Non estamos no google, pero voltaremos, sonche cousas que pasan

Publicado por Antonio Cortés en

Seguramente vos daríades conta de que esta web desapareceu do google nos últimos días, así buscando por pontecesures (onde apareciamos de primeiros) ou pontecesures.net non aparecemos.

Levaba xa algo de tempo liado mirando porque o GoogleBot, que rastrexa a web e engadea/actualiza a base de datos do buscador, estaba a facer o seu traballo (accedendo a este dominio) nembargantes o Google dicía que a última vez que nos rastrexou foi o 26 de maio. De ahí que non aparecesen os novos contidos. Pero na última actualización do google, simplemente desaparecemos.

� principio pensei que o problema estaba no cambio de servidor, cando o mudamos a DreamHost, logo descartei esto, pero seguiamos sin atopar o que estaba a pasar. Logo plantexeime que o google sancionase a esta páxina, pero non era así, xa que a ferramente Sitemaps de google non mo indicaba.

Tras moito pelexas co wordpress, e revisando o código, e cada un dos plugins (engadidos) da páxina, atopei o problema. O sistema para puntuar as entradas WP-PostRatings 1.01 de Lester Chan tiña o seguinte código para evitar que os buscadores, mentras rastrexaban, puntuasen as entradas:

if (stristr($useragent, $bot) !== false) {
       exit;
}

Ese «Exit», facia que si un buscador accedía á web esta lle devolvía unha páxina sin texto, polo que durante os últimos meses o google estaba a mirar a web e sempre a atopaba valeira, de ahí que ó final desaparecesemos. Cambiei «exit» por «return» (que debería ser o correcto) e xa temos Googlebot papando páxinas e máis páxinas, dentro duns días (máximo un mes) voltaremos a estar no google.

Acabo de ir a páxina do autor deste plugin para ver si estaba correxido e, de non ser así, avisalo e acabo de comprobar que a versión actual xa ten correxido este «problemiña».

Mil disculpas a todos por este erro, e pronto as percuras no google voltarán a estar actualizadas.

Categorías: Sin Categoria

1 comentario

Antonio Cortés · 28-09-2006 a las 17:54

Na lista de cambios (changelog) de este plugin vese que o amañaron na versión 1.03

Version 1.03 (01-07-2006)

* NEW: Total Rating Votes Stats And Total Rating Users Stats Function Added
* FIXED: Ratings Not Working On Physical Pages That Is Integrated Into WordPress
* FIXED: Modified Get Most/Highest Rated Post Function
* FIXED: *Search Bots Unable To Index Site*

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.