Inicio doutra tempada do Club Baloncesto Río Ulla

Publicado por fru en

Nestes dias arranca a temporada 2006-07 para os distintos equipos do club de baloncesto. Os senior e xuvenís levan dende o luns entrenando polas noites. Onte martes os equipos cadetes e infantís iniciaron os seus adestramentos, e os equipos femeninos o farán este venres pola tarde. Tan só os alevíns quedan ata principios de outubro, pois a sua liga empeza cara finais de novembro.

Nos vindeiros dias faremos unha nota pública para que aqueles nenos e nenas que estean interesadas en formar parte do club, se incorporen os adestramentos.

Esperemos que o campeonato do Mundo logrado pola selección española anime ós nenos/as e mozos/as a apuntarse a este deporte.

Asimesmo, esperemos facer desta páxina a nosa ventana ó mundo. Así temos pensado poñer as plantillas cando estean conformadas, resultados semanais, e calquera noticia que o club xenere, pois somos sobre 80 persoas as vinculadas ó deporte da canasta en Pontecesures.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.