Enquisa: Veciños que viven fora do concello

Publicado por Antonio Cortés en

Dende hoxe estou empadronado en Sevilla. Levo aquí seis anos e medio e, tras mercar unha casa en Sevilla, e ter a miña vida máis ou menos feita aqui, xa era hora de marcar o cambio de domicilio.

Moitos son os cesureños que viven fora de Pontecesures, algúns estarán ainda empadronados en Pontecesures, outros non, e moitas serán as causas polas que non viven en Pontecesures. Ã? por isto que plantexo unha pequena equisa, cunhas simples preguntas, para ver cales estamos nesta situación. Uns vivirán preto (Padrón, Santiago, Vigo…), e outros máis lonxe, e noutros paises. 

As preguntas son as seguintes, e aproveito para poñer a primeira resposta a esta «enquisa». O resto de respostan poden ir coma comentarios.

A) Lugar de Residencia actual e tempo dende que estás nese lugar:

En Sevilla, fai seis anos e medio.

b) ¿ Cómo é que chegastes ahí ?

Por traballo, apareceu unha boa oferta laboral en Sevilla e alá fun.

c) ¿ Pensas voltar a Pontecesures algún día ? ¿ Cando ?

Si, pero ainda non sei cando poderá ser.

d) ¿ Que votas de menos ? 

Moitas cousas, á miña familia, á miña xente, …

e) ¿ Cantas veces vas a Pontecesures ó longo do ano ?

Normalmente tres veces: No nadal, pola Pascua (este ano non fun), e en Agosto, para as Festas de Porto.


14 comentarios

Xanma · 29-08-2006 a las 00:55

ola amig@s!!!!! eu son un cesureño k viviu Na melhor vila de Galiza ata os 7 anos, e algun dia volverei se deus quer…(weno vou de vez en cando ainda a casa de miña nai en Condide)
O sentimento k eu sinto por esta vila e constante e inagotabel…
Eu agora vivo na vila costeira de Porto do Son (Coruña), estou ala…pero cando me din de ¿onde es?, eu digo de Pontecesures, e ¿x k o fago? x un motivo.

AMAR E COMBATER – CANDO 2 SE AMAN O MUNDO CAMBIA-(Neste caso Pontecesures mais eu)

Saudos a todos e todas cesureñas especialmente pra minha curma «Laura» de A Veiga.

Xanma

maria · 13-09-2006 a las 18:10

hola, queria pasar un fin de semana con o meu noivo en pontecesures,pero na vosa paxina web poñedes onde comer pero onde durmir non.esque non tendes hostales ou hoteles para poder durmir os que veñen de paso os pediria que se poideses mandaresme nomes de hoteles ou hostales e numeros para preguntar canto custa pasar duas noites biquiños e espero non molestaron con o meu correo

Carmen Barreiro · 21-09-2006 a las 09:53

Bos días,
se queres visitar Pontecesures podeste hospedar en varios lugares:
No hotel Corona de Galicia, situado na estrada de pontecesures a vilagarcía, moi cerca do centro da vila. A habitación dobre con baño en tempada baixa costa 38 �, e en tempada alta 54�. (986557575)
Tamén podes optar por unha pensión en Valga, moi preto de Pontecesures. A pensión O Cobelo (986556344)donde a noite nunha habitación dobre con lavabo costa 42� en tempada baixa.
Outra opción son as casas ruráis, donde podes escoller entre duas.
A CASA DA TORRE: tamén no municipio de valga, a excasos dous kilómetros de pontecesures (986557480 / 620855703) donde a noite nunha habitación dobre custa 46 �.
A outra casa rural e a CASA DO SIXTO – Situada en Xanza, un pouco mais lexos pero cuestión de 5 minutos en coche. (986559549)Aquí costa a noite nunha habitación dobre con baño 51,4 â?¬, e a habitación dobre con baño común 37 â?¬.
No centro de Pontecesures está Casa Pedreiro, que renta habitacións. Non sei o teléfono pero é moi fácil atopala, non ten pérdida. Pregúntalle a calquera persóa que todo o mundo sabe donde está casa Pedreiro.

manu · 23-10-2006 a las 01:48

Son de Cesures, nacin no Tele Bar, agora vivo en tenerife por traballo, pero algun dia penso voltar.

darima · 25-10-2006 a las 12:33

XANMA!!!!!!!!!!!! eu tamen son de onde ti, agora mesmo non sabras que son pero de pequenos sempre estabamos xuntos, entre outras cousas porque somos veciños!!!!non quero poñer o nome por respeto o teu anonimato pero supoño que me recordaras!eu agora non vivo en Galicia pero tamen me sino cesureña. dalle saudos os teus pais. sabes quen son?

Chaves · 2-12-2006 a las 22:32

Bueno, cando se publicou esta encuesta eu vivía en Cesures, así que non a rellenei (lógicamente). Ahora vivo fora (somos a nova generación de emigrantes, jeje), e tócame rellenala…

A) Lugar de Residencia actual e tempo dende que estás nese lugar:

En «Ciudad Capital», Madrid. Levo un par de meses, nada mais…

b) ¿ Cómo é que chegastes ahí ?

Por traballo, tamén. A cousa dos ordenadores estáche un pouco fea por onde vivimos… jeje

c) ¿ Pensas voltar a Pontecesures algún día ? ¿ Cando ?

Non sei. A verdade é que non son moito de planear as cousas. En principio botarei por aqui un tempo, e logo xa veremos (vistes que resposta máis concreta? jeje). Igual volvo, igual marcho para máis lexos… xa se verá

d) ¿ Que votas de menos ?

Os bares. En serio, aqui en Madrid a cousa está imposible. Eso por non mencionar o pronto que cerran, e o asunto de que hai bares que botan o fin de semana cerrados (por ejemplo, o bar que teño debaixo da casa…). Tamén boto de menos que nos pubs aquí en Madrid non poñan reguetón a dios dar (esto último é mentira. Quede claro que non me gusta o regueton, eh?)

Non sei. bótanse de menos cousas simples, pero bonitas. Unha partida de cartas, unha ronda de cubatas, o fume da Finsa de fondo de paisaxe (jeje), etc, etc…

e) ¿ Cantas veces vas a Pontecesures ó longo do ano ?

Eso está por ver. O primeiro mes fun tódolos fins de semana á casa (tiña os viernes libres, e compensabame volver para pasar tres dias alá). Ahora levo casi un mes si ir… por navidades irei, supoño.

fru · 3-12-2006 a las 10:25

¡ Ese Chaves…! Voltarás á casa por Navidá, a tempo de xogar o partido de fin de ano… e unhas copas as de pagar!!!
Adiantoche unha primicia: onte unironse en matrimonio (civil) CHUS e CHUS… Xa ides quedando menos.
E por certo, creoque as ter visitas para o vindeiro fin de semana. O rumor polo pobo era que eu tamén ia ir ver o Presing Cach (cousa totalmente falsa por certo).
Veña saudos.

lcn · 13-12-2006 a las 14:44

hola¡¡supoño que nesta paxina non valera de moito escribir esto,pero que non se diga que no o intentei¡¡busco a un rapaz chamado raul que e de catoira e ten 26 anos mais ou menos,e altiño(tampouco moito)moreno e traballa…creo,creo que na construccion ou algo semellante.porfavor fago esto nun acto de desesperacion,preciso atopalo e xa non sei como ei facer,asik pidovos k se algun ou alguna o coñece pois k mo diga¡¡¡agredecereivolo eternamente….grazas¡¡

fru · 13-12-2006 a las 16:54

Era interesante que poideras aportar algún dato mais para poder realizar algunha averiguacion, (de que parroquia é, ou un apellido, ou un alcume-mote, etc) pois coñezo xente de Catoira.
saudos e sorte!!!

Xanma · 4-01-2007 a las 23:48

Boas Noites!!!!!, a todos os meus compatriotas é feliz aninovo 2007 a todos!!!!! ( e que vos traean moit8s agasaios os reises)

Xa facia uns meses que non entraba a esta web tan maravillosa e tan chea de seccións. Xa podían ter unha web a metade do que é esta no meu concello, pero xa se sabe como a xente pontevedresa non ahi, que lle vamos a facer.

E Nesta ocasión quero mandar un gran Saúdo a minha gran amiga da infancia darima ou maría (sei quen es…e moloume moit8 que me responderas, notasé que entras de vez en cando por aqui e eso esta moi ben)Amunt Valencia!!!

weno deixovos o meu msn bonjovi1987@msn.com, por se alguén quere saber algo máis do meu concello.
Recomendovós que na primaveira ou no verán vos acheguedes ata o Castro de Baroña (Paraiso natural celta e ceive).

Miguel Crego · 2-02-2007 a las 12:53

Moi boas a todos e saudos. Levava tempo para respostar a esta boa iniciativa da enquisa do meu bo amigo «Toño» pero xa se sabe: un día por outro… Así pois, imos aló.

Vivo na Pobra do Caramiñal dende hai algo mais de 7 anos por motivos de traballo. Levo mais de 12 anos traballando na Pobra e xa estaba farto do «via rápida da morte» e decidinde a instalar cerca do traballo. Non sei se volvarei a Cesures. � algo que nunca me plantexei xa que está bastante preto de onde vivo (apenas medía hora) e vou bastante a miudo, pero nunca se sabe.
Voto de menos imaxino que o que todos: a familia, os bos amigos (esos de sempre de toda a vida, AMIGOS incondicionais que, desgraciadamente, sempre se vai perdendo o contacto.
Como xa dixen antes, vou bastante a miudo a Cesures xa que está preto.

Moitisimas gracias a Cortés por brindarnos a todolos cesureños un lugar de encontro, e saudos a todolos cesureños, especialmente os que están, por un motivo ou outro, fora da nosa pequena gran terriña.

mirojuan · 23-02-2007 a las 11:24

vivo fora de cesures porque cando quixen comprar un piso pedianme un entrada desorbitada non se pode consentir que por culpa de catro expeculadores a xente se teña que marchar fora do sitio donde naceu pedian mais cartos aqui para mercar un piso que en catoira ou vilagarcia o concello debia prestar mais atencion a estos casos para que a xente que é de cesures non teña que emigrar fora.facer pisos asequibles para os xovenes e que os seus concelleiros deixen de cobrar esas cantidades que eu lein nun xornal . gracias pola vosa atencion

Xanma - Porto do Son · 14-05-2008 a las 11:34

Ola, queridos veciños de Pontecesures, xa facia tempo que non pasaba por esta web, que esta sempre ao día tan ben actualizada en todos os seus contidos!!!

vexo k dende a última vez k entrei a agora pidenos unha contrasinal de identificación, weno iso esta bem.

Hoxe a miña intención agora que chega o vrao é que vexades os lugares fermosos que temos na comarca da Barbanza, por iso vos convido a que entredes na miña páxina en youtube pra que coñezades un pouquiño máis este espazo da nosa comunidade.

http://es.youtube.com/user/Xanma1987

X certo ai vós deixo o link dun video do «Mirador do Galiñeiro», que gravei fai un par de meses.

un saúdo pra todos usuarios desta páxina.

bos dias!!

Xanma - Porto do Son · 14-05-2008 a las 11:38

link do video do mirador do Galiñeiro (Pontecesures)

Video en YouTube

Responder a Xanma Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.