Carta aberta ao señor Sabariz

Publicado por Carmen Barreiro en

HAI UNS días lin nos xornais que o señor Sabariz se queixa da mala xestión que dos incendios se fixo desde o Concello de Pontecesures. Quéixase de que a falta de medios propiciou que o lume chegase preto das casas. Efectivamente, en Pontecesures por desgraza, como en tantos concellos de Galiza, o lume chegou a poñer en perigo persoas e vivendas. Segundo a tese do señor Sabriz, supoño que os alcaldes do concellos de toda Galiza son, ou mellor dito somos, uns incompetentes. Claro que chegado a este punto non está de máis recordar que o responsábel máximo durante os últimos sete anos en Obras e Servizos do Concello foi o mesmo señor Sabariz que se queixa da mala xestión que fixemos.

Aliñado nas teses máis reaccionarias dos seus amigos do PP (que até hai ben pouco o insultaban e acusaban nos plenos) ao señor Sabariz válelle todo con tal de conquerir unha reseña na prensa, esa é a súa miseria. Quero entender que todos os despropósitos e faladurías baratas que sementa polos bares e tabernas do pobo non son máis ca froito do nerviosismo propio do ano electoral que vivimos.

Só dicirlle unha cousa, en política non todo vale. Vostede está dividindo ao pobo coa única intención de danarme. Utiliza para iso o que sexa necesario: hoxe os incendios, onte o gasoil, a Anpa, os comentarios malintencionados, etcétera. Está vostede (quero pensar que sen sabelo) dando unha imaxe nefasta de Pontecesures que non se corresponde en absoluto coa realidade, e impendido que se poñan en marcha proxectos vitais para o futuro do noso pobo. Molesta a veciños e medios de comunicación a horas intempestivas para dicir calquera cousa co único obxectivo de desgastar a este goberno (que até hai ben pouco era tamén o seu).

Non acostumo a contestalo nos xornais (creo que non paga a pena) pero nesta ocasión fágoo porque os lumes son o suficientemente serios para que lle diga algo. Por certo, mentras eu estaba no medio do lume ¿onde estaba vostede? Nada máis, pero permítame dicirlle que, falando de incendios, creo sinceiramente que vostede non é máis ca fume.

LA VOZ DE GALICIA 23/08/06


8 comentarios

Paspallás · 24-08-2006 a las 00:01

Ea, ea, ea, Angueira se cabrea…
Dame a impresión de que a presenza contínua de Sabariz nos bares máis concurridos transtorna a Angueira. O outro día na cafetería da gasolinera de Redondo escoitei dicir que hai facturas sospeitosas
no taller onde se reparan os coches do concello… A ver se Sabariz non ten paranoia e anda á caza doutros chanchullos do alcalde do BNG

Tiroliro II · 24-08-2006 a las 17:22

O esperado, Angueira para dicir que foi un heroe dos lumes na prensa escribe o que sexa. Pois mira que si ve chegar a Sabariz cunha funda amarela e unha xesta na man para facer teatro nos lumes que diria…..¡HAI VEN O TOLO PROTAGONISTA!.
E curioso que Angueira comente chamadas telefónicas de Sabariz a horas intempestivas. Me dixeron que cando gobernaba é certo que chamaba a veciños en horarios de noite, festivos, etc. Pero tamén me dixeron que o alcalde ten unha facturación moi alta no seu móvil que pagamos todos, uns 600 ? ó mes. Non sei se Sabariz tiña móvil do concello pero agora non lle deixan chamar dende alí nin de coña . O alcalde vixía isto con forza para aburrilo.
Conclusión; cando o alcalde está de viaxe, de vacacións ou chama por asuntos particulares (asuntos do partido, citas, etc..)¿Sabedes quén paga o teléfono? Pois todos nos, os parvos de sempre

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-08-2006 a las 10:25

Non «Tiroliro II», eu nunca tiven móvil do concello. Chamaba dende a Casa do Concello a distintas horas (a empresas, administracións, veciños, etc..) por asuntos relacionados coa xestión municipal. Por suposto moitas veces vinme na obriga de utilizar o meu móvil particular para asuntos municipais cando non estaba na sede do concello.
E certo que agora non se me permite o uso do teléfono (péchanse despachos con télefono, retirouse algún doutros e díronse instruccións ós traballadores para que non se me permite chamar nunca). Tampouco podo utilizar a fotocopiadora de abaixo (a de arriba a foi inutilizada por orde do alcalde) nin o fax e teño vixianza nese sentido.

ROMANO · 25-08-2006 a las 20:40

Carta para abrir polo Sr Alcalde:
1º- Sr Alcalde, non solo se queixa o Sr Sabariz da mala xestión que está a facer o seu goberno, somos moitísimos os veciños que pensamos que a súa xestión e pésima, nefasta….
2º- En Pontecesures por desgracia o lume puxo en perigo a vida de algunhas persoas, recórdolle que os principales e máximos responsables e culpables deste risco foron os dirixentes do BNG coa consellería do Sr Canal ao fronte. Non fixeron nada para previr nin por apagar o lume, tiveron que ser os propios veciños os que de xeito rudimentario se enfrentasen as lapas. Había que ver o equipamento dos bombeiros achegados de fora.
Vostedes non teñen vergoña…
3º- Según teño entendido o Sr Sabariz propiciou que vostede se fixera coa alcaldía fai 7 anos, agora como descubreu as chanchulladas que vostede está a facer, decideu afastarse, vostede non quere recoñecer os motivos polos que o abandonou Sabariz e di que se aliñou coas teses reaccionarias. Non recorda cando vostede loitaba por unha nación sen exército, sen policía, sen guardia civil…
4º- As faladurías nós bares do pobo non ten que alimentalas o Sr Sabariz, en calqueira bar do pobo podense escoitar comentarios sobre as súas desavenencias amorosas con certas mulleres que logo contenta procurándolles algunha prevenda no concello. Non comento o que din os seus amigos doutras relacións súas no pasado. Aplíquese o de «na política non vale todo», si lle quere «pagar» a estas mulleres non o faga co diñeiro de todos.
5º- Vostede non contesta nos xornais nin noutros lados. O que ten que facer e ir os plenos e dar a cara. Eu vou a todos e estou esperando que nos conte que pasou co gasoil, comidas…. ¡E o que quedará por vir!.
6º- Non será que padece vostede, tan dado a buscarlle enfermidades raras a outros (paranoia-Sabariz), o Síndrome de Estocolmo no que a persoa secuestrada ou maltratada cóllelle cariño ó agresor. ¿Acaso síntese vostede inferior ao Sr Sabariz?
Por último recórdolle que o mellor para este pobo e que se vaia, retírese da política, xa nós arranxaremos o noso futuro, leve aos seus compinches que tanto correu a darlles traballo no concello. Non engane a nadie máis, nunca máis; total non o vamos a votar……

Bécquer II · 26-08-2006 a las 19:19

Romano tira con bala
parece un tío enterado
veo a Angueira destrozado
su palabra ya no cala.

Esa guardia del carajo
es sabedora de todo
y se meten en el lodo
para defender su trabajo.

Paspallás · 27-08-2006 a las 23:08

Comentárome que na festa de Porto a garda pretoriana tiña rodeado a Juan Daniel «?ai» para que non cante o moito que sabe da vida e obra de Angueira.

pontencesures · 12-06-2007 a las 22:51

a sacapieles querelle quitar a alcaldia a angueira, e este pretende quitarlle a roupa as cesureñas??? este pobo vai de mal e peor.

HOXE · 13-06-2007 a las 11:10

Pontencesures, hay comentarios geniales, hay comentarios profundos, hay comentarios irónicos, hay comentarios con sátira, hay comentarios graciosos, hay comentarios bienintencionados, hay comentarios malintencionados, hay comentarios destructivos, hay comentarios constructivos. Pero el tuyo, pontencesures, no encaja en esta clasificación. Solo tiene un nombre: IMPRESENTABLE E INDIGNO (no debí ni de hacer esta entrada tan siquiera, no debí ni darte credito…)

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.