Adrián Vicente e Álvaro Loureiro para a Selección Galega. André Oliveira para a Selección Española

Publicado por Club Náutico en

Os resultados acadados polos deportistas do Náutico Pontecesures non pasan desapercibidos os ollos dos directores técnicos da federación galega asi como da federación española.

Adrián Vicente canoísta cadete repite concentración na selección galega no CGTD de Pontevedra, donde o ano pasado colleitou un resultados aceptables, esta tempada vindeira deberá demostrar todo o seu potencial.

Alvaro Loureiro canoísta infantil proclamouse campion de España esta tempada, e vai por primeira vez concentrado ca selección galega no CGTD donde compartirá adestramentos con Adrián.

André Oliveira canoísta xuvenil, gracias os magnificos resultados acadados está concentrado na selección española xuvenil donde terá novos e interesantes retos a nivel deportivo. Está concentrado no CGTD en Pontevedra.

Esta tempada completouse un papel sobresainte para as aspiracions do Náutico conseguindo o posto 20º na clasificación xeral da Liga Nacional de Piragüismo «Hernado Calleja», así como o 10º posto na Copa Xunta de Galicia (liga galega).

Dende aquí quero aproveitar a ocasión para felicitar a todos os palistas do club polo gran papel que fixeron. Asemesmo agradecer as persoas que colaboran dia a dia e fixeron a miña estancia no club mais agradable, Paco, Pepe, Pacho, Hermo, Mon, Luis, espero que non me quedase ninguen atrás, e a mención especial para o artifice de todo este proxecto «presi» Angel Barreiro.

Un saudo, Javier Bouzas


Club Náutico

Javier Bouzas-Adestrador do club náutico

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.