Deficiencias nas obras de canalización do gas na Avda. de Vigo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O sábado día 2 de setembro este concelleiro da ACP comunicoulle á alcaldesa en funcións Maribel Castro que a empresa que está a facer as canalizacións do gas na Avda. de Vigo ó repoñer as lousas da beirarrúa soltou pola estrada, preto do bordillo, gran cantidade de auga con cemento. Agora apreciase o cemento no firme e ademais en algún sumidoiro de pluviais. Púdose provocar algunha obstrucción das tubarías de saneamento.

O sucedido considérase unha «chapuza» consentida pola nula vixianza municipal.

Solicitouse así a adopción das medidas para que se proceda á limpeza da vía pública e dos sumidoiros por parte da empresa.

Categorías: Concello

1 comentario

Paspallás · 5-09-2006 a las 23:11

Eu xa estou canso de ver a esos do gas pola estrada nacional e ten razón Sabariz. Son chapuceiros e moi parecidos á alcaldesa en funcións.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.