A ACP denuncia que se está a desviar e a entubar un regato preto da rúa Sagasta sen autorización algunha.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O día 5 de setembro este concelleiro apreciou que obreiros da empresa do promotor Constantino Taibo Tojo estaban a realizar unha obra de cambio do curso dun cauce natural (se estaba colocando unha tubaría de 50 cms.) por onde coreron sempre as augas que baixan de San Xulián, fundamentalmente en tempos de choiva, e no tramo máis próximo á rúa Sagasta onde o promotor pretende construir un edificio de vivendas (xa preto da desembocadoura do regato no río Ulla).

Este cauce está grafiado e contemplado no PXOM e así este concelleiro sostén que tanto o cauce como a zona adxacente son de titularidade pública non entendendo que o promotor pretenda a desviación para apropiarse do terreo do cauce natural para construir enriba do mesmo, trasladando o regato a unha futura zona de cesión.

A obra carece de licenza municipal e de autorización de Augas de Galicia. Estábase colocando unha tubaría a unha distancia mínima dun edificio de vivendas con risco de asolagamento para os baixos e garaxes en canto haxa fortes choivas. Alterar desprazando os cauces naturais pode ser perigoso no futuro.

Denunciouse no concello a obra sen licenza e a apropiación dunha superficie de terreo de titularidade pública que o concello ten a obriga de defender.

Solicitouse a paralización inmediata da obra e enviouse a denuncia a Augas de Galicia ós efectos oportunos.

Aínda que non teño constanza do decreto de paralización dende o día 6 non se traballa na zona e incluso ese día veu un vixiante de Augas de Galicia a comprobar todo o que se está a dicir sobre este regato.

No día de onte comprobouse a importancia do regato pois houbo unha marea viva e o auga subeu dende o arco que hai no río nas proximidades do Club Náutico ata a zona onde estamos a falar na rúa Sagasta.


16 comentarios

Tuso · 11-09-2006 a las 11:10

Quero pensar que se fan eso é porque alguén lle dou permiso, ¿ou non?

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-09-2006 a las 11:31

Pois non ten licenza municipal. Para concedela ten que ter previamente autorización de Augas de Galicia.
Se alguén do goberno municipal lle deu permiso verbal non o sei pero isto é grave como expusen na nota pois o cauce natural penso que é un terreo de titularidade de todos que se quere ocupar.
Imos comparar brevemente o que pasou coa eliminación de Constantino Taibo Tojo do camiño de acceso ó río pola «Papelera» dende o paso a nivel da rúa Cantillo de San Xulián. Neste asunto o Sr. Taibo defende, aínda que non esteamos de acordo, que alí non hai nada público e que a súa finca vai ata a base do talud da vía do tren. Agora na rúa Sagasta ignora o regato de titularidade pública para construir un edificio enriba. Só pretende o promotor ter dereitos. Cando hai obrigas non quere saber nada. Hai unha permisividade por parte do goberno local que criticamos moitos.
Por certo, no do Cantillo hai que seguir denunciando o tema en Costas, Medio Ambiente, etc.. E unha vergoña que non se poida acceder ó río.

Tuso · 11-09-2006 a las 12:38

Vamos, que resumindo, esta empresa «presuntamente» fai o que lle parece. Está ben saber que o PXOM e o resto da leis só nos afectan a uns poucos.
Son pesimista. A ver en que queda ó final a cousa, pero eu aposto a que no caso do regato vai a seguir todo para diante como se nada.(E eso que esta actuación está á vista de calquera) Eu xa dou o cauce natural e a titularidade pública por perdida. 🙁

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-09-2006 a las 13:22

Hai que tratar de impedir que o concello perda os bens de titularidade pública. Se Augas de Galicia autoriza o desvío e o entubado coas suficientes garantías en caso de inundacións, hai que buscar unha solución (permuta, venda,etc..)para que o concello non se vexa prexudicado.

Tuso · 6-09-2007 a las 12:40

Rescato esta entrada de fai un ano para comentar que nestes días estase facendo o entubado do regato (frente á oficina de Correos) en cuestión.
Parece que finalmente SI que vai a quedar alterado definitivamente o curso do regato.

basta · 6-09-2007 a las 14:39

Interesante comentario «Tuso». Moi interesante e intelixente. Xa sabemos quen terá algo que decir, penso eu.
A espera de novas quedamos…

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-09-2007 a las 15:25

Pois Augas de Galicia informou ó concello que non era competencia deles esta cuestión das augas, xa que non hai un regato ou cauce público, senón augas pluviais cando chove,ou procedentes da fonte de San Xulián. O organismo autonómicoe subliñou que o entubamento debe facerse cunha tubaría de 1 metro de diámetro xa que as veces pode vir bastante auga (incluso en mareas vivas a auga volta do río).
Constantino Taibo solicitou a licenza e agora comezouse a obra de entubamento que se pode definir como unha recollida de augas pluviais.
O non tratarse dun cauce público pouco hai que dicir do paso antigo desas augas. Neses terreos vaise construir un edificio de vivendas desenvolvéndose unha unidade de actuación unha vez que tódolos terreos xa están adquiridos pola Xunta de Compensación (a última parcela por expropiación).
Outro tema é a preocupación que teñen os veciños do edificio promovido por Constantino Taibo con entradas pola rúa Castelao e Rosalía de Castro, xa que temen que se agraven os problemas de asolagamentos nos garaxes. Lóxicamente cando se constrúe preto de zonas de augas hai que adoptar medidas de aillamento das edificacións xa que as augas da chuvia e as da marea buscan sitio.
Evidentemente no seu día comuniquei os feitos a Augas de Galicia porque pensei que iso era un regato público. Senón é así pois só queda garantir que coas cheas non haxa danos para as persoas ou bens.

O Rei · 6-09-2007 a las 16:35

Tino Taibo Tojo; Deus pille confesados ós que viven por esa zona.

basta · 6-09-2007 a las 18:31

Eu pensei…
RESUMO: METEDURA DE PATA.
Un desenlace máis daquelas «Sabariz denuncia…»
Moi divertido ler a entrada de fai un ano, e o comentario de un ano despois.
Bueno, un erro máis daqueles axitados tempos na oposición.Non se equivoca o que non fai nada. Agora con calma faranse as cousas mellor. Alomenos mentres o BNG non desperte da siesta dos cen anos.

Tiroliro II · 6-09-2007 a las 18:44

A verdade e que Sabariz continúa dando a cara, si señor, explicando de todo, regatos, non regatos, Tino Taibo, e a de dios.
Pero eu xa dixen que vexo máis a este persoeiro de reportero e penso que quere a páxina máis que nadie. Sabariz manda a política a tomar polo saco e xa verás como te respetan e danche mérito, agora non pintas nada, bueno por pintar tampouco pintan nada os 5 do bloque, para que se presentaron. Baliñas, Cecilia a «da Cocha», Arturo de Nestlé, a Juliana e o bombeiro Angueira, que carallo fixeron nestes casi tres meses de concelleiros?

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-09-2007 a las 20:55

Metedura de pata relativa «basta». Moita xente consideraba que había un regato de dominio público e no seu día afirmei que antes de ter o informe de Augas de Galicia non podía comezar obra de canalización para defender os intereses municipales. Eu non vou discutir agora o informe (habería moito que falar sobre se as augas son contínuas ou discontínuas, se estamos a falar dunha serventía de augas, se o terreo entón pertence as fincas privadas, que opinan os veciños máis vellos, etc..) e penso que non conduce a nada acodir a xustiza por este asunto. Queda resolto, e agora hai que tratar o problema da acumulación das augas, informando que a canalización vai quedar baixo terreo publico, pois co novo edificio hai que deixar outro tanto de superficie para vial como hai agora no lateral do edificio construído.
Por certo, a denuncia valeu para algo. Se estaba a colocar unha tubaría cunha sección claramente insuficiente. Isto corríxese.
Para rematar, dicir que o informe de Augas de Galicia xa leva varios meses nas oficinas do concello.

renejado · 6-09-2007 a las 22:20

Que algen me conte si hai unha solicitude de licenza municipal,ou ten LICENZA do concello,que veñen sendo cousas moi distintas.
Co cal si hai unha solicitude habera un proxecto.E se hai unha licenza habera que levala según proxecto.
Sr.Sabariz antes de denunciar hai que enterarse das cousas que despois tratamolo de fala barato e non lle parece ben e deso tratase
cando «Basta» lle di que e outra metedura de pata.

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-09-2007 a las 23:00

A Augas de Galicia foi envíada a solicitude xunto cun proxecto presentado polo promotor (aínda que poidera ser considerada a actuación como unha obra menor), «renejado». O concello está comprobando a base de formigón para poñer os tubos enriba, e a actuación no seu conxunto.
Trátase dunha recollida provisional das augas porque vai ir o vial na superficie e deberá logo a empresa construir as arquetas de pluviais e asumir outros custos que deben ir detallados no proxecto de urbanización. A obra se está a executar agora antes de que veñan as choivas por razóns obvias.
Pola miña parte penso que din todo tipo de explicacións detalladas. Esperemos que todo quede ben en beneficio de todos.
Cordiais saúdos.

basta · 7-09-2007 a las 12:03

? verdade que a situción política de entón non lle daba a moitos demasiados marxenes de confianza.Non só pola actitude do goberno de entón, máis ben polo rocambolesco clima político en xeral; goberno e oposición.Fose por signos evidentes propios,polos continuos ataques da oposición, ou simplemente porque non se molestaron en convencer a uns cantos de que o estaban facendo ben. ? verdade que onde hai intereses inmobiliarios, nunca se pode baixar a garda, e por iso vexo xustificada, polo menos en parte, a denuncia de Sabariz.
Fué a matar no seu papel de oposición. Denuncia, denuncia tras denuncia, e en pouco tempo, pasa de fiscal, ao punto de mira baixo un listón que el puso demasiado alto.
Penso que a súa postura na oposición debeu ser un pouco máis cauta e mesurada, pero é moito máis importante que o sexa agora, que está no lugar dos que deciden. A metedura de pata gorda sería que permitise unha obra que no futuro xerase uns problemas que no seu día xa denunciase. Iso si que sería unha metedura de pata gorda. Esperemos que nunca se dea a situación que logo dunhas inundacións alguén diga: denunciouno na oposición, permitiuno cando gobernou. Se está seguro de que o está facendo ben, ánimo e sorte polo ben de todos. Un cordial saúdo.

Antonio Cortés · 7-09-2007 a las 12:46

Fora de tema

Pasaron a moderación un comentario de Grandes e outro de Sabariz por estar fora de tema.

Lembro que hai xa 1.650 entradas e sobra sitio para por un comentario na entrada correcta. Á esquerda, e abaixo hai un buscador que permitirá buscar dentro de tódalas entradas.

Si existise algún tema do que se quera falar podese crear unha entrada, só hai que enviar o texto da entrada a redaccion@pontecesures.net e será publicada.

Paspallas · 8-09-2007 a las 00:08

Tranquilo todo mundo co entubamento de Taibo, está Suso Rey o concelleiro de enfrente alerta todo o día, él e mailo can, os obreiros síntense moi vixiados e traballan de carallo, xa controlaba de medo cando eu traballaba na Finsa, preguntádelle a Sito o salleiro ou a Lamas,,,,,Je,,,je,,,je

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.