Consulta: Contas de correo pontecesures.net

Publicado por Antonio Cortés en

A xente de google ven de darnos a posibilidade de xestionar o correo @pontecesures.net con eles, empregando o mesmo sistema que o gmail pero para contas de correo deste dominio.

Desta forma poderemos ter contas do tipo calqueracousa@pontecesures.net cun espacio para correos de ¡2GB! e que poderemos empregar da mesma forma que agora facemos cas contas de hotmail, yahoo e outras gratuitas, pero ca gran diferencia de que estamos empregando o noso dominio (pontecesures.net).

Actualmente a xestión das contas de correo faise por redirección: Os correos enviados a @pontecesures.net reenvianse directamente á conta real do usuario. Esto non se pode facer con gmail, xa que as contas serían reais, co noso propio webmail.

En resumen, a consulta vai para quen xa ten unha conta con actual sistema (redirección) e para calquera interesado en ter unha (no actual ou baseado en gmail):

¿ E mellor a redirección ou é preferible ter esas contas coma reais ?

Categorías: Sin Categoria

4 comentarios

Carmen Barreiro · 12-07-2006 a las 11:11

A min paréceme ben o de ter a conta real de pontecesures.net
Pero como ti prefiras ¡e che de menos traballo!.
Eña saúdos.

Chaves · 12-07-2006 a las 12:07

Unha das cousas que me gusta de gmail é que está moi ben diseñado. Prefiro mil veces ver o meu correo coa interfaz de gmail, e non coa de hotmail (por poñer un exemplo, vaia).

Outra cousa boa de gmail é o de ser un webmail. Eu xa nun uso programas xestores de correo.. para que? Si necesito consultar un email, simplemente abro un navegador e boto un ollo, estea onde estea…

Resumindo: paréceme unha gran idea, xuntar os servicios de gmail co dominio pontecesures.net.

PD: Aínda o outro día chegou o primeiro correo á dirección xarandeira@pontecesures.net (SPAM, claro!). E ahora, facéndome así o despistado, como quen non quere a cousa e tal, ejem, ejem, estooo… qué tal sonaría «chaves@pontecesures.net»? jeje

Saúdos, xente!

Antonio Cortés · 12-07-2006 a las 12:18

ok, por agora vai Gmail 2 – Redireccion 0. Chaves, non haberá ningún problema en creala, ademáis podese facer que a de xarandeira sexa real ou sexa redirixida a outra do mesmo dominio, coma podería ser Chaves.

O Gmail tamen permite ter unha lista de distribución entre os emails do dominio (non externos) que nalgun momento poderíamos ver si é interesante facela.

jviares · 13-07-2006 a las 13:01

Hola:

Si se cambia o sistema a gmail todo podería seguir funcionando igual porque gmail permite o reenvío de todo o correo entrante a outra conta xa existente.

Polo tanto:

O cambio a gmail non traería ningúnha diferencia para quen quixera seguir recibindo os correos na sua conta.
Todos terían a posibilidade de consultar os seus correos via web.

Ventaxas 1, inconvintes 0.

Saludos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.