Superamos as 500 entradas

Publicado por Antonio Cortés en

Quería estar pendente da entrada número 500 pero ó final pasouseme, esta ven a ser a entrada 506 de pontecesures.net. En pouco máis dun ano a información xerada sobre o noso concello é realmente impresionate. Unha vez máis gracias a todos, ós colaboradores, os que nos len, os que comentan, e a todos en xeral, que fan que está páxina manteñase viva.

Aproveitando o comentario de «Oscarín» (de que moito se fala de política), fixen unha pequena análise de que temas trata a web e como vai, parece que hai quen cree que é todo política, agora van os datos:

Si collemos a actual portada temos 15 entradas (a número 15 pasará á segunda páxina), e son como siguen:

Por orixen:

  • 9 Novas de xornais
  • 6 Entradas de produción propia (engadidas por autores/redactores).

Por temática:

  • 3 de politica
  • 12 dotros temas (deportes, sociedade, estatísticas, …)

Outra cousa é que se comenten máis cousas de política que doutros temas, pero a realidade é que as entradas de política non son a maioría, e eso é un feito que contradí á impresión xeral de que esto é política. Tamén hai que salientar que novas coma a do inicio do proceso de identificación das parcelas do polígono (que non é política) acaban con comentarios de política, e como esto moito.

Algo salientable, e que considero que debería ser resolto, é que de cultura sobre o Pobo «nada de nada». ¿ Non se fan cousas ?, si se fan non chegan e se non se fan, deberían facerse. 

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-09-2006 a las 17:57

Pois douche, Antonio, unha sinceira noraboa pola iniciativa que tivestes. Coméntame xente doutros municipios (por exemplo de Lalín) que desexarían que alí houbese unha páxina con entradas e opinións como temos nós. E certo que hai críticas de persoas que tratan de que este pobo continue adormilado e opinaban que a páxina só a lían «catro gatos». Está a ter gran trascendencia como medio de comunicación e cada vez falo con máis xente que a segue.
Por certo, a política é moi interesante e inflúe en toda a poboación. Non se pode criminalizar ao político e consideralo como un mal necesario. Como no caso dos viños, hai políticos en tódalas forzas bos, malos, regulares, con pouco sabor, peleóns, avinagrados, «chispóns», de pouca consistencia … O importante é que a cidadanía coñeza o mellor posible o labor de cada quén para decidir cando é convocada ás urnas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.