Cumprimos un ano

Publicado por Antonio Cortés en

Fai un ano que pontecesures.net está na rede, ainda que pasou un mes ata que foi «visible», pouco a pouco foi mudando o deseño, plantexando novas seccións.

A medida que foron aparecendo novas necesidades e puxeronse en práctica algunha das suxerencias que se demandaban, coma o álbum de fotografías, … A día de hoxe xa van 380 entradas e 1.009 comentarios, dende aqui non podo máis que agradecer a todos que esta web sexa o que debe ser, un recurso de información ordeado e xestionado dende o bo facer de tódolos vecinos: os que escriben, os que len, os que critican, os que preguntan, os que respostan, …

A finales de Agosto, para as festas de Porto (non podería ser doutra maneira), estarei polo pobo, estades invitados a un viño, cervexa, refresco,… por seres como sodes. Xa iremos planificando a data e o lugar.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.