La ACP critica que o goberno municipal non convidase á oposición ós actos de potenciación da Ruta Xacobea Mar de Arousa-Ulla

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As 13.35 horas do día 2 de setembro atracou nunha rampla do peirao, co alcalde de Pontecesures na proa, a embarcación na que fixeron a viaxe dende Vilagarcía de Arousa o Director Xeral de Turismo, o Xerente da S.A. do Xacobeo, o Presidente da propia ruta maritimo-fluvial, representantes de varios concellos e outros acompañantes. Apreciei a presenza dos alcaldes de Teo, Rianxo, Boiro, o concelleiro de cultura de Vilagarcía, etc. Tamén viña a bordo a alcaldesa en funcións Maribel Castro e a concelleira Ana Portas, mentres Margarita García Castro e José Antonio Baliñas recibiron á expedición (como eu, aínda que non estaba convidado) no propio peirao.

A comitiva dirixiuse despois de desembarcar ó Alfolí onde houbo unha comida de confraternidade sugragada polo concello de Pontecesures á que asistiron uns trinta comensais (asistiron os cinco membros do equipo de goberno e ningún da oposición ó non seren convidados).

Sen volver a entrar na polémica do binomio alcalde titular-alcaldesa en funcións (hai unha dirección bicéfala e non coñecemos nestes días quén é o presidente da corporación). Resulta lamentable que sexan marxinados e discriminados os membros da oposición que non foron convidados ós actos a pesar de representar a unha parte importante dos cidadáns. Incluso é unha cuestión de educación.

Persoalmente sempre defendín esta ruta marítimo-fluvial e gostaríame trasladar opinións e suxerencias ás autoridades autonómicas pero non foi posible facelo pola actitude sectaria do goberno local.

Resulta paradóxico que aqueles que criticaban con dureza a ruta no BNG de Pontecesures(lembro que Margarita García Castro dicía que só valía para celebrar viaxes, festas e comidas) e non ían ó remonte polo río Ulla ano tras ano, sofran agora unha profunda transformación. Cómo se nota que as autoridades autonómicas de Turismo e do Xacobeo son do BNG.

Independentemente do sucedido a ACP desexa que esta ruta Mar de Arousa-Ulla sexa potenciada polo seu interese turístico, paixasístico e medioambiental.


11 comentarios

Martin T. · 3-09-2006 a las 13:43

Non se lle pode pedir máis a esta xente se non lle da para máis a cabeza, e o típico deste aldalde e do grupo de goberno o primeiro é súa imaxe e quedar ben nos medios de comunicación e cos de fora e despóis se lle cadra miran polo pobo (pero poucas veces! non vaia ser que se extresen)

Tiroliro II · 3-09-2006 a las 17:27

Esta a ser Sabariz a «mosca cojonera» do BNG de Cesures. Aparece por todas partes, presenta non sei cantos escritos no concello, fai imnumerables preguntas nos plenos, chama, polo visto, a non sei cantos veciños con críticas fortes ó equipo de goberno, predica polas rúas, etc.. Férrea oposición sen dúbida

kaka-tua · 3-09-2006 a las 20:58

Pareceme increible se é certo o que conta Sabariz. ¿Pero Luisito, ??Molulo? é certo esto? ¿Fixeches a Ruta Xacobea en barco cas autoridades, ti e os teus cogobernantes?
Vaia home. Agora volvo a exclamar aquello de ??quien te ha visto y quien te ve?. E inda por riba os levas a comer ó Alfolí! E claro, estás tan xeneroso que pagache ti a comida! Porque, ¿non pagaría o Concello?
AHHH e que veñen os da Xunta, claro! Agora que son os do BNG hai que ir no barquiño con eles e pagarlles a comida. Estes non son os ??sectarios e caciques do PP?, son os amigos do partido… e hai que quedar ben con eles, así Quintana despois pode decir esas cousas coma que Pontecesures ten o mellor goberno para o pobo.
Porque claro… ti sempre apostaches pola Ruta Xacobea, ¿verdade Molu? E eso que decias de que era a comitiva do PP que viña de excursión e papadela, en realidade non o decias, senón que eramos nós os que te oíamos mal…
E de Sabarizl, que? Cando viñeche pedir o voto no 2003 falabas del que era un poco ??parvo? pero bo compañeiro. Daquela o ??malo e tolo? era Osacar Gerpe que che facía a vida imposible, seica. Pero Sabariz non, Sabariz hubo que chegar a acordos rápidos con él logo das eleccions, non fora o demo que viñeran outro e o fichasen!
E de aquela coma falabas de Maribel! Igualito que ahora, vamos. Recordo un dia 3 meses despois das eleccions, co follón do náutico, que o menos que dixeches dela foi o de ??sacapieles? para arriba… ¡ Y ahora juntitos en la proa del barco, cual protagonistas de Titanic! Manda carallo, Molu, manda carallo!
Pois tiña pensado romperche o voto na cara cando veñas pro ano… pero NON, vou ser tan hipócrita coma ti, e imoste decir que tes o noso apoio e tal, PERO NON. Non sei quen os levará, pero os 6 votos da casa te quedas sen eles. Por hipocritilla, e porque demostras pouco amor ó pobo e moito ós intereses ocultos que fan que queiras seguir no cargo!
Pensaba que eras outra persona, pero defraudáchesme coma Alcalde, e sobre todo como compañeiro! Así que te vaian dando moito… porque ó ver estes feitos teus é o que fai darme conta que non eres trigo limpio! E ollo, esto que poño aquí e a miña opinión, pero sabes que… que non son o único que opina así. Nestes días de vacacións e festas de Porto, tiven ocasión de falar con vecinos que pensan o mesmo, e eran os que te votaban en 1995, 1999, 2003… e os tes cerca de ti !
Pido perdón por haber incumplidoa miña promesa de non ??aburrir? con rollos e ser breve, pero creo que a ocasion o merecia, pois o deste home cada vez me parece mais patético, e que os do BNG o manteñan ahí, me parece que explica porque o BNG ben de ter o baixon nas autonómicas e o que lle queda por sufrir!
¿E que dirá Parracho desto? AHHH, nada, está organizando algún acto cultural-propagandístico deses que fai para pasar logo a factura…
Por eso concluo decindo: BNG e PP mesma merda ? !
(E con esto non que creas que son alguén do PSOE, que eres unha persoa con tendencia paranoide a ver enemigos detrás de cada esquena. Nunca votei SOE en Pontecesures e xa dixen o pq…
Quen te coñecese hai 25 anos, quedaba parvo agora…

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-09-2006 a las 10:29

Claro que é certo «kaka-tua». O alcalde non convidou á oposición a este acto e vouche dicir mais. Resulta moi decepcionante que nunha comida pagada cos cartos de tódolos cesureños asistan acompañantes das autoridades autonómicas e non podan facelo os representantes dos veciños.
Cando chegaba o barco vin e escotei na proa a un home que tocaba a gaita de paisano, moi ben por certo, interpretando o himno do antigo reino de Galicia. A verdade é que emocionaba escoitar a música. Pensei entón o inxusto que é que persoas comprometidas coa cultura galega veñan a respaldar a un alcalde e a un grupo de goberno que ten unha actitude tan negativa para os membros da oposición ós que consideran enemigos do pobo.
Para o alcalde estamos mal da cabeza os que criticamos as súas actuacións. Como se isto non fose un dereito dos concelleiros.

Martin T. · 4-09-2006 a las 11:49

Eso é o que lle gusta o alcalde, que pague o pobo e non el, queda ben ca xente invitada e cos cartos no bolsillo. Pero non te preocupes Angueira que o teu posto xa lle queda menos de dous telediarios, para ó ano borrón e conta nova!xa verás!!!

Paspallás · 7-09-2006 a las 00:11

Propoño que na próxima Ruta Xacobea Angueira convide a tódolos que intervimos nesta páxina co administrador a fronte. Baliñas e Margarita que nos esperen no peirao como o outro día, xa que poden cair pola borda.
Hai que convidar ó novo cura D. Arturo que é de Vilanova. A D. Severino non o levamos porqué non sabe nadar. E home de secano.
Para amenizar a viaxe o grupo Xarandeira coa de Chaves na popa. Na proa Miguel o de Gómez para levar unhas viandas.
Encargados das bebidas Randulfe e Manolucho.
Maribel de copilota como mandada de Angueira.
Gerpe de piloto que entende sobre todo de cartas náuticas.
Sabariz, con gorra, levará o megáfono para dar o coñazo a todo o mundo.
Angueira naturalmente con funda de bombeiro por se hai algún incendio a bordo.
Para encargarse do combustible do barco hai que levar a Xurxo Gerpe.
Fotógrafos Pasarín e Fruki

fru · 7-09-2006 a las 00:28

Gracias por acordarte de min, pero non me podes igualar ó gran Pasarín! Eu son un simple aficionado, e coma moito estaría no peirao sacando algunha foto. O das aventuras en barco nunca foi o meu… 😉

outra vaca no millo · 7-09-2006 a las 00:43

tes razòn paspallàs…è unha boa idea!…dirìa mais…è unha idea xenial!canto me ghustou o teu comentario.tes razòn en todo.tiñamos que facer unha comida tdos xuntos!(e q pagara ANGUEIRA…cos sèus cartos…claro…jej)…nn sei o q pasarìa…pero…eso si!…tou seghur@ de que o ìa pasar moi ben e entretidamente!jajaj!

outra vaca no millo · 7-09-2006 a las 00:47

kaka-tua…que ben que non deixaches de escribir!…se non…xa me aburria eu…sije ahi dando caña!!

kaka-tua · 7-09-2006 a las 21:11

Pois si, vaquiña. Se leeses con atencion verias q nunca dixen que ia deixar de escribir. pero ia ser + breve e aparecer cando o estimase oportuno. De todos os xeitos malo é que só te divirta e non te faga reflexionar…
¿Dar caña? Mais ben contar as cousas que pasan no noso concello e que nos afectan a todos, pois gobernan o teu, o meu e o diñeiro de todos, e ás veces primando os intereses persoais frente ó ben do pobo!

Vaticanista · 14-09-2006 a las 19:36

O Apóstolo Santiago protexerá ó remonte do río e para 2007 xa non virá este alcalde que temos. No verano haberá outro (ou outra).

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.