Xuntanza da Comisión de Festas de Porto

Publicado por fru en

Como cada ano a finais de setembro os membros da comision de festas de Porto, e colaboradores, reuníronse en casa de Mon «Picafolla» para, sentados arredor da mesa, celebrar o éxito das pasadas festas, empezar a estudiar orzamentos para contratar as próximas do ano 2007, e ver que membros an de formar parte da comision do seguinte ano.

O menu foron uns bichos de patas, e un pouco de carne preparada polo chef Manolo «o alcalde» (nestes tempos separatistas, aspira a ser o primeiro alcalde que teña o concello de Porto…). Excelente a comida, cuñaooooo!!!

Ademais este ano a Comision celebrou e brindou polos 25 anos consecutivos de festas de Porto, que empezaron sendo unha pequena verbena dun día e hoxe son o que son… ¡Feliz 25 aniversario e por outros 25 anos mais, polo menos!

Logo dos postres amenizounos a velada o xefe do «clan dos picas (de Porto)» Sr. Manolo quen nos demostrou que segue tendo a garganta afinada e a punto para cantar dende a «rianxeira» ata o «miudiño miudiño». Parece un rapaz de vinte anos…

(aqui está un man a man entre o sr. Manole e Xoan o Raxado. Se nos puxo a «pel de galiña»…) 

Pero tamén houbo quen se instalou comodamente e disfrutou ó seu xeito da festa, coma se estivese no salón da casa…

Por último, trasladar as gracias a todos os veciños de Pontecesures, empresas colaboradoras, institucións públicas, asociacións que colaboran connosco , e a todos aqueles que acuden a Porto nos días das festas con gañas de pasalo ben… e pedir disculpas polos detalles organizativos que poideros sair mal este ano. A todos gracias!

A Comision de Porto 2006


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.