Nota da ACP sobre o cerre, e outras actuacións sen licenza, da finca da papelera na rúa Cantillo de San Xulián

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nestes días o promotor Constantino Taibo Tojo esta a realizar na rúa Cantillo de San Xulián a obra de cerre dunha finca de considerables dimensións coñecida como ??A papelera? (foi no seu día un eucaliptal propiedade de Papelera Española e hoxe propiedade do promotor) que é un terreo incluido na zona de protección de costas xa que linda cunha marxe do río Ulla e linda tamén coa vía férrea Coruña-Vigo.
Varios veciños están a protestar no concello polas seguintes razóns:

1-O cerre estase a construir cunha altura moi superior á permitida na licenza. Na zona afectada pola vía férrea o cerre e de troncos de madeira por esixilo así ADIF que non permite cerres de obra, pero elevouse antes a cota da rúa Cantillo con formigón e agora a altura total é moi superior.


2-Precisamente ó alterar a cota da pista vai haber problemas coas augas pluviais e son previsibles asolagamentos cando veñan as choivas.
3-O promotor cerrou a finca no linde coa vía do tren xusto cando remata o talud e o balasto da vía. Queda así dentro da finca unha tubaría de saneamento municipal que vai ó río Ulla e hai que plasmar por escrito acordos co propietario que garanten que se poida entrar na finca e arranxar posibles avarías na conducción..
4-Estánse a construir bases de formigón para instalar cuadras para animais sen ningún tipo de licenza. Estas cuadras preténdense instalar a uns 20 metros de vivendas que terían que soportar malos cheiros continuamente. Isto e gravísimo pois calqueira actividade de estabulación de gando ten que ter licenza tramitada polo Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas.

Por outra banda os veciños están tremendamente molestos por que se cerra unha zona de paso ata o río dende a rúa Cantillo e paralela á vía do ferrocarril moi utilizada dende sempre por bañistas, pescadores e cidadáns en xeral. Posiblemente esta zona utilizada como camiño pertenza á finca particular e o propietario exerza o seu dereito de pechala pero critícase que o alcalde non tomase a iniciativa para conquerir que Constantino Taibo Tojo deixase un paso peonil duns 2 metros de ancho para posibilitar o acceso ó río como era o desexo de todo o vecindario. Un fracaso considerable que nos fai denunciar a completa inoperancia do Sr. Alvarez Angueira na defensa dos intereses dos
veciños.
Por certo, o promotor Taibo Tojo exerce os dereitos sen dubidalo pero cando falamos das obrigas có concello ??esquecese? de todo. Noutra ocasión daremos conta deses graves incumprimentos consentidos a este promotor coa pasividade do alcalde e a concelleira de urbanismo e que están a prexudicar os intereses do concello.
Prégase á alcaldesa en función á alcaldesa en funcións Maribel Castro Barreiro que a obra do cerre en cuestión ( por non axustarse á licenza en canto á altura) e a de construcción das cuadras (por carecer de licenza) sexan paralizadas de inmediato. Asi mesmo que se arranxen os temas das augas pluviais e do saneamento.

Pontecesures, 22 de xullo de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.