O escritor Fernández Naval substitúe a Senín Fernández en Cultura

Publicado por Carmen Barreiro en

O narrador e poeta Francisco Fernández Naval substituirá na Subdirección Xeral de Cultura a Xavier Senín Fernández (Pontecesures, 1949), quen estivo neste cargo desde o 2 de outubro de 1987. Senín deixa o cargo cun enorme labor ás súas costas. A súa última acción foi a presidencia e coordinación da comisión para a elaboración da Lei do Libro. Cinco conselleiros Alfredo Conde Cid, despois viñeron Daniel Barata Quintás, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Jesús Pérez Varela e Ánxela Bugallo e sete directores xerais contaron co seu traballo.Considérase un técnico e non un político, «senon non podería botar tantos anos. Para algunha xente serei mellor e para outra peor, hai algúns temas dos que entendo máis, doutros menos, hai cousas que me gustan máis e, o tema do libro sempre me gustou moito, sempre estiven metido nel», asegura.

Estima que até agora fixo un traballo que define como «polo menos, decente», no que se enmarca tamén, por exemplo, a súa colaboración co Festival Internacional de Música de Galicia.

De todo o que fixo aínda que aclara que «eu non decidín nunca facer unha cousa ou outra, porque non era a miña función», séntese orgulloso de dúas cousas especialmente: «O que traballei no campo da literatura infantil e xuvenil na Xunta». Tamén foi até hai tres anos e durante outros tres anos, presidente da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil. Ademáis é dende hai anos columnista de EL CORREO GALLEGO.

Outro motivo de satisfacción é o «do traballo que fixemos cos portugueses, con programas conxuntos desde hai cinco anos, de música, teatro e todo tipo de intercambios», lembra. No ano 1989 coordinou a primera Lei de Bibliotecas que houbo en Galicia. Outra razón para estar orgulloso é o traballo de xestión de todo tipo, xunto co seu equipo e di: «Creo que o que se nos encargaba o fixemos eficientemente».

Con respecto ó seu sucesor, non quixo desvelar o seu nome pois dixo non estar «autorizado», pero opinou del que «é unha moi boa persona, moi amigo meu, moi competente e os funcionarios que traballan comigo saben por min que é unha persoa que sabe moitísimo de administración. ? moito máis tranquilo ca min, máis sosegado, máis ordenado… estou seguro que van estar en boas mans».

No momento de irse do cargo, o seu sentimento é de nostalxia «un pouco polo traballo pero, sobre todo, polos compañeiros, porque hai xente que cando eu cheguei tiña 18 anos e hoxe case dezanove máis. Vou estrañar o contacto diario con eles e, tamén, recoñezo que o traballo me gusta moito. E iso que non quería marchar do meu instituto».

EL CORREO GALLEGO 13/07/06


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.