Días movidos para a A. C. Xarandeira

Publicado por Chaves en

A Asociación Cultural Xarandeira ven de pasar uns días ben intensos. Comezando os días 5 e 6 de agosto cunha actuación en Astorga. O día 13 participaron nun fabuloso Festival Internacional de Folclore en Santa Marta de Portuzelo (Portugal), volvendo para poderen actuar en Caldas de Reis ó día seguinte.


Podedes ver a continuación un par de imaxes destas datas:

Astorga
Tomando un aperitivo en Astorga

cartel Portuzelo
Cartel do fantástico festival en Portugal

cartel 2
Grupos participantes no Festival

E, por último, unha fotografía sacada dende un teléfono móvil cos integrantes do grupo «Bhangra Folk Group». Según dixeron, xente boa onde os haxa, chegados dende a India cunhas ganas de festa tremendas….

Bhangra folk group

PD: Escribo isto a petición dalgúns dos membros de Xarandeira, que querían compartir con todo o mundo o ben que o pasaran estes días. Saúdos a todos da súa parte!

Categorías: Cultura

2 comentarios

maria · 19-08-2006 a las 01:25

temos unha agenda mais apretada que a dun famoso polo menos!!!se seguimos con esta racha,que seguro que si,esto vai ser a ostia!con todas estas actuacions que temos!en astorga genial,eh?eu non puden tar pero tou segura que ainda nos quedan moitisimos!!!bueno moitos bicasos pa tos e animo que se segimos asi aqui ai xarandeira pa moitisimo tempo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

marta · 25-08-2006 a las 22:24

a verdade e que foi un veran demasiado movido e ainda nos queda a guadalupe o carballiño e outras mais…xa vou vella para andar asi!!!jeje.todo hai que decilo a miyor actuacion do ano doi en santa marta de porzuelo,menuda marcha tiñan os indios,un bico para os nosos amigos de portugal e moitas grazas por convidarnos a ese entrañable festival!!!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.