CAMPIONATO GALEGO DE PISTA XUVENIL E CADETE

Publicado por Club Náutico en

Este sábado celebrouse no embalse de Castrelo de Miño o XVII Campionato Galego de pista xuvenil/cadete donde o Náutico acadou uns resultados extraordinarios e sobresaíntes.

Acudiron un total de seis palistas, catro deles cadetes e os dous restantes xuvenís. O Campionato disputouse nas distancias dos 1.000 e 500 metros, así como nas modalidades de K1, K2, K4, C1, C2, e C4.

Estes foron os resultados acadados polos palistas de Pontecesures:

DISTANCIA DOS 1.000 METROS

�Cristián Barreiro: C1 cadete: eliminado en semifinais
�André Oliveira: C1 cadete: CAMPI�N GALEGO
�André Oliveira/Adrián Vicente/Cristián Barreiro/Lorenzo Riveiro: C4 cadete: CAMPI�NS GALEGOS
�Marcos Pesado: C1 xuvenil: 8º posto
�Carlos Castro: C2 xuvenil: 13º posto
�Marcos Pesado/Carlos Castro: C2 xuvenil: 6º posto

DISTANCIA DOS 500 METROS

�Cristián Barreiro: C1 cadete: eliminado en semifinais
�André Oliveira: C1 cadete: SUBCAMPI�N GALEGO
�Lorenzo Riveiro: C1 cadete: 8º posto
�Adrián Vicente: C1 cadete: 11º posto
�Lorenzo Riveiro/Adrián Vicente: C2 cadete: 4º posto
�André Oliveira/Adrián Vicente/Cristián Barreiro/Lorenzo Riveiro: C4 cadete: CAMPI�NS GALEGOS
�Marcos Pesado: C1 xuvenil: 9º posto
�Carlos Castro: C2 xuvenil: 13º posto
�Marcos Pesado/Carlos Castro: C2 xuvenil: 5º posto

En xeral todos os palistas completaron unha grande actuación, o éxito rotundo foi o C4 formado por André, Loren, Cristián e Adrián obtendo o primeiro posto nas dúas distancias proclamándose campións galegos. Pero sen duda o gran triunfador do Campionato foi André Oliveira que contou as súas participacións por sendas medaias, obtendo o titulo de campión galego en tres especialidades (C4 1000 e 500 metros, C1 1000 metros) e un subcampionato galego (C1 500 metros). Tamén destacar o 4º posto conseguido polo C2 cadete de Adrián e Loren, na súa primeira participación xuntos, rozando os postos de medaias.

A próxima participación do Náutico será os vindeiros días 14, 15 e 16 ca disputa do Campionato de España de Pista para xuvenís e cadetes no mesmo escenario. Esperamos contar con toda a sorte posible e intentar repetir éxitos a nivel nacional.

Un saúdo, Javier Bouzas


Club Náutico

Javier Bouzas-Adestrador do club náutico

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.