E moi decepcionante e incluso mezquino que o concello non pague uns gastos dunhas fotos encargadas para beneficio de todos. Esta e a verdadeira cara do noso alcalde humillando todo tipo de traballos ou xestións que fai este concelleiro.
3-O alcalde gasta con alegría cartos de todos en comidas de «acompañantes» sen identificar, en publicidade e propaganda, en desorbitados subministros de gasoil, etc.., e agora non quere que se gasten 57,42 � que están perfectamente xustificados.
4-Este grupo continuará loitando, aínda que sexa con tódolos atrancos, para que a contaminación de FINSA deixe de producirse.

Pontecesures, 01-07-06
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP


16 comentarios

Biosbardo · 4-07-2006 a las 12:14

Eso pásalle á xente por espavilada! Quen e a ACP para encargar ningunha reportaxe e pretender que se fagan outros cargo das facturas.
O normal e que a pague o que o contrata!
Se o que pretendía e que a pagase o concello que o acordase con anterioridade e por escrito. Agora teríaos ben pillados e non andaría a dicir non me pagan as facturas!
Que as pague a ACP tamén contratou a reportaxe.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-07-2006 a las 13:20

Avisei ó fotografo Anxo Abalo sobre ás 16,45 horas do día 19 de abril de 2006 pois a emisión era realmente escandalosa. Había que captar as imaxes con rapidez para ter probas do sucedido. Foi unha emisión fóra do común e non foi posible acordar nada con anterioridade.
Eu só pretendía que o concello cos cartos de todos asumise o custo porqué é un tema medioambiental de moita importancia para todos.
A pesar da solicitude o alcalde non quixo que se pagara a factura. Non tivemos máis remedio que pagala nós e non pasa nada. Agora ben; criticamos este «detalle» do alcalde para que a poboación coñeza a súa preocupación polos asuntos dos veciños.

Biosbardo · 4-07-2006 a las 13:43

Dacordo que e un detalle feo, pero non arremeta dese modo, o que pasa e que o erro foi seu. Se vostede, coa suficiente autonomía e sen consultar a ninguén, contrata uns servizos, fágase cargo deles. Vostede non está no concello como para que pretenda cargar cartos á súa conta. En todo caso habería que discutir nun pleno, por exemplo, donde todos os veciños tivesen voz e voto, se o concello debe facerse cargo desa factura.
Na miña opinión non. O concello só debe facerse cargo dos gastos que el contrata.
� como se chego eu o concello e lle dou unha factura ó alcalde por colocar un espello na esquina do Sol y Mar (que por certo boa falta fai) porque consideréi que era necesario no pobo. Segundo vostede, como é polo ben de todos e como os cartos son de todos os que pagamos os impostos, o concello tería que facerse cargo da factura.
Esto sería o nunca acabar.
O que si se lle pode reclamar ó Sr. Alcalde e que non contratase el ese servizo, pero non que non se queira facer cargo da factura.
Vostede ten que asumir os seus actos. Se contrata un servizo como particular non pode pretender que o pague un organismo público.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-07-2006 a las 14:11

Penso «Biosbardo» que confundes o meu papel. Eu estou no concello como concelleiro aínda que non formo parte do equipo de goberno. Os que estamos na oposición non temos facultades para encargar traballos (podemos propoñelos pero as decisións correspóndelle ós órganos de xestión).
Pero este foi un caso de emerxencia e non foi posible suxerir algo con anterioridade. Xa tiña asumido que se o alcalde non ordeaba o pago tiñamos que facelo nós.
Aprobar ese pequeno gasto non é competencia do pleno senón do alcalde e teño que dicir que, unha vez máis, pareceume reprobable a súa negativa. Estou seguro que se houbese tomado a iniciativa calqueira asociación ou incluso algún particular, o alcalde daría a orde ó fotógrafo para que a factura se pasase o concello. Pero a Sabariz nin auga.

Biosbardo · 4-07-2006 a las 14:58

Victimismos os xustos que xa lle digo que dudo moito que se eu fose con outra factura ma pagase o señor alcalde. Por moi necesario que fose o tema ou por moito ben que fixese ó concello.
En fin, que el non ten porque pagar pero si que creo que debería haber sido el o que ordease o servizo do Sr.Abalo.
POR CERTO A ver se bota unha manciña para que coloquen un espello na de Santos que os coches que cruzan cara a estación de tren xogan a lotería… a ver se hoxe me levan por diante ou non….

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-07-2006 a las 09:56

Non é cuestión de victimismo. Expusen o da factura porque penso que é un dato de interese no que debo criticar a nula comprensión do alcalde das actuacións dos membros da oposición ainda que sexan interesantes para os veciños.
Penso que o problema de visibilidade no cruce que falas ven ocasionado porqué en moitas ocasións hai algún vehículo estacionado indebidamente na rúa San Lois e chega xusto ata a intersección (diante da propia zapatería). Non se respecta a liña amarela e así, aínda que hai dirección única nas rúas centrais, os coches teñen, as veces, dificultades para incorporarse tanto á rúa �stación como a rúa Sagasta por problemas de visibilidade.

Biosbardo · 5-07-2006 a las 10:44

Pois unha de dúas.
Ou poñen un espello ou que os axentes da policía local traballen algo de vez en cando.
Eu co meu coche coidome de estacionalo donde está permitido e non vexo ben que os demáis poidan facelo donde lles da a gana sen medo a represarias.
Ese cruze é un xogo á ruleta, agora veñen coches…..???? agora non…..????? Que sexa o que Deus queira!
Pero grazas por mirar o asunto

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-07-2006 a las 11:11

Xa lle comentei o problema á Policía Local esperando que se adopten medidas co fin de evitar os riscos.

Tiroliro II · 6-07-2006 a las 21:26

Un xesto vergoñento do alcalde pero eu xa sei que Pontecesures impórtalle un pemento. Sabariz debe deixarse destes choros e lamentos e falar nas rúas cos veciños das cousas que sabe de Angueira da xestión municipal que son moitas e de cairse para atrás según me contan.

Paspallás · 7-07-2006 a las 00:12

Moi correcta a actuación da ACP no tema de FINSA. Mentras Sabariz estaba traballando para obter un documento gráfico da desfeita medioambiental, o alcalde peloteaba co director da FINSA para quitarlle importancia ó tema.
Gustaríame que se amosase algunha foto das que ten a ACP nesta páxina. Grazas polo traballo que estás a facer Sabariz e non te desanimes.

geo · 17-07-2006 a las 14:49

Non entendo como se protexe ou encubre unha empresa que leva tantos anos contaminando o aire e o rio cos seus vertidos, paréceme unha actuación moi deprobabel por parte do BNG que deberia ocuparse máis polo medio ambiente galego, e dígoo eu que son partidario do BNG.
Espero que esta sexa unha mala actuación do noso alcalde e que non se volva repetir.
Deberíase, tamen, emprender accións legais en contra de FINSA de inmediato.
¡¡¡GZ!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-07-2006 a las 15:11

Certamente non se entende esta pasividade. Non voi repetir o que fixo a ACP pero esperaba moito do novo goberno galego e voume desencantando.
Hai que continuar insistindo na Consellería de Medio Ambiente para que fagan medicións exhaustivas polo polvillo e que se aplique a normativa. Cando lle conto a xente de fóra o que ocorre en Pontecesures coa contaminación atmosférica queda coa boca aberta. Insisto: E O PRINCIPAL PROBLEMA QUE TEN PONTECESURES CON DIFERENCIA. De pouco vale facer investimentos e conquerir cousas para a vila se temos dificultades para respirar nas rúas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 17-07-2006 a las 21:00

Hoxe á mediodía o vento virou para suroeste e tiñades que ver como afecta o polvillo da FINSA ás piscinas descubertas do peirao. Polvillo na auga dos vasos e polvillo nas instalacións para uns 90 bañistas (nenos e persoas maiores) que disfrutaban das instalacións.
Presenciei, unha vez máis, como a contaminación desplázase a ras de río dende a fábrica ata a piscina, as rúas Sagasta e Victor García, San Xulián, etc.. (camdo hai norte o polvillo afecta a Porto, Devesa etc..) e quedas decepcionado e indefenso ante o que pasa. Esta impotencia deixame mal e me pregunto porqué os que vivimos en Pontecesures temos que soportar esta verdadeira desgracia. Anímome pensando en que debemos continuar na loita e a mellor herencia que lle podemos deixar ós nosos fillos e que se arranxe este problema.

Flor · 18-07-2006 a las 22:53

Tienes razón Luis Sabariz y le echas valor en el tema de FINSA. Los demás concejales es como si estuviesen temerosos de denunciar lo que todos vemos día a día. Apenas te conozco pero a fuerza de insistir y de trabajar también se ganan las batallas.
Ojalá tengas suerte.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-07-2006 a las 12:58

Moitas grazas «Flor» polo comentario. Que se valore o traballo dun sempre da ánimos para continuar o labor que se está a fecer.

geo · 22-07-2006 a las 13:59

Reconozo Luis que a tua actuacion no tema da finsa foi acertada, espero que se chegas a alcalde non cometalos mesmos erros que o que esta actualmente no concello.
dame igual quen estea no goberno so quero que Pontecesures meyore.

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.