O Día da Bandeira

Publicado por Antonio Cortés en

Por María Segunda Llerena

Moitas veces os humanos necesitamos amosar públicamente que descendemos dunhas persoas das que nos podemos sentir orgullosos por formar parte da nosa historia persoal e colectiva e que temos unhas raíces. ? por todo eso que quixera expresar a través destas poucas liñas o simbolismo desta bandeira, cousa que eu non chegaba a entender de todo debido á miña curta idade, pero que co paso dos anos sei valorar doutro xeito. E agora, que estamos a piques de que se cumpran os cincuenta anos da publicación do artigo xornalístico que dá pé a este relato, é polo que eu me decidín a contar o que ven a continuación.

Mamá, vouche dar unha alegría!. Mira o que teño aquí!.

Así se expresaba o meu fillo Daniel cando chegou á casa todo cheo de razón polo descubrimento desta anécdota xornalística.

Pois tiña motivos para estalo; porque ademáis de darme unha enorme alegría foi tamén unha grande sorpresa xa que gracias a el puido chegar ás miñas mans algo para que para min é moi entrañable.

Tratábase dun artigo publicado no xornal LA NOCHE o sábado 1 de setembro do ano 1.956 e que asinaba o meu pai, Bernardino LLerena Magariños, co seguinte titular

Historia de una bandera. la regalada por los cesureños de La Habana a la liga Amigos del Carmen

E que, se botamos unha ollada atrás no tempo, nos contaba desta maneira:

Aquel primer domingo de septiembre del año 1.912, los cesureños quedaron gratamente sorprendidos al observar en la procesión de la Virgen del Carmen un nuevo estandarte; una magnífica bandera blanca con franja azul. En una de sus caras un escudo con un puente de tres arcos, castillos en los extremos y cruz al medio. Rodeando al escudo la leyenda: Los cesurenses en La Habana a la Liga Amigos del Carmen. Año 1.912.Al reverso el escudo del Carmelo.

La citada bandera fue traída a España por el presidente de la Sociedad Hijos de Puentecesures en La Habana y apoderado del Muy Ilustre Centro Gallego, don José Llerena Braña, donada por los cesureños residentes en la Perla de Las Antillas. Bendecida por Fray Cortés, natural del Porto y apadrinada por la Srta. Consuelo Temperán, de San Julián y por don Gerardo Magán Magariños de Rúa Nova.

En el acta de donación, suenan los nombres de Bandín, Carrera, Mosquera, Abalo y Llerena , los mismos que más tarde hicieron el donativo para la adquisición del gabinete de Física y Química de la Escuela Graduada, acreditando en lejanas tierras su amor a la patria chica y su devoción a la Virgen del Carmen.

Ya no son jóvenes los que recuerdan el acontecimiento de la llegada de tan bella insignia, como también peinan ya canas los que no han olvidado el esplendor con que se celebraban unas fiestas famosas en toda la comarca ullanesa.

En aquellos años era tanta la devoción a la Virgen del Carmen que el primer domingo de septiembre de cada año, significaba un gran acontecimiento y, allende los mares, después de una misa solemne, el acostumbrado ágape donde se recordaba con nostalgia y cariño el lejano pueblo, y donde con rememoración más de unas pupilas se humedecían, aquí sonaban con e os de caracolas y costeiras salobres los apodos de aquellos bondadosos patrones de la flota de dornas y mecos con fondeadero en el remanso de la Cova, en descanso bien ganado y en honor a lal excelsa Patrona de los Marineros, las tripulaciones de Rabuxe, Manteiga, Miluco, Juan, Moro, Carballo, Miguelón, etc. estallaban en entusiasmo y alegría. La dura vida del Balo y el constante peligro mantenían viva la devoción a la Madre Celestial, cuyo nombre acudía a los labios en los momentos críticos, cuando la tragedia se cernía sobre las débiles embarcaciones.

Asociado al recuerdo de pasados esplendores acude aquel patrón cesureño, curtido por todos los mares, habiendo naufragado en una travesía a America del Sur, pudo contar la aventura después de permanecer varios días a expensas de un madero en pleno Océano Atlántico. En la procesión del Carmen, descalzo y vestido con ropas de agua, iba debajo de la imagen en prueba de acción de gracias a la que por su providencial ayuda salvara la vida.

La fenecida Liga desapareció sin pena ni gloria, contaba en su nómina con lo más selecto del pueblo. La industria, el comercio y marineros colaboraban con entusiasmo para dar realce a estas fiestas que no han desaparecido totalmente gracias a la encomiática labor del Municipio, muy pobremente ayudado por quienes tienen la obligación de hacerlo ampliamente.

A los jóvenes toca trabajar como hicieron sus padres, para devolver a Puentecesures el antiguo auge de unas fiestas que a todos alcanzan por igual y no estaría de más que el gremio de marineros , hoy bastante más numeroso que antaño ?? por la cantidad de transporte fluvial que existe ?? hiciera revivir la Liga o Cofradía del Carmen, y ante la modesta petición de estas mal hilvanadas líneas repetiremos lo que cantó aquel hijo de esta tierra, hoy desaparecido:

Virxen Santa do Carmelo
Vos o podedes remediar
Dándolles Fe e diñeiro
Áos que desean xa
Verte querida e honrada
E diante do teu altar
De rodillas áos teus pés
Darche as gracias e rezar

? este un anaco dun poema escrito por José Llerena Braña e que pertenece ao seu libro RECORDOS DA ALDEA , publicado na Habana alá polos anos vinte.

A bandeira á que se refire este artigo xornalístico sae dende 1.912 en procesión dende a casa dos meus avós, na entrada do Rial, onde é recollida por un grupo de mariñeiros uniformados e, acompañada por unha banda de música, chega ata a Igrexa Parroquial para logo percorrer o peirao de Pontecesures xunto coa imaxen da Virxe do Carme, mentres os valeiros lle renden homenaxe cun abundante disparo de bombas de palenque.

Por todo isto, o lugar de paso que hai entre Portarraxoi e o Rial, por onde se dirixe o desfile mariñeiro , leva o nome de Travesía da bandeira.

Unha vez rematada a procesón procédese a levar de novo a bandeira aos seus depositarios.

Hai que salientar que a franxa azul que atravesa esta bandeira faino de dereita a esquerda, contrariamente ao que estamos acostumados a ver na bandeira de Galicia.

A partires de 1.968, esta festa ten lugar o primeiro domingo de xullo e, actualmente, por motivos de conservación da bandeira,esta foi sustituida na procesión por outra similar, quedando a orixinal presidindo dende o ano 2.000 o Salón de Plenos , co gallo do 75 aniversario da constitución do Concello de Pontecesures.

A parte de todo o anteriormente mencionado, quixera que tamén servise de pequena homenaxe a todos aqueles que tiveron que emigrar e que dende terras lonxanas demostraban o seu amor á terra que os veu nacer, á que algún día agardaban voltar. Moitos non o lograron e nunca máis regresaron xunto a aqueles que con tanta dor se viron obrigados a deixar atrás.

E como conclusión, sería desexable que estas tradicionais festas do Carmen cesureños, pois gardan símbolos e tradicións moi importantes que nunca se deberían de esquecer e confiemos en conservar para as vindeiras xeneracións, tal coma nós as temos recibido dos nosos antergos

:: Diario de Arousa :: 9 Xullo 2006


2 comentarios

MUI?OS · 4-10-2006 a las 15:28

non sabia que tivera tanta historia a bandeira que preside o salón de plenos do noso concello.

UNMAIS · 5-10-2006 a las 08:31

Unha bandeira sempre ten historia

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.