O mércores 30 de agosto pleno ordinario

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O 30 de agosto ás 21,00 celébrase o pleno ordinario na casa do concello que será presidido pola alcaldesa en funcións Mª Isabel Castro Barreiro e que só leva na orde do día as actas anteriores, os informes da presidencia e os rogos e preguntas.
Este concellleiro da ACP critica a ausencia do alcalde por segundo pleno ordinario consecutivo, facendo coincidir o disfrute de dous períodos vacacionais precisamente cos días de pleno para non comparecer e non contestar as numerosas preguntas da oposición que ten pendentes.
Tamén se destaca que xa levamos dous plenos ordinarios de mero carácter informativo sen adoptarse acordo algún, criticándose, en consecuencia, a paralise, na xestión municipal do grupo de goberno.
Tamén se lamenta que a alcaldesa en funcións non incluira na orde do día a moción da ACP referente á necesidade de contar cun tractor para a prevención e extinción de incendios forestais.
De tódolos xeitos, faise un chamamento aos veciños para que asistan á sesión onde se van a realizar unha serie de preguntas relativas o funcionamento do concello.


50 comentarios

Martin T. · 29-08-2006 a las 22:12

Este vai estar en todos os plenos de vacacións??Pois menudas vacacións se pega, xa que de aquí ata as próximas eleccións non vai a haber poucos plenos!!Non sei que quererá conseguir con isto!porque ainda que vaia aos plenos, non vai a contestar as preguntas!leva sen facelo…(buh! a saber canto tempo!)e non creo que agora se decida a contestalas!

Tiroliro II · 30-08-2006 a las 16:33

Quedan xa poucos plenos para ás eleccións. Angueira escapará por onde sexa para non estar. Vacacións, enfermidades, viaxes, etc… O tempo…

Paspallás · 31-08-2006 a las 01:16

Angueira é «o bombeiro-toureiro». O de bombeiro xa está nos xornais. Además tourea ós veciños non asistindo ós plenos.

-- · 31-08-2006 a las 20:28

SABARIZ, que paso ayer en el pleno, diste mucha caña?
Vamos Sabariz que ya queda poco. A POR ELLOS…
Y lo siento por tu cuñada, eso no se hace con nadie del pueblo. Aunque Angueira es muy rencoroso y se esta vengando de ti! No lo consientas y caña!

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-09-2006 a las 10:18

Realmente a imaxe do grupo de goberno no pleno do 30 foi patética. O alcalde temeroso non quixo vir, O concelleiro de Medio Ambiente tampouco apareceu (disculpouno coa sesión avanzada Margarita García Castro), Ana Portas non falou e a propia Margarita
nas poucas intervencións que tivo sempre falou con actitude negativa e a remolque do que se debatía.
A sesión non foi preparada polo goberno municipal cunha falla total de coordinación e unha alcaldesa en funcións desinformada e con intervencións e actuacións nas propias votacións que provocaban o sorriso constante do público.
E realmente dificil de entender que se inclúa pola alcaldesa o punto de Informes da Presidencia na orde do día e chegado a él dicir que non informaba de nada e que se absteña a presidencia na moción de condena do alcalde titular.
O colmo xa foi que despois da vaga de incendios sofrida do municipio ninguén do goberno informase de nada.

kaka-tua · 3-09-2006 a las 20:53

Dixeronme que a oposición ??mallou?durante mais de hora e media nas 3 únicas persoas do equipop de goberno, (pois hai 2 desaparecidos), Cada unha pasou o ??mal trago? do pleno coma pudo:
Ana Portas, increíble o desta rapaza, non abriu a boca (igual que nos 3 ultimos anos). Margarita apenas, e cando o fixo con monosílabos de de mala gana, coma se estívese por riba do populacho e corporación alí reunido, e que debia ter moito calor, pois movía o abanico ¿Será a próxima marquesa do pobo?. E Maribel (alcaldesa por fin) que votou en contra do goberno do que forma parte… e estaba toda cabreada. Eso que o amigo Souto non pareceu interesado en atacala.
Seica o publico o pasou moio ben. Unhas 15 perosas, pero foi curioso, ninguén da ??garda pretoriana? esta vez entre o público. As 2 do BNG mais solas que Robinson Crusoe. Para eso lle valedes ó BNG, para ??chupar os paos?… Tiñavos por algo mais intelixentes. En fin…
Sabariz (ti q eres o único que contesta). ¿? certo este resumo que me fixeron?

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2006 a las 10:08

Reitero que ós veciños que asistiron ó pleno do 30 de agosto levaron unha impresíón realmente lamentable do papel realizado polo equipo de goberno. Por iso é moi importante que asista xente ás sesións (ogallá houbera cen persoas sempre). O alcalde non quere que haxa xente nos plenos e hai persoas que desexarían ir pero que incriblemente aínda teñen como medo a facelo (algún veciño me ten dito que o alcalde chamouno e lle dixo que porqué ía á sesión).
Efectivamente, Ana Portas non falou, a cara de enfado de Margarita era todo un poema, e a alcaldesa en funcións estivo totalmente superada polos debates provocando as contínuas risas do público.
E certo, «kaka-tua». Angel Souto apenas fixo preguntas a Maribel pero isto non é novo. Nunca lle vin o concelleiro popular poñer en apretos á 1ª tenente de alcalde.
¿Qué vou dicir do Sr. Alvarez Angueira?. Pois que nos tema o pelo e que aínda de vacacións asisteu a varios actos (visita do delegado de Medio Rural, reunión en Pontevedra sobre os incendios, remonte do río Ulla, etc..) pero non tivo á valentía de ir ó pleno. Non conta coa oposición para nada nin quere debater. Logo dirá, coma sempre, que estamos en contra de todo. Se pode levar a cabo obras ou proxectos que non precisan acordos plenarios él decide pola súa conta. Agora ben; cando precisa os apoios trata de botarnos a xente encima para presionar e que levantemos a man dándolle carta branca. Esta técnica xa a coñecen cada vez mais veciños que consideran, como eu, que o alcalde non ten capacidade nin para o diálogo nin para levar adiante a xestión municipal.

Paspallás · 5-09-2006 a las 23:27

O domingo na «Casa Vella» de Campaña estaban a falar do pleno de Cesures e escarallábanse a rir coa actuación de Maribel e de Margarita no pleno.
Parece ser que Maribel andaba a xogar nas votacións e poñia a man preto da cara dubidando o sentido do voto. Sabariz dáballe caña, Oscar Gerpe ríase co que facía e Cordo dáballe xabón porqué levase moi ben coa familia «Sacapieles».
Margarita no seu papel defendendo ó seu príncipe, o bombeiro-toureiro, e desexando que rematara o suplicio para ir a darlle as novas ó seu «conducator» como dí Tiroliro II.
Tamén comentaron na barra que Ana Portas non estaba xa que había unha foto de corpo enteiro no seu asento.
Tamén comentaron que apareceu polo pleno o doutor Alfonso Diz e que tomou un viño con Sabariz, Jamardo «o Muiñeiro» e Oscar Gerpe ó remate. ¿Qué estarían tramando estes persoeiros no Bar Galicia?

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-09-2006 a las 09:16

Vexo que ata temos espías «Paspallás». Efectivamente tomamos algo no Bar Galicia as persoas que dices ó rematar o pleno do 30 de agosto . Foi a conversa normal sobre o sucedido nun pleno por parte de tres concelleiros e un ex-concelleiro que tamén sigueu a sesión dende o público. Impresións, prognósticos de futuro, etc..

Tiroliro II · 6-09-2006 a las 18:10

Segundo as miñas informacións, Maribel díxolle o alcalde que NUNCA MAIS vai dirixir un pleno e que Angueira ten que vir sempre pois ela non chupa a bronca.

cotillas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! · 6-09-2006 a las 22:52

sabariz!!!!!!!!non ye tes porque dar explicacions a ninguen!!!!!!se foches a tomar algo,pois foches e punto.a eles non ye importa,se queren saber algo q vaian a outro lao!!!!!!!antes de ser politico eres persoa e tes dereito a ir a onde queiras,con quen sexa e a ora que che dea a gana sen dar explicacions a ninguen!!!!a culpa e tua por dar explicacions!!!!

kaka-tua · 7-09-2006 a las 21:21

Pode ser Tiroliro, pero o noso superbombeiro toreiro, chegado o caso, liará a esta muller, que me parece que preparacion para o posto ten moi pouca (non creo nin que teña o bachiller), e ambición polo poder un monton, e Maribel acabará ceguada por ser alcaldesa de novo (inda q temporal), e alí estará. Decian dela «que era a Dama de ferro» (Margaret Tacher), pero eu mais ben a vexo coma a mala de Falcon Crest… Angela Chanin, pero sen o suficiente «glamour» para estar ahí. ?s do Bloque non foi capaz de metelos en cintura, e acaba sendo ela a que «baila» a música que poñen outros…
Polo que me contan e averiguei, a «garda pretoriana» ten «manga ancha» e o que di esta muller por un oido lles entra e por outro… e se rien dela ás espaldas todo o que queren. Unha chamada ó superbombeiro e as órdenes quedan anuladas. Logo, as suas frustracion as aturan os cristos.

kaka-tua · 10-09-2006 a las 14:20

JA JA JA , SABARIZ! Pártome de risa… Resulta que últimamente os do BNG teñen clara cal é a estratexia: deixarche por tolo e decirlle á xente que estas mais só no teu grupo a ACP esa! E xa non se cortan un pelo, explícome; tanto o alcalde coma a sua ??garda pretoriana? cando se refiren a ti, o fan polo nome de MOLONDRO… eso foi o que significou para eles casi 7 anos de matrimonio (inda que fose de comeniencia)?. Así me enterei por alguen do BNG que estaba moi alegre… E que as festas de Porto diron para moito.
Teño que volver a decircho: Hai un refran que di ??ademais de burro, apaleado?. Perdiches o apoio de parte do teu grupo (ACP) en ??aras dun pacto de gobernabilidade?, cando eles che decian que ias ter os problemas que logo tiveches cos socios de goberno. Pero ti, cegado por gobernar, picaches. E quedaches sin grupo (parte) e sen goberno. E ademais a quen favoreces tratate así agora…
Notei crecidos ós do BNG pois sintense que, con este tipo de política ??populista? pretenden acadar a maioria absoluta. Accions coma as de ??bombeiro toureiro apagalumes? son as que creen, lle van a servir para os seus fins… e sabarix, non entras non seus plan. Querente ver fora do Concello. O Sabarix errante (coma o holandes) castigado a vagar eternamente polos camiños e corredoiras.
Ahhh, tamen me enterei por esa persoa que o alcalde non se cortaba en decirlles ós seus que ??como ia contratar a unha cuñada de Sabariz pois cando fora o pleno de principios de ano para retirarlle o soldo a él é a Maribel estaba alí esa rapaza aplaudindo con fervor en primeira liña no salón de plenos? ¿e certo que a tua cuñada estaba alí?
E logo o noso alcalde tene por un home democrático! Molulo, molulo en que te tranformaches? ¿Quen te cambiou así?
O dito… escacho pola risa por esta traxicomedia na que se transformou o noso Concello!!!
Tan só unha dúbida: chegado o caso e visto o visto, Sabariz ¿volverías a firmar o pacto de gobernabilidade?

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-09-2006 a las 17:01

Non introduces «kaka-tua» novidade algunha ó dicir que o BNG de Pontecesures quere trasladar ó pobo a imaxe de que estou tolo e só. Cada vez fágolle menos caso a iso e adícome a traballar con humildade. As veces pásase mal, e certo, pero hai que ir para adiante confiando en que a xente valore o que estou a facer.
Efectivamente tanto o meu cuñado Nando Pérez Castaño como a súa dona Angie estaban o 11 de febreiro no pleno onde se retiraron as exclusivas. Quedei moi agradecido coa súa presenza e se aplaudiron as miñas intervencións sería porque lle gostaron. Non penses que levaba un grupo de palmeros para que me apoiasen na sesión. O certo que o salón estaba ateigado de público e aínda que non esté moi ben que o diga eu, unha grande maioría ovacionou con forza as miñas verbas. Non lle din moita importancia a isto pero, obviamente, prefiro os aplausos que os asubíos. Seguro que outros marcharon mais preocupados da sesión.
Cando en outubro de 2004 asinei o pacto có BNG e con IP estaba convencido que era o mellor para o pobo e sairon adiante moitas cousas pendientes, (funcionamento da gardería, ampliación do cemiterio, novas canastras e novo teito no pavillón, ancheamentos varios en pistas de Porto, San Xulián, Condide. etc.. arranxo de parques, acondicionamento da Cruz de Infesta e outras actuacións mais). Pero chegado a un punto o goberno municipal comezou a facer o que tantas veces expusen (favoritismos, amiguismos, irregularidades apartándome das xestións, etc..) e agora perdín totalmente a confianza no alcalde que temos. As apostas en política son así e non me arrepinto de nada. Home, se soubera o que sei hoxe non asinaría aquel pacto. Hai que recoñecelo.

Paspallás · 10-09-2006 a las 23:12

Souben na de Gómez que Sabariz tamen é pretendido polo Partido Galeguista que quere facer lista en Cesures.
Na mesma conversa temen se falou que o BNG vai ter problemas para facer a lista. Agás os concelleiros e os da garda pretoriana ningún mais da lista de 2003 foi convocado as reunións. E eran moitos, que por suposto poden pasar de Angueira e dos seus chanchullos cantidubi.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-09-2006 a las 10:28

Pareces ben informado «Paspallás». E certo que me chamaron algúns dirixentes do Partido Galegista da zona de O Grove para que a nosa lista se integre en dito partido. Reitero que eu teño un compromiso coa ACP e non falamos para nada deste tema.
Xa expliquei «kaka-tua», o que pasou cando se fixo o pacto en 2004 para ter unha maioría no concello. E certo que a pesar de ter as mellores intencións, costoume perder xente da lista. Varias personas próximas o goberno local tratan de dicir que me quedo só coma un afastado e que ninguén quere ir conmigo. E mais, teño a seguridade de que, criticándome inxustamente, tratan de que algún compañeiro que vou a levar en 2007 me abandone. Pinchan en oso. Xa comunicaremos as novidades.
Sobre as risas de membros do BNG sobre mín nas noites das festas de Porto só teño que dicir que estanme a converter no referente da oposición e que penso aquelo que se decía sobre as noites festeiras, «Noches alegres, mañanas tristes»

Pili · 11-09-2006 a las 18:56

Non e normal que o alcalde escape dos plenos. Para mín era un bo tío pero vexo ke falla.
Estou enganchada a web aínda ke non sei de política. Moitos colegas a miran sempre e mo comentan.
Esta ben o de Sabaris x ke contesta sempre a todo. Non debe facer caso os partidos x ke non cumplen e son trapalleiros. E independente e dí o que lle parese. Veña pa diante a dar caña…

Aturuxo · 12-09-2006 a las 20:11

Faime gracia o señor Sabariz cando dí:»se soubera o que sei hoxe,non asinaría aquel pacto».
1. Faime gracia porque vostede non tuvo o menor reparo á hora de firmar ese pacto obviando a decisión da maioría (literalmente, recorde o escrito á prensa do seu grupo)de integrantes de ACP, que se posicionaron en contra.

2.Faime gracia porque fartouse de dicir que a sñra. Maribel era unha persoa tan válida como calquera para formar un grupo de goberno. Agora parece que non pensa o mesmo.

3.Faime gracia porque acusaba ó alcalde (co que non estou de acordo en moitas cousas)de aferrarse ó sillón, cando vostede foi o primeiro en dicir que firmaba o que fora antes de sair pola porta de atrás.

4.Non sei, señor Sabariz, se saiu ou non pola porta de atrás; pero o que sí sei e que á hora de votar o ano que ven, vostede non vai ser o meu candidato. Cando un se dedica á vida política, hai que ter un pouco de «savoir affaire», algo do que vostede adolece.

Paspallás · 12-09-2006 a las 23:27

Este Aturuxo dame a sensación de que estivo nalgunha lista nas pasadas eleccións e agora cambia de «partichela». O ataque a Sabariz pode ter lóxica pero hai que centrarse en desenmascarar a presunta corruptela do alcalde e a súa garda pretoriana.
Aturux@ parece que estás resentid@ con alguén que non ten nada que ver cos escándalos que houbo e cos que virán.

Aturuxo · 13-09-2006 a las 00:38

Equivocaste, Paspallás. Non estiven en lista algunha e tampouco teño pensado cambiar de «partichela» porque teño as ideas bastante claras, non coma outros.

No tempo que o señor Sabariz cogobernou co BNG tivo boas actuacións; iso é indiscutible. O que motivou o meu comentario (que non considero ataque coma ti dis), é o feito de que a postura que este home adoptou unha vez abandonou o concello non me parece a máis correcta.

Non é normal que ós dous días de estar fora acometera un ataque e derribo contra os que ata ben pouco foran os seus socios de goberno.Digoche unha cousa, ó alcalde gustalle o poder pero o señor Sabariz non queda atrás.Esa política de baratillo que anda a facer polo pobo vaille servir de ben pouco; sobre todo nas aldeas nas que a xente está farta do seu afan de protagonismo. Mesmo parece que ten o don da ubicuidade.
Unha cousa é criticar as actuacións dun goberno pero outra moi distinta, falocho porque o sei, e chegar ó extremo de levantar calumnias sobre unha persoa allea á vida política por querer desgastar a un alcalde.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2006 a las 09:38

E curioso, pero a primeira intervención de «Aturuxo» coincide nos comentarios con frases pronunciadas nas xuntanzas que mantivemos en outubro de 2004 os membros da ACP antes de pactar a formación dunha maioría de goberno. Así dame a impresión de que «Aturuxo» é algunha das persoas que asistiron ás xuntanzas (ou persoa próxima ás mesmas). Esta ben dar a coñecer os debates, pero tería máis valor facelo dando a cara con nome e apelidos e non refuxiarse nun seudónimo.
Sobre o fondo teño que dicir que xa expliquei dabondo as razóns do pacto, o que se consigueu e que tomei a decisión de retirar as exclusivas porqué ademais de que non se me permitía traballar no goberno, aparecereron irregularidades, favoritismos, amiguismos, ocultamento de información, peche de despachos, etc..
Efectivamente dixen naquelas xuntanzas que Maribel coma concelleira tiña, naturalmente, todo o dereito para formar parte dun goberno. De feito agora segue a formar parte do mesmo porqué ela estará de acordo e porqué ó alcalde e o BNG pareceralle oportuno que sexa así. Ala eles.
O que non estou de acordo e de que eu non quería saír do goberno de ningunha maneira. No pacto de 2004 fun xeneroso e renunciei a cargos e competencias a cambio de nada para conquerir unha maioría de goberno e beneficiar ós cidadáns. Sabedes que iso motivou que houbera críticas contra mín que tiven que asumir.
Sen aferrarme ó cargo saín en 2006 do goberno coa cabeza alta explicando con claridade no pleno, nas rúas e nos medios de comunicación as miñas razóns. Houbo bastante xente que valorou positivamente a miña decisión e agora estou traballando na oposición coa mesma entrega e ilusión con que o facía no goberno. Por suposto, eu traballo e visito a moita xente e na miña vida levantei calumnias a ninguén. Aguantei e estou aguantando de todo (que percibín cartos cando houbo o pacto, o tema da casa da miña familia, a enfermidade mental, varios anónimos absurdos, etc..)pero teño a concienza moi tranquila.
Lamento «Aturuxo» que non me otorgues o teu voto. Con erros e con acertos trato de que Pontecesures mellore deixando horas no empeño. Non dubido que elixirás, entre as outras listas, a que mellor defenda os intereses deste pobo.
Aínda que non o creas aprecioche de verdade.
Unha forte aperta.

kaka-tua · 13-09-2006 a las 10:58

MECCCCC!!! Non, Paspallas non é o camiño. Mira, nesta páxina de Pontecesures parece que ten cabida todo o que pasa no pobo, pero o mais comentado con diferencia é a política e os nosos políticos así coma os seus actos.
Establecer unha orde de prioridades forma parte de cada quen. Por eso decir que hai que usar a páxina para desenmascarar as presuntas corruptelas do alcalde e garda pretoriana (Dios, parece que algunhas cousas que escribin van calando entre os lectores) ESTA MOI BEN, pero non olvidemos que este sr. (Sabariz) foi ??complice? ou ??sostén? do noso Molulo no poder. Que agora se desmarcara do goberno non significa que estea exhimido da sua responsabilidade anterior como cogobernante. Por eso debemos aceptar as críticas. O fin é cabo non hai insultos nin descalificacións na mensaxe anterior, tan só unha exposición de feitos pasados do omnipresente Sabariz e a ACP.
E si Aturuxo, estou COMPLETAMENTE DACORDO CONTIGO sobre o do noso veciño Sabariz… (cada palo que aguante su vela).Eu teño comentado o mesmo algunha vez e parece que non lle sente ben que se traian recordos dos feitos pasados ó citado sr. Sabariz…
¿Qué mais da que Aturuxo fose nunha lista antes (en calquera)? TEN MEMORIA E SENTIDO CRÍTICO, ALGO POLO QUE EU LEVO LOITANDO DENDE O MEU ANONIMATO PARA QUE OS LECTORES DA PÁXINA SEPAN O QUE HAI…
Eu teño dito que fun votante convencido do BNG e agora non creo no Alcalde, E DENDE LOGO 6 VOTOS (e pode que algún mais) OS TEN PERDIDOS,por moito bombeiro toureiro que se crea. E mellor desengañarse a tempo que vivir toda a vida cos ollos pechados, decindo que chove cando en realidade mexan por nós.

E por último Paspallas, este comentario non é nada persoal, pois non sei nin quen eres ti, nin quen é Aturuxo, nen teño interese nin intención de averigualo. Tan só é a miña modesta opinión. Pero vexo eiqui 2 persoas que se molestan por opinar de política e para vos vai o meu respeto…

Aturuxo · 13-09-2006 a las 11:30

Volvo a repetir por última vez que non pertencín a lista algunha ainda que, coma todo o mundo, teño as miñas simpatías.
Sabariz, eu falo con moita xente mor do traballo e, ademáis, iste é un pobo pequeno no que todos nos coñecemos. Claro que coñeco a xente na ACP do mesmo xeito que coñezo xente do BNG, PP e PSOE; así que estate tranquilo que non tes ningun topo.
Durante o cogoberno co BNG, xa dixen que tiveches boas actuacións, iso é indiscutible.Eu só me refería a que non me parece normal a tua actitude posterior.
Esta ben que critiques, e máis, é a tua obligación como membro da oposición; pero deberías facer unha crítica constructiva non dedicarte a laretear polos bares do pobo.
¿Cómo non se van a saber as cousas se os que vos dedicades a política sodes os primeiros en botar a lingua a pacer en calquera lado (festas, bares, enterros…)?
Non teño nada persoal contigo, Sabariz,pero como persoa política que ti es, tes que soportar tantos as loubanzas como as críticas; e isto último parece que non che gusta ren.
Gracias kaka-tua, eu tampouco che conozo pero gostame o teu estilo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2006 a las 12:28

Por suposto «kaka-tua», claro que acepto todo tipo de crítica e asumo as miñas responsabilidades. Defendín sempre ó alcalde cando estiven no goberno. Vale o de «sostén». Có de «còmplice» non estou de acordo porqué parece que afirmas que se cometeron delictos coa miña colaboración e iso e totalmente falso. Repito que teño a concienza moi tranquila e nada vergoñento que recoñecer.
Tes que comprender que, aínda que eu falo do pasado sempre que queiras, non podo estar sempre co asunto do pacto de 2004. O que se fixo xa pasou e o electorado valorará o sucedido. A ACP ten que tirar para adiante e xa temos xente que se ofrece para formar parte da lista.
Reitero «Aturuxo» o que dixen na contestación ó teu anterior comentario en canto a autoría do texto unha vez analizada a forma e o fondo do mesmo. Pero iso non ten importancia algunha.
Mira, se eu cando estaba no goberno facía boas xestións e non comentaba nada polos bares, cando deixei de formar parte do mesmo non sofrín a transformación que comentas. Fálame non do que te contan, senón do que che dixen a tí. A min góstame falar, debater, explicar e comentar asuntos de interese para os veciños en todas partes. Os topos preocúpanme pouco pois sobre a política municipal non debe haber segredos. Claro que fago crítica constructiva pero ninguén me vai a privar do meu dereito de dar a coñecer a mala xestión que está a facer o alcalde e o seu equipo de goberno. Aparecer nos actos, preocuparse dos problemas sobre o terreo e falar coa xente para tí e protagonismo. Pois para mín non, e, certamente, ao goberno municipal non lle gosta que o faga. Será por algo.
A ámbolos dúas («Aturuxo» e «kaka-tua») e a tódolos que consultan esta páxina pídolles que expoñan as súas críticas. Son un bó encaixador e na política o fundamental e dar explicacións e informar ós cidadáns.

Pili · 13-09-2006 a las 17:08

Estoume empapando de detalles da política k e unha pasada. Pero o Sabaris e masoka e canto mais o atakan esta na sua salsa
Creo o que dí e teñenlle medo os do bloque que din que esta pallá. Si traballara e deixara de meterse cos outros iría mellor o molulo.

Aturuxo · 13-09-2006 a las 20:04

Bueno logo.

¿Sabe Grissom, o de CSI, a túa faceta investigadora «…autoría do texto…analizada a foma e fondo…»?

¡Qué costume de pensar que todo o que non vai polo teu rego é algo persoal!

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-09-2006 a las 22:57

Non te enfades por exteriorizar as miñas impresións «Aturuxo» sobre a orixe do comentario de crítica ao famoso pacto. Iso é o de menos.
Nin por asomo penso que tes algo persoal contra mín. Respecto as túas opinións incluso cando me chamas «lareta» e nada menos que «calumniador». Agora ben; se concretas mais sobre esos temas que afirmas que trato nas festas, enterros e bares e me relatas de que van esas calumnias poderei rebater as túas acusacións. De non facelo, síntome indefenso pois se non é doado defenderse das acusacións dun anónimo e imposible facelo se non te detallan os feitos. Se te chaman unha cousa ten que ser por algo concreto ou por unha sucesión de feitos.

Aturuxo · 14-09-2006 a las 00:45

Non me enfado, home, e non te sintas indefenso que defendeste moi ben;ademáis, sobra xente nesta páxina que o faga (á túa defensa, refírome).

Tres cousas. A primeira, non considero lareta como un insulto porque laretas somos todos. Agora ben, se lareteo eu (que non son ninguen, politicamente falando)morre o conto pero, se é un persoeiro da vida pública o conto (ou o «non conto») espállase polo infinito e máis, aínda que sexa unha mixiricada. Se lle molestou o termo, disculpeme.

Segundo, vai a modo. O de «calumniador»; claro, realmente non me expresei con propiedade, mea culpa. Non quixen dicir calumnias; sabes a qué me refería? pois o asunto da selección do persoal de limpeza do concello. Seica tuveches un pequeno rifi rafe coa seleccionada (isto foi de dominio público, non te fagas o sorprendido)Tí me diras que pasou ahí.

Terceiro, como este intercambio de opinións desviase un pouco da entrada,xa nos veremos noutras que non han de faltar, sobre todo de eiquí en diante (polo das eleccións,vamos). Non pense que escapo, habemos de seguir a intercambiar opinións.

Se nalgún momento consideras que che falteí o respeto, non foi a miña intención,acepta ás miñas disculpas; temos pontos de vista antagónicos no eido da política pero bueno, non creo que chegue o sangue ó río (xa sobra co lixo que nel desemboca, como pra que chegue o sangue).
Ata a próxima entrada interesante.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-09-2006 a las 09:25

Sobre as xeneralidades que comentas puco mais teño que dicir e sobre o feito concreto de que falas (primeiro falas de calumnia e agora de «rifi rafe», menuda diferenza) da selección de persoal de limpeza do concello matizo que:
1-Critiquei a selección dunha traballadora en novembro de 2005 porqué a seleccionada inscribeuse na oficina de emprego en data posterior a acordar o grupo de goberno facer a oferta pública, dándose a corcunstancia que a traballadora tiña vinculación coa familia do Sr. Alcalde.
2-Nos medios de comunicación e no propio pleno do concello xa foron expostas estas críticas que motivaron que eu non quixera participar na selección (aínda formaba parte do mesmo).
3-Incluso critiquei a prórroga do contrato en marzo (o contrato era por tres meses e se prorrogou ata un ano)lembrando a selección orixinaria aparecendo isto tamén nos medios de comunicación.
4-E completamente falso que eu tivera un «rifi rafe» coa traballadora en cuestión contra a que non teño absolutamente nada. Nunca mantiven unha conversa con ela, nin antes nin despois da contratación.
Estou encantado de intercambiar as opinións que queiras no futuro «Aturuxo».

Vaticanista · 14-09-2006 a las 19:24

Aturuxo e Sabariz vexo que fostedes compañeiros moito tempo. Dádevos fraternalmente a paz.

Moscón · 14-09-2006 a las 20:25

Volvendo ó tema do pleno. Díxome un do PP, non sei senón sería Rajo hoy polo xeito que tiña de falar, que Angel Souto e Maribel teñen unha especie de pacto de non agresión. A nai de Angel e outros familiares están no coro da igrexa de Maribel e hai «feeling» entre as familias. Opinaba que Maribel decía hai tempo a todo o mundo que Souto xa merecía ser o candidato do PP.

Paspallás · 14-09-2006 a las 23:35

Pero Sabariz cala un pouco que na páxina non se fala mais que de tí. Vai ter razón Aturuxo pois pareces un lareta. Tiranche da língua e ti falas e falas sen parar.
Aínda falta moito para as eleccións e xa andas embalado. Vai a modo ou vaste esnafrar.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-09-2006 a las 10:12

Non me tiran da lingua «Paspallás». Esta páxina é un medio de comunicación no que informo das miñas actacións coma concelleiro no apartado de «Entradas». Lóxicamente tamén interveño no apartado de «Comentarios» para opinar sobre temas ou para contestar as alusíóns ou ataques que teño. Ogallá todolos membros da corporación, e tódolos letores interveñan coas súas entradas ou comentarios.

kaka-tua · 21-09-2006 a las 18:50

Sabariz, non te te pases de ??frenada?… nin queiras facer ?parvos? ós que leen esto…
Mira, si che digo ??complice? entre comillas, non é para decir que fixesen algo delictivo ou ilegal. Cando digo que fuches ??cómplice? me refiro a todo o que pasou dende 1999 contigo cogobernando. Concretando: aquí falamos da famosa garda pretoriana. Ben, contesta ó seguinte: ¿qué membros da garda pretoriana entraron a traballar no concello, E CANDO o fixeron (antes ou despois de 2004? ¿QUEN ERA O TENENTEALCALDE NAQUEL MOMENTO? ¿QU? DENUNCIOU DITO CONCELLAL DO TEMA NO SEU DIA? (xa que agora fala de amiguismos, favoritismos enchufismos e demais… ¿ou era que DAQUELA VALÍAN AS PRACTICAS QUE HOXE SE DENUNCIAN?
E para que non se enfade o administrador, relaciono este comentario ca entrada. No pleno do día 30 de agosto fuches ??latigo?da oposición. Ti mesmo o recoñeces… Pero cando che digo q tes responsabilidade en evitar que seguiran no goberno estes, se tanto desmadre hai, saesme decindo que só tes 1 concelleiro de 11 (verdade). Pero acaso non é certo que eres 1 de 3 grupos que estades na oposición (ou sexa que en tema de numeros a tua responsabilidade é ó 33%, o outro 66% pro PP e SOE! Vamos, que sodes 3 GRUPOS POLÍTICOS OS QUE ESTADES EN CONTRA, que de números sei algo, leñe… (Irritame a tua forma de querer escaquearte).
Inda lembro cando che falei algunhas destas cousas á cara… sempre te acabas mosqueando e escapas. Ata unha das veces te fuches todo cabreado da Plazuela deixándome ca palabra na boca. E polo que sei non só mo fixeches a min…
Así que, a dar clases de demócrata a outros lados (p.ex. as reunións de ACP). Empeza por ahí machiño, que o curso é longo e os ??exámenes? difíciles…
E xa sabs, se non che gusta que che canten as 40, haber ??predicado? co exemplo antes…

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-09-2006 a las 20:10

Deduzco que consideras a «garda pretoriana» está composta por Xurxo Gerpe e por Fran Freiría.
Pois ben; Xurxo Gerpe foi contratado a pouco de entrar nós en 1999 como integrante dun grupo de traballadores subvencionado polos plans de formación de emprego da Xunta de Galicia logo de envialo a oficina de emprego de Vilagarcía e tras a entrevista orrespondente. Rematado este contrato subvencionado fixoselle un novo contrato a Xurxo (e creo que a algún outro traballador) para continuar coas tarefas de peón porqué se precisaba persoal para obras e servizos e considerouse que fixera un bó labor nos traballos encomendados, valorando a súa experiencia. Naturalmente que asumo esa decisión. Despois é certo que o alcalde coma xefe de persoal e algún tempo despois decretou que pasase a ser oficial cos correspondentes efectos retributivos e de organización do traballo pero eu non participei nesa resolución do alcalde nin se me consultou este asunto.
Distinto foi o caso de Fran Freiria. Cando Fruky pasou de ser informador xuvenil a ser técnico de emprego (foise para Santiago o anterior técnico) quedou libre o posto de informador xuvenil e convocouse mediante anuncios públicos unha convocatoria á que se presentaron Fran e unhas cinco persoas máis (Noelia Liñares Limeres, Eva Castro e incluso a miña dona entre os aspirantes). Obviamente por razóns de parentesco non participei no tribunal de selección que puxo unha proba tipo «test» de preguntas sobre normativa e funcións dos informadores xuvenís. O mellor foi Fran e aínda que eu non comprobei para nada os exames escoitei que acertara 24 de 25 preguntas (isto non o podo corroborar pois oino na rúa). Despois foi prorrogado o contrato por varios períodos.
Eu son claro, non teño nada que ocultar e non me escaqueo nunca. Sempre me atacades co mesmo (a miña casa e o pacto da ACP de 2004) e xa espliquei dabondo ámabalas dúas cousas.
Un saúdo «kaka-tua»

kaka-tua · 21-09-2006 a las 21:41

GRACIAS… amiguismo enchufismo dende o 2004? Vexo que NON, asi que, inda que che moleste sigo opinando que de abandonos polo ben do poba NADA DE NADA. Abandono porque nun momento dado creeches que tiñas mais que perder estando dentro que saindote fora e querendo «enmerdar» todo…
Atacarche? Non, PO?ER A MI?A OPINION, pois segues sen convencerme do contrario. ¿Tan so esas 2 cousas (casa e ACP? TAMPOUCO… tempo teremos para falar de mais «hazanas politicas» das tuas…
ESCAQUEARTE?… SI , cando escoitas algo que non che interesa oir… se hasta te mosqueas e dis cousas das que logo te arrepintes!!!
Calma… e sigoche ofrecendo a caixa de tila… cando queiras enviocha, pois vexo que falta moito e non sei se aguantaraas… (e non me invites a paseos pola tua casa nen a viños, inda que o pagases e non cho regalasen… NON ME INTERESA…

Paspallás · 22-09-2006 a las 00:17

Kaka-túa moito falas, pero hai tempo na Casa Vella comentaban que a túa muller fora contratada polo concello. Se os meus cálculos non fallan daquela Sabariz formaba parte do goberno

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-09-2006 a las 09:25

Coa mellor intención e coa máxima claridade posibel «kaka-tua» respóstoche ás preguntas que me fiseches, pero agora continuas «erre que erre» a falar da ruptura do grupo de goberno en febreiro. Xa espliquei as razóns nos plenos, nos diarios e nesta páxina que motivaron a miña perda de confianza no alcalde e no actual grupo de goberno. Non podemos aburrir aos letores repetindo as mesmas cousas. Lamento que rexeites o meu convite pero ala tí.
Non me parece ben «Paspallás», que fagas elucubracións sobre «kaka-tua» falando de contratacións de persoal. Non lle vexo sentido a introducir ese tipo de comentarios.

kaka-tua · 22-09-2006 a las 16:45

JA JA JA!!! Non é que esteas errado nos teus cálculos… ? que (me creas ou non), vas moi desencaminado, a miña parella NUNCA traballou no Concello, nin tan sequera en Pontecesures… e só vexo 2 explicacións ó dito na Casa Vella:
– Dixeronche que «a muller de X traballou no Concello»… moi ben, pero EU NON SON ese X, así que deixa de mirar (mal ou ben) para quen crees que son… pois estás equivocándote de persoa.
– Dixeronche que «a muller de kaka-tua traballou no concello»… pois aquel día o consumo de alcohol e/ou sustacias psicotrópicas debía de ser abundante en Casa Vella, polo que non fags caso ó que che digan.
Non, repitocho, a miña muller non tivo ningún vínculo laboral co concello, é mais, creo que só entrou nese edificio 2 ou 3 veces na súa vida.

Agora ben… vouche pedir a tua opinión, coma a de quen queira escribir, para ver si me formo a miña, pois non sei que pensar. E imos falar dalgo relacionado co Sr. Sabariz:
Xa nos ten relatado aquí este ??llanero solitario? que hai uns anos traballou para o concello durante uns meses unha cuñada súa… CON TODO O DEREITO DO MUNDO…..
Pero a min xurdeme unha dúbida: HABERÍA INFORMACION PRIVILEXIADA?
Me explico: seguro que a contratación desa Sra. Foi legal, un proceso sen sen nada que ocultar, etc. ¿Pero habería información privilegiada uns meses/semanas antes? Algo así coma ??cuñada, ti que vives en padrón, cambia a tua tarxeta do INEM para a oficina de Vilagarcia (pois ó vivir en padrón perteneces ó INEM de Santiago) xa que imos sacar este posto laboral de conserxe, creo que era!
¿Ti que opinas, debo ser mal pensado, ou penso mal e acertarei?
(tranquis, que enseguida nolo aclara o afamado ??llanero solitario? Sabariz)

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-09-2006 a las 12:53

Menudo interrogatorio estás a facer «kaka-tua» a este «Llanero solitario» (góstame este apodo aínda que non teño pensado levar nunca revólveres).
Non sexas mal pensado home. A miña cuñada Clotilde María Pérez Castaño en 2000 cando deixou de traballar na tenda de «Zabala» na que era autónoma, inscribeuse na oficina de emprego de Vilagarcía en varias profesións, entre elas a de ordenanza. Nunca estivo inscrita noutra oficina de emprego e parece ser que a idea para anotarse como ordenanza doulla unha amiga que lle informou que así podería acceder a entrar nas listas para contratacións da Xunta nesta profesión. Para mín, e para ela, foi unha sorpresa que fose enviada para esa contratación do concello dentro dos programas de cooperación subvencionados pola Xunta.
Eu non falei para nada con ela nin antes nin cando se fixo a oferta e non tiña información algunha da súa situación na oficina de emprego. Xa contei como foi a selección e aclaro que foi un contrato de nove meses, a tempo parcial e percibía unhas 50.000 ptas líquidas.
Paréceme ruín atacar así a miña cuñada que dende aquela non volveu a atopar traballo algún. Sei que os meus ex-compañeiros de goberno utilizaron e utilizan isto para desacreditarme e isto e do máis inxusto que poden facer.
Aclaróche «kaka-tua», eu non fun ao goberno a colocar a familiares. Teño varias cuñadas no paro e teño a miña muller anotada na oficina de Vilagarcía dende hai moitos anos. Estaban no paro cando fun elixido concelleiro e desgraciadamente tamén están no paro no día de hoxe.

Pepero · 23-09-2006 a las 19:28

Soy un votante del PP de siempre pero reconozco que este Sabariz es un tío legal. Yo le tenía manía por apoyar al bloque. Tendrá sus cosas y errores pero esto de contestar con tanta claridad a preguntas anónimas no lo hace nadie. No hay político que lo haga y todos escapan siempre cuando hay que dar explicaciones. Que comparación con el alcalde que ni va a los plenos ni contesta a nada.
Bien Sabariz, eres digno.

kaka-tua · 23-09-2006 a las 21:44

Pois coma non teño probas do contrario, e tampouco manexo información nese sentido vou dar por BOAS as tusa palabras, e quero pensar que eso foi así…
Pero repito. NON TERGIVERSES NIN CONFUNDAS os nosos lectores (pois imos a ser ??cariñosos? con eles e agradecerlles a sua ??infinita paciencia? por leer as conversas-debates). NON ATACO Á TUA CU?ADA, PERO TI PIDES TRANSPARENCIA ? QUE FAI O EQUIPO DE GOBERNO AGORA, ¿E FALAR ESTE TEMA PARA TI ? ALGO ??RUIN?? Vamos, que o de predicar co exemplo, nada de nada.
Repito o dito antes: dixen que seguramente a contratación fora LEGAL… ¿E ruin pedir explicacións? ¿Molesta que chas pidan? ¿E a cantidade de persoas que se houbesen anotado no IMEN para ese posto de habe sabido que o concello ia contratar ó conserxe? ¿Acaso eso non é de ruins?¿Acaso os vecinos/as non temos dereitos?…

(Estimado lector/lectora: o que mais molesta é ese tipo de políticos que se queren ??colgar medallas?, pero que ademais de ??peito para lucilas?, teñen ??espalda?? e eso é o que ensinan cando queren ??escurrir o bulto? para salir sen dano…

E con esto non digo que Molulito ou Maribel sean uns ??santos?: NOOOOOOOOOONNNNN… pero cando menos son ??cobardes? e non veñen a querer usar este medio para ??manipular? ó pobo, coma fai este señor.
En fin apreciado lector/a, se aguantou hasta eique sepa que a miña humilde e modesta opinión, (que pode coincidor ou non ca súa) e que quen está no poder o usa de xeito ??discriminado? e ??oscurantista? e nada cambiou dende 1999 ata agora, FOI EN TEMPOS EN QUE SABARIZ ERA ??COGOBERNANTE-C?MPLICE? DO GOBERNO, E O SEGUE SENDO CON ?L FORO DO MESMO…
Pero vostede lector/a perdeu a oportunidade de traballar (se lle interesase) porque nadie daquel equipo de goberno se preocupou en informalo/a ¿ou si? Preocupáronse de subir o catastro a todo s os vecinos, pero non de que todos os vecinos poidesen optar ós empregos públicos…
¿liberdade?, ¿transparencia?………… LASTIMA E PENA sinto por ver o que temos por riba nosa…

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-09-2006 a las 00:55

Todo aclarado «kaka-tua». Falas agora en termos xerais xa moi repetidos e podemos durmir aos letores.
Nin no goberno, nin na oposición practiquei o obscurantismo, nin a manipulación nin a discriminación. Demostreino sempre.
Por certo, ¿Sabes quén mellor coñece que non utilicei estas prácticas?. Pois o alcalde e os meus ex-compañeiros de goberno.

Paspallás · 24-09-2006 a las 16:44

¡Hui…..kaka-tua! Titubeas co da túa muller pero eu non creo que a parella dun especialista como tí na vida municipal, entre dúas veces no concello aínda que non sexa de Pontecesures. Paspallás non se chupa o dedo.
Segues coas cuñadas de Sabariz que continúan no paro segundo afirma. ¿Por qué ocultas que a muller de Angueira traballa nunha xestoría que ten moitas axudas públicas e informes favorables do Concello para que llas den, e a súa irmá pequena que tamén traballaba nesa xestoría agora entrou na famosa Vicepresidencia de Quintana?
Outra irmá tamén traballa na Xunta.
En fin os ataques de kaka-tua parecen jos de un ex-militante do BNG.

kaka-tua · 24-09-2006 a las 19:44

SABARIX NON, NON, NON… non podemos acabar esta conversa Sabariz decindome que ??agora falo e termos xerais…?, pois o que quero facer chegar a quen lea esto é que OBSCURANTISMO E TRATO DISCRIMINATORIO POR PARTE DE QUEN GOBERNA DENDE 1999 (POLO MENOS) ? ALGO QUE SE DOU EN NUMEROSAS CONTRATACI?NS DO NOSO CONCELLO…
E ó exemplo me remito, no caso da contratación da ordenanza hai uns anos,(o igual que nestas contratacións últimas do verán) ¿QU? INFORMACI?N PREVIA SE LLE DOU ? CIDADÁN PARA QUE POIDESE OPTAR A PARTICIPAR NA SELECCION DE PERSOAL?
¡ Que o Concello NON ? UNHA EMPRESA PRIVADA! (inda que o tomáchedes como tal)…

kaka-tua · 24-09-2006 a las 19:46

Estimado Paspallás:…. TITUBEO ¿en que? ¿Que non crees que a miña parellas so entrara 2 ou 3 veces no concello (puderon ser 4 ou 5)? Pois me da igual… ¿qué relacion ten que eu fale de política local co nº de veces que visitou o concello a miña parella?. NUNCA TRABALLOU ALÍ E NON SON QUEN TI CRES (E QUERES) QUE SON.

E DUAS PUNTUALIZACIONS A 2 ??METEDURAS DE PATA? QUE COMETICHES :

1º)NON TE?O NADA QUE OCULTARLLE ? ALCALDE E SOBRE ONDE TRABALLA A SUA FAMILIA. E mais, notase que ou eres moi novato no foro, ou queres decir que son ??partidista?, por elo te invito a que leas opinions miñas:
Mira o posto por min o 22 de xuño:
http://www.pontecesures.net/2006/06/21/nota-del-concejal-de-acp-luis-angel-sabariz-rolan-sobre-el-pleno-del-combustible/#comments

Ou o 28 de xullo:
http://www.pontecesures.net/2006/07/25/paralizan-o-peche-dunha-finca-por-exceder-a-altura-legal-e-impedir-o-acceso-o-rio-ulla/#comments

E mira a ??carta aberta?que lle puxen a Molulo. Se prestas atención á parte final daraste conta que eu non son ??pesebrero? de ninguén: http://www.pontecesures.net/2006/06/01/angueira-da-otro-bandazo-politico-y-pide-el-apoyo-de-sabariz-al-presupuesto/#comments

2º) DE EXMILITANTE NADA… NON PARTICIPEI ECTIVAMENTE EN POLÍTICA, pero teño recoñecido aquí que na casa os 6 votos foran para Molulo, pero que NUNCA MAIS irán para él, pq me parece tan dictador coma o foi Piñeiro Ares no seu dia… E son un anónimo cidadán que lle gusta falar de política si, pero que á vez acude aquí a denunciar o seguinte:
-O mal goberno do BNG e Molulo que me defraudou coma persoa (a quen coñezo dende hai 25 anos da época do náutico, xa o teño dito) e coma político.
– O oportunismo de Sabariz. Está ben que veña aquí e escriba, e está ben que busque votos, pero que queira facelo a costa de ??medias verdades? (pois él agora parece que non quere ter responsabilidades sobre o periodo de goberno dende 1999 ata principios de 2006) NON ME VALE.
– O PP local: Se a súa reforma pasa por Randulfe ou Manolucho, ¿Eso é renovación?
– Maribel… (Sen palabras). Patético que esa sra. sexa quen estea cogobernando os cartos de todos/as.
– A inoperancia do SOE que leva aletargado 20 anos de democracia (Oscar foi un ??bluff?, E DE Daniel non falemos…) e así lle vai a ese partido nas municipais…

Todo esto como resultado da profunda DECEPCION persoal tras o tripartito de 1999 (parecian preparados, xente que parecia disposta a traballar polo pobo, que parecian democráticos, etc).

Non sei se che quedou o suficientemente claro que eu non me debo nin me ??caso? a ninguén. Sen embargo TE?O UNHA D?BIDA SOBRE TI E O TEU REPENTINO INTERESE NA MI?A MODESTA PERSOA… ¿Non serás ou estarás ó servizo dalgún grupo político para querer identificarme? Pois vas mal encamiñado e mira o que me preocupo: 0 (cero)
ja ja ja 😉

Paspallás · 25-09-2006 a las 00:02

Dígolle a kaka-tua que non estou censado en Pontecesures, pero se tivera que votar aquí fariao por Sabariz aínda que non me guste. Polo menos é o político máis legal, máis enteiro e ó único que da a cara nos acertos e nos erros.
Ten unha forma de facer política en cuestións de honradez que debería ser un exemplo a seguir polo resto dos concelleiros, sobre todo polo alcalde. Non me importaría ir nunha lista co teu llanero solitario pero non estou censado por motivos profesionais.
Con todo, kaka-tua pecas dun nacionalismo extremo e iso delátate.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-09-2006 a las 08:46

Estás nun erro «kaka-tua». Dende que existen hai uns dez anos os programas de fomento de emprego da Xunta de Galicia os concellos fan as súas peticións aproximadamente no primeiro trimestre do ano. En xuño ou xullo se conceden as subvencións e hai un mes para contratar aos traballadores. A normativa esixe presentar unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía e alí mandan un mínimo de dúas personas por praza (se valora a antigüidade no desempleo, o cumprimento das condicións que se piden na oferta, etc..) para que logo elixa o concello por entrevista, valoración de méritos, exame, etc..
Hai no concello unha información constante durante todo o ano sobre estos temas de busca de emprego e para asesorar aos desempregados sobre as profesións máis demandadas e inscribirse na Oficina de Vilagarcía. Esta información corresponde o técnico de emprego que incluso ten datos de varios demandantes de emprego de Pontecesures por se algunha empresa da zona lle pide información para contratacións de persoal ou se o propio concello precisa contratar xente que non teña nada que ver co fomento do emprego de que estou a falar. Neste último caso xa formulei criticas contra o propio alcalde pois se fixo algunha contratación sen contar para nada coa relación de demandantes que ten o técnico de emprego.

kaka-tua · 26-09-2006 a las 20:09

PASPALLAS E SABARIZ (para ir acabando):
– Paspallás…sorte a tua, que dis ter as ideas claras na política local (e lastima para Sabariz, que non ten un apoio para a lista, e un ou varios votos menos). Nalgo me ganas, polo menos ti te sintes identificado con algunha das opcions políticas locais e sabes a quen queres…
E non te preocupes, non me tes que decir quen eres nen porque estas ou non empadroado, non me gusta xogar ó ??quen é quen?. Pero o de ??nacionalista extremo que me delata?… que BO. Inda nos estamos a reir agora na casa ca túa definición.
Ou queres dicir que son un RADIKAL??? (asi con K coma o escriben os xóvenes). Poidera ser…tempo atrás me chamaron aquí mesmo ??fascista? e ??ex membro resentido de ACP? e agora ??nacionalista extremo? ¿non serias ti con outro apodo, non?)…
Vivir para ver…Non, se acabarei sendo Bin Laden…. ou George Bush
Sinxelamente son un cesureño que se ??sinte estafado? polos políticos que temos… por todos. E que pon a sua opinión sobre o aconteceder de Pontecesures nesta web. ¿Tan difícil é de entender?

– Sabariz: Non me aclaras nnada a min. Os vecinos non teñen dereito a recibir información dos postos a cubrir, sen ter que ir polo Concello ¿Non hai bandos para eso, nen notas de prensa…? ESA ? A TUA TRANSPARENCIA…!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-09-2006 a las 08:18

Penso que quedou claro o da contratación de persoal polos programas de cooperación para o fomento do emprego da Xunta. Eu sempre mostrei unha clara transparencia neste tema e nunca tiven problemas con ninguén.
Podes corroborar o que dixen «kaka-tua» preguntándolle o tècnico de emprego que temos no concello que é precisamente Fruky e que tamén intervén nesta páxina.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.