Petición – Programa das Festas de Porto

Publicado por Antonio Cortés en

Segundo as estadísticas deste weblog, moita xente está a chegar aquí buscando o programa das festas de Porto, que xa caseque ás temos enriba. Si alguén o ten, o pode ir aportando información sobre o que terán estas festas este ano pode envialas a redaccion @pontecesures.net o engadilo coma un comentario nesta entrada.

 Graciñas 😉

Categorías: Turismo

6 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-08-2006 a las 14:38

Vou dar a información que teño sobre as Festas de Porto:

SÁBADO 19 DE AGOSTO
-As 19,30 horas partido de fútbol no campo Ramón Diéguez entre solteiros e casados. Este ano como gran novidade tamén haberá partido de solteiras contra casadas antes ou despois do encontro dos homes.

-O luns 21, o martes 22 e o xoves 24 de agosto terán lugar no campo de fútbol Ramón Diéguez os partidos do campionato de fútbol para alevíns e infantís.

M?RCORES 23 DE AGOSTO
-As 20,00 horas. Regata de Dragóns no peirao de Pontecesures. Despois dalguns anos vóltase a celebrar esta tradicional regata.

XOVES 24 DE AGOSTO
-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa.
-As 20,30 horas e despois da misa trasladarase a imaxe de San Roque dende a Igrexa Parroquial ata Porto (casa de Vieites)acompañado polo grupo Algueirada da ANPA do CPI Infesta.
-As 21,00 horas actuación do grupo folclórico Algueirada na rúa dos Namorados.
-As 22,00 horas terá lugar na praza dos Valeiros a XVIII edición da GRAN MEXILLONADA.
-Despois da degustación gran verbena coas orquestras COLORES ESPECTÁCULO e S.L. AM?RICA.

VENRES 25 DE AGOSTO
-As 10,00 horas disparo de foguetes e pasarrúas pola Banda Cultural de Arcade patrocinada polo concello de Pontecesures e pola Deputación Provincial de Pontevedra.
-As 12,00 horas sairá da praza dos Valeiros a procesión de San Roque ata a Igrexa Parroquial onde ás 12,30 terá lugar a Misa Solemne cantada polo grupo Barcarola de Pontecesures.
-As 13,30 horas poxa de ramos na praza dos Valeiros.
-As 20,00 horas gran concerto na praza dos Valeiros da Banda Cultural de Arcade.
-As 22,00 horas gran verbena coa actuación das orquestras PANORAMA e GRAN PARADA.

Tódolos actos son organizados pola Asociación Cultural San Roque de Porto.

Pachochiña · 12-08-2006 a las 18:25

Outra vez teremos á Banda de Arcade. Pois moi ben porqué o director e moi animado e enrróllase con toda a xente. E unha xoia.

daniel seijas · 15-08-2006 a las 22:29

tamén estará a charanga apeles o día 24 á noitiña amenizando a mexilonada.Hai que escoitar a un fulano que fala os xoves a radio valga para saber destas cousas.un saudo.

paco · 1-03-2007 a las 10:44

me llamo paco soy de la familia boquete de porto actualmente resido en valencia me gustaria que pusierais mas fotos del monte de porto muy agradecido de antemano un saludo disculpar si no escribo en gallego

fru · 1-03-2007 a las 16:27

Tengo algunas fotos, pero no se cuales te podrían interesar ver, si me aclaras algo más concreto puede que te pueda ayudar. (P. ejemplo: tengo del campo de futbol, o alguna vista).
Saludos.

tita · 15-08-2009 a las 15:33

hola jose..son Marta..vexo que tes fotos de porto..podesme mandar algunha foto das vistas de porto …?
moitisimas gracias un abrazo e saudos para toda a familia..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.