Mañá día 27 de setembro celébrase o pleno ordinario.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As 21 horas celebrase maña mércores 27 de setembro o pleno ordinario coa seguinte Orde do día:

1º Actas anteriores.
2º Moción do equipo de goberno sobre adhesión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
3º Liquidación presuposto 2005. Dar conta.
4º Resolucións da Alcaldía. Dar conta
5º Informes da Presidencia.
6º Rogos e preguntas.

Dende a ACP fago un chamamento aos veciños para que acudan a este importante pleno. Como o alcalde leva xa dúas sesións ordinarias sen asistir (a de finais de xullo e a de finais de agosto) vanse realizar numerosas preguntas sobre a xestión municipal. Por exemplo, este concelleiro da ACP xa presentou, con 24 horas de antelación e para que se resposten na sesión polo alcalde, un total de 22 preguntas sobre temas de interese. Esperemos que o debate sexa interesante

Categorías: ConcelloSin Categoria

14 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-09-2006 a las 14:20

Volveu a levantar o alcalde a sesión sen contestar as preguntas que fixo a oposición no pleno. Nin ao PP, nin ao PSOE nin a ACP contestou o Sr. Alvarez Angueira varias preguntas sobre o gasoil, EDAR, entrada en vigor da zona azul, alumeado no muelle, deficiencias varias no campo de fútbol, non invitación á oposición ao remonte polo río o día 2 de setembro, festas locais, arranxo da traída de augas que ven polo monte dende Grobas, ancheamento da pista da Toxa, problemas co transporte de alumnos de Pontecesures, datas concretas para a reunión de afectados do polígono con empresarios corporativos e persoal da Xunta, superficie queimada e información sobre os incendios forestais do pasado agosto, etc…
Nada de nada, o alcalde dixo que como pode facelo por permitilo a normativa, vai a contestar na seguinte sesión ordinaria, ante a decepción do numeroso público que foi á sesión e dos concelleiros.
Despois manifestou que ía contestar as 22 preguntas que lle fixen e que están publicadas en esta páxina (aínda que nin permitiu que as lera eu). Na primeira sobre qué traballadores lle deran as queixas polas miñas chamadas que interrompian o seu traballo dixo que non o dicía por ser dato confidencial e acusándome adémais de que molestaba a moitos veciños con chamadas que logo lle dícia a él. Quixen rebater isto e quitóume a palabra dicindo que non consinte debate algún. Que él fala de último e punto.
Na segunda pregunta dixo que se están a facer xestións con Autopistas para atopar un terreo para as festas de Carreiras. Tampouco permitiu intervención algunha miña para clarexar este tema.
Logo nas 5 preguntas das comidas dixo que él nun ten que identificar a ningún acompañante e as comidas son de interese para o concello. Eu díxenlle que tiña que identificar as persoas que comían con cargo aos cartos do pobo e Oscar Gerpe ícía cousas parecidas e como o alcalde se negaba levantouse e paso aos asentos do público.
O alcalde entón sorprendentemente e sen máis levantou a sesión dando por finalizado o pleno. Eu díxenlle que estabamos sentados na mesa 9 membros da corporación e que iso non o podía facer. Pasou disto, levantouse e non contestou a máis preguntas (quedábanlle 15 preguntas moi interesantes)
Dende o meu asento e saíndo do salón díxenlle a voces que a xente que veu ao pleno e tódolos veciños queremos saber con quén se gasta os cartos de todos o noso alcalde, que non era demócrata e que menuda claridade e trnasparencia ten o BNG.
A historia se repite, temos un alcalde que non quere debater e que está acobardado pois, por exemplo, o asunto do gasoil vai a máis e os daytos cada vez son máis demoledores.

Galeguista · 28-09-2006 a las 16:31

Simpatizo co BNG e votei a este alcalde. Hai que botalo fora. O de onte vergonzoso. E un comedebalde

Breogán · 28-09-2006 a las 18:51

Eu tamén votei BNG e onte fun ó pleno. Que cara ten o alcalde, este non é o Luis que coñecía. Todo o contrario o que defendía sempre. Non deixando falar, cun autoritarismo dictatorial e atrapado por todo tipo de sospeitas fundadas.
O peor e que estaban ali os seus compañeiros de hai moitos anos e arroupan a Luis sabendo todo o que esta pasando.
Que decepción a do bloque. Entre o de Cesures e o de Quintana cos vellos é para chorar. O vicepresidente emulando a Fraga e enchendo de callos os vellos en Pontevedra o outro días con Lores de acompañante. Veña a comer e a emborrachalos, veña baile coas vellas. Gastando os cartos de todos para ganar votos. Despois falaban éstes de papadelas.
Conmigo que non conten estes transformistas e vividores do poder. O meu voto non o teñen e o de moitos amigos meus tampouco.

Aturuxo · 28-09-2006 a las 19:34

Interesante función a de onte á noite.

Non xustifico a actuación do alcalde porque non a ten. ?s plenos hai que ir preparado cousa que nin o BNG nin o PP parecen comprender. O portavoz do PP xa adiantou o NON deste grupo ó proxecto do polígono;pareceme moi ben a posición de calquer grupo sempre que sexa capaz de fundamentala con razos de peso. Pero estes dín que non antes que exista un estudio ou un proxecto real sobre o polígono, algo palpable sobre o que podamos discutir e, en cosecuencia, votar.
O do PSOE é lamentable, actitude de Gerpe ó marxe. Imos ver, o PSOE fundamenta a sua negativa ó polígono no impacto medio ambiental que vai sufrir a posible zoa de ubicación; moi ben, todos preocupádos polo medio ambiente. ¿O desmonte que habería que levar a cabo para ubicar o polígono no monte da autopista non suporía un impacto ambiental bastante máis grave?. A actidude de Gerpe, o feito de levantarse todo escandalizado ante a actitude do alcalde, traía ensaiada da casa, bueno home. Son coñecedores da resposta do alcalde e actúan en consecuencia.
O alcalde e o seu grupo de goberno deberían ir un pouco preparados ós plenos; deste xeito pódese respostar sen titubeos ás preguntas e queixas da oposición. A actuación de Margarita foi lamentable, increible cun representante do
pobo, ¡pero se ata Gerpe lle deu vinte voltas!. O caso de Angueira é increibel; fai quince anos, en época de elecciós, sóltaba sempre a mesma cantinela: isto é unha dictadura; non hai liberdade de expresión, etc…
O deber dun alcalde é aguántalo tipo,canto máis se a oposición se pon rabuda. Contestar ós requerimentos do pobo formulados a traves dos seus representantes políticos é o lóxico; tí deberías sabelo mellor que ninguén, Angueira.

Paspallás · 28-09-2006 a las 22:58

Aturuxo, no relato do pleno non observo referencias a Sabariz «el Llanero solitario». ¿Qué tal estivo?.
Parece increible que despois de atacalo tanto agora nin fales del. Non serás da súa familia

Paspallás · 28-09-2006 a las 23:09

Tremenda a imaxe de Angueira ofrecida por Televisión Salnés do pleno de Cesures. Cando se levantou o alcalde sen contestar as preguntas, con esas risas burlescas hacía os concelleiros e os veciños (Risa sarcástica, con ese JO, JO, JO acompasado e hipócrita) tróuxome á memoria a imaxe de Chaplin na pelicula «EL GRAN DICTADOR» cando xogaba co mapa mundi esférico. Unica diferencia: Hitler levaba bigote e Angueira agora leva perilla.
Os bloqueiros de Cesures teñen que tomar nota (Breogán, kaka-tua, aturuxo, galeguista e outros).

Antonio Cortés · 28-09-2006 a las 23:42

Non debo de falar de Política, só considero que teño que álzala voz polos comentarios DESPECTIVOS feitos polo alcalde contra este weblog no pleno onde, entre a súa retaila de adxetivos sobor dela, calificouna coma ZAFIA, e outras lindeces.

Zafio:

Grosero o tosco en sus modales o falto de tacto en su comportamiento.

Non vou a «ser grosero nin tosco en modales» pero si pidolle que *a lea, ainda que sexa unha sola vez, e logo fale*. ? un pouco molesto recibir ese tipo de comentarios, ¡¡¡ e nun pleno ademais !!! que só poden vir do descoñecemento, e verá coma non hai cores (políticos) nin nada polo estilo no weblog, o que hai son novas, curiosidades, historia, sucesos, anuncios,… Outra cousa son os comentarios que son opinión, e ata o de agora ainda temos orden. Así que satanizar por satanizar vai a ser que non.

Sexamos «maduros» e non amigos de descalificación fácil, un discurso, unha boa idea poden morrer directamente polas formas, e son esas formas as que non pode perder, baixo ningún concepto, o alcalde e calquera outro representante democraticamente electo.

Tuso · 29-09-2006 a las 09:32

Que triste!!!

Aturuxo · 29-09-2006 a las 11:36

Paspallás,tedes (algúns) unha marcada tendencia a considerar ataque calquer cousa que, penso eu, non sea da vosa corda. Eu non ataco a Sabaríz, non estou de acordo con algunhas das súas posicións e dou o meu punto de vista; isto, en democracia, é algo normal. Non podes acusarme a mín de atacar a ninguen cando tí pos a pingar ó alcalde cada dous por tres.
En canto a actuación de Sabaríz no pleno, pouco hai que dicir porque por moi ben que o fixera durante o pleno, que non foi asi en algúns aspectos,a súa actuación posterior, como a de Gerpe, foi lamentable. Cando se debatía a moción de urxencia do polígono, no meu parecer, Baliñas
foi o máis acertado da noite ó sacar as declaracións de Sabaríz realizadas trala entrevista coa conselleira Tareixa Taboas. Nestas declaracións, o concelleiro de ACP alababa o polígono e dicía que o proxecto
contaba co seu SÍ porque non iba danar os intereses do pobo;nembargantes, o día do pleno a súa posición era distinta. Explicoú porque cambiara de idea pero a mín, persoalmente, no me convenceron as súas teimas porque non lle atopo a lóxica a cambiar de parecer tan radicalmente cando o proxecto é o mesmo que él alabou fai uns meses.
Ademáis, hai unha frase hoxe na prensa que deixa moi clara a postura de Sabaríz: «Lo único que me queda es gritar». Dadeslle a razón ó alcalde que tanto denostades, logo; a función dun político non é gritar, é traballar. Tedes que estar ás duras e as maduras mantendo o tipo.
Xa dixen que actuación do alcalde levantando o pleno non me parece axeitada, canto máis, porque él é o alcalde pero a oposición non o fai moito millor berrando e abandoando o seu sillón.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-09-2006 a las 13:05

Polo que contas «Aturuxo», dáme a sensación que estivestes no pleno e naturalmente respeto a tua impresión sobre o que falas das miñas intervencións. Pero permíteme que discrepe matizando o seguinte:
1-Efectivamente eu comezei a dubidar sobre o polígono cando a Conselleira de Vivenda e o Xerente de Xestur viñeron a Pontecesures e comezaron a falar dun polígono moito máis grande do previsto e sobre todo con 240 vivendas. Díxenlle ao Xerente que había que explicar moi ben de que tipo de vivendas estamos a falar e cómo se van a compatibilizar cos usos do polígono. Dende aquela (xa hai varios meses) nunca se me deu outra información. Baliñas utilizou a hemeroteca e paréceme moi ben. Houbo un cruce de acusacións dentro dun orde, cada ún defendeu as súas posturas e os asistentes xulgarán o que consideren oportuno. Baliñas quería demostrar que eu cambiei de opinión porque agora estou na oposición. Eu díxenlle a mira postura, e que teño dúbidas ata que se explique moi clariño o tema nas xuntanzas futuras entre tódalas partes afectadas. Se ti eres partidario da iniciativa do BNG co polígono e a súa ubicación, extensión, etc.. e consideras que Baliñas estivo moi acertado pois non teño nada que dicir. E a túa valoración.

2-O que me parece moi inxusto e que digas que tiven unha actuación lamentable rematado o pleno. Ata que o alcalde caprichosamente e coma un cobarde levantou a sesión eu permanecín sentado. Vinme na obriga de dar voces cando deu por rematado o acto chamar atención de que temos un alcalde que non é demócrata e que oculta asuntos moi escuros. Se ten todo clariño ¿Por qué non contesta as preguntas? ¿Ti non ves preocupante que un coche avariado bote gasoil o día de fin de ano cando non pode chegar polos seus medios á estación de servizo? ¿A tí góstache que un alcalde coma con quén lle da a gana sen identificar a esa persoa utilizando os cartos de todos?.
Que querías que fixera o outro día. ¿Que mer fora caladiño, deixando que o alcalde se ría de todos nós?. Mira traballar o que se dice traballar, xa levo traballado bastante. Sábelo ti, o alcalde, o seu grupo e moita xente de Pontecesures. Precisamente o que lle molesta agora ao alcalde e ao BNG e que siga traballando

Bécquer II · 29-09-2006 a las 18:14

Angueira dejó perilla
pero tampoco contesta
el gasoil casi apesta
dictador de pacotilla.

Cargaron en fin de año
gasóleo de «mogollón»
se fueron de cotillón
todo esto es muy extraño.

Aturuxo · 29-09-2006 a las 18:42

Pero Sabaríz, ¿tí pensas que eu son parvo ou qué?.
Claro, claro, a mín dame igual no que gasta os cartos o alcalde, como non me poño como un basilísco no pleno xa non me importa ren o do gasoil, o das comidas, e todo o que tí queiras.

O alcalde ten a obriga de responder ós requerimentos da oposición, díxeno ben claro, é a súa obriga. Non estou de acordo coa actitude de Angueira, é máis, pareceume deplorable levantar o pleno dese xeito, canto máis él foi o adalide da loita democrática neste pobo fai anos (non é o meu parecer, falo da imaxe que transmitía, que despois hai que acláralo todo).

A túa batería de preguntas pareceume correcta; a túa actuación no pleno, bueno, tampouco falaches moito e o que dixeches foi o mesmo co resto da oposición. Non poño en dubida a túa laboura nin durante o período que formaches parte do equipo de goberno nin agora; como oposición fas o teu traballo, que é intentar deixar claro o que non o esta. MOI BEN.
Agora, como che digo unha cousa dígoche a outra. No pleno o alcalde respetou o voso turno de intervención sen inmiscuirse, cousa que vos, durante a intervención do alcalde, non respetachedes: falando polo baixo, interrumpindo constantemente, etc…. ¿verdade ou non?

Reiterome no dito, a túa actuación posterior foi lamentable, sobre todo, porque sabes defenderte moi ben sen recurrir a ese teatro.Por último, xa che dixen unha vez que non quero que penses que teño nada persoal contra tí. Respétote como persoa e como político porque entendo que fas o teu traballo, pero iso non implica que teña que pensar coma tí.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-09-2006 a las 19:06

Eu en concreto non interrompín nunca ao alcalde nin falei polo baixo cando se debateron os asuntos do pleno. No turnos de rogos e preguntas sí me molesta que o alcalde non deixe rebater as súas contestacións cando dí «falo eu de último e se acabou». Isto non pasou nunca nos sete anos en que estiven no grupo de goberno. Sempre contestei dando datos claros e o máis amplos posibles ás preguntas da oposición. Permitiase logo o debate para que o tema quedase o máis claro posible e contestaba sempre na mesma sesión que se facía a pregunta. Certo é que eu sentíame seguro porque, con acertos e con erros, tiña a concienza tranquila e isto e algo que penso que non sucede co alcalde.
Eu non recurrín a ningún teatro e ao remate do pleno daba voces con sentimento. Ao irse o alcalde quedeime indefenso e sen poder queixarme ante ninguén da súa actitude cobarde. Mira, se para lograr que haxa transparencia e claridade na xestión pública hai que berrar, pois haberá que seguir berrando.
Sei que me respectas coma político e, naturalmente «Aturuxo», eu respéctote coma crítico dunha sesión plenaria na que estivestes de testemuña.

Paspallás · 29-09-2006 a las 23:07

Dixéronme que no pleno houbo varios ex-concelleiros moi atentos que quedaron de pedra coa actitude de Angueira (Enrique Herranz, Fernando «Parracho», Pepe o «setemesino», Ramón «o da viuda», Temperán o pai do cura). Tamén había outros que foron nas listas (Pepe Solla, Suso Lapido, Mayte Tocino, os da garda pretoriana). Menuda lección deu o noso bombeiro-toreiro aos que foron seus compañeiros na corporación

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.