A ACP critica o retraso na apertura da piscina municipal.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A pesar de que estamos xa a 7 de xullo todavía non está aberta a piscina municipal «A Serea» que está situada no peirao de Pontecesures (Avda. Eugenio Escuredo). Son varios os veciños que preguntan as razóns desta demora e numerosos pais/nais de nenos que queren asistir ós cursos de natación que teñen lugar polas mañás non se explican a que se debe este retraso.
Todo isto demostra a apatía e o desinterese do goberno local á hora de dar servizos ós veciños (se houbo problemas coas instalacións ou coa adxudicación do servizo houbo tempo para arranxalos e non esperar a última hora). Xa non é moito o tempo que pode estar aberta a piscina descuberta é, pola incompetencia do alcalde e do grupo de goberno, acurtase sen sentido algún.
Esperemos que a instalación sexa aberta neste fin de semana como desexan os veciños.


4 comentarios

Tiroliro II · 7-07-2006 a las 21:22

Están máis pendentes o alcalde e o responsable local do BNG que é o encargado de obras en tapar o caso do gasoil que en abrir a piscina. Entre as garrafas do combustible e as incalculables de productos de limpeza que serve outro do BNG non hai máis que sospeitas. En Pontecesures o bloque fai política de garrafón

kaka-tua · 8-07-2006 a las 11:46

Moi boa as tuas apreciacións acerca da politica de «transparencia» que segue o noso goberno municipal… espero que sigas contando cousas pois pareces unha persoa coñecedora da REALIDADE do noso pobo. E xa sabemops coma di o refrán: «A realidade supera moitas veces a ficcion»

Tiroliro II · 9-07-2006 a las 18:48

A realidade hoxe do concello é coñecida por moita xente kaka-tua. Na rúa contan de todo sobre o gasoil e ex-empregados da gasolinera comezan a falar de o que pasaba cando repostaban coches de xente do concello. Algún foise cabreado co xefe e agora raja que da gusto. Penso que pronto haberá novas precisas.
Ademáis dígoche que Maribel «a da escola» está calada por que ten que tapar algúns asuntos. Polo visto o compañeiro da súa filla tamén fixo unhas obras para o concello e agora se está a coñecer ó detalle para sorpresa de moitos.
Este dúo dinámico trapalleiro Angueira-Maribel aínda vai actuar moito no futuro

Vaticanista · 9-07-2006 a las 23:01

Pero Maribel; moito ir á misa e tanta vontade para organizar a homenaxe a D. Severino e andas a facer chanchullos favorecendo á parentela. Hai que aplicar aquilo de «A Deus pregando e có mazo dando»

Responder a Tiroliro II Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.