Horarios das actividades extraescolares da ANPA do CPI PONTECESURES 2006-2007

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

ANPA CPI PONTECESURES

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2006-2007

PINTURA.-Os luns a partir das 17 horas no Club Xuvenil.

ARTES MARCIAIS.-Os martes a partir das 18,15 horas no Centro Social.

DANZA CLÁSICA E MODERNA. Os martes a partir das 17 horas no Club Xuvenil. A reunión para a formación dos grupos terá lugar o luns 2 de outubro ás 18 horas no propio Club Xuvenil.

GAITA.-Durante outubro as clases terán lugar os martes a partir das 20 horas no Colexio. A partir de novembro as clases serán os venres a partir das 17 horas tamén no Colexio.

BAILE GALEGO.-Os mércores de 17,30 a 18,30 horas (pequenos) e de 19,30 a 20,30 (maiores) no pavillón polideportivo.

PANDEIRETA.-Os mércores de 18,30 a 19,30 horas (pequenos) no pavillón polideportivo e de 20,30 a 21,30 (maiores) no Colexio.

NATACI?N.-Os xoves ás 17,45 horas na Piscina de Padrón.

TEATRO.-Os venres a partir das 17 horas no Centro Social.

Todas estas actividades comezan xa na primeira semana de outubro. Anunciarase oportunamente o comezo da actividade de MANUALIDADES xa que está pendente de concretar a disponibilidade do monitor/a.

Lémbrase que o concello organiza actividades gratuitas de fútbol e de baloncesto. No pavillón haberá información dos horarios concretos destas actividades deportivas.

Pontecesures, 30 de setembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.