Sabariz envía sus preguntas al alcalde a más de un millar de hogares cesureños

Publicado por Carmen Barreiro en

El concejal de ACP, Luis Ángel Sabariz, envió en las últimas horas a más de un millar de hogares del municipio las preguntas que había presentado al alcalde para su respuesta en el último Pleno, la mayoría de las cuales no tuvieron contestación al decidir el regidor, el nacionalista Luis Álvarez Angueira, levantar la sesión de forma precipitada. El concejal asegura que esta actitud de Angueira le obriga a informar ós veciños do contido das preguntas, que tratan asuntos de interese , como las facturas del gasoil y de comidas y cuestiones laborales.

Pretende así que la población poida comprobar que o alcalde está a facer unha xestión dictatorial, obstruíndo o labor de oposición e fuxindo dos plenos con cobardía . Sabariz aguarda que os dirixentes nacionais do BNG tomen cartas no asunto pois as actitudes do alcalde están perxudicando moito a imaxe da institución . Además critica que la edil de Obras, Maribel Castro, no acudiese al Pleno para dar explicaciones sobre el polígono industrial. De ella dice que non lle gusta dar a cara.

DIARIO DE AROUSA 04/10/2006


12 comentarios

Bécquer II · 4-10-2006 a las 19:44

Por no querer contestar
Sabariz buzonea
Angueira se cabrea
mucho tiene que callar.

kaka-tua · 4-10-2006 a las 19:47

SABARIZ: Sabes coma o noso alcalde vai «contrarestar» os efectos do envio desas preguntas ás casas?
Mira hoxe TVSalnes a partir das 23 h…
O pobo está cheo de papeis… seica hoxe empregados municipais andiveros repartindo á mañan en bares e tablóns de anuncios.
Os temas: «Situacion política actual» e » «polígono industrial»
Esta é a «transparencia do noso Alcalde.
O «pleno» trasladase a tvsalnés, pero só fala él… pois vai estar soiño
A saber a cantidade de mentiras que vas contar…

E mentras a oposición que sigue decidindo si facer mocion de censura… igual acordan facela o 30 de febreiro… que ineptos! Nin para eso valen! Así vos vai!!! E o pobo a «tragar mentiras e a seguir adormecido»…

Tuso · 5-10-2006 a las 00:04

Gracias ao aviso de kaka-tua acabo de ver a entrevista.

Un pequeno resumo, a grandes rasgos, do que eu entendín (podo equivocarme e tamén poden faltar cousas):

-Sobor dos lumes:Non se viron os concelleiros da oposición botando unha man nos lumes (si parece ser que facian burla de non sei que tractor amarelo) e que se adicaron a rirse del.
-No pobo non se percibe ambiente de crispación, so nos membros da oposición, que se alían entre eles para crispar.
-No último pleno non lle deixaban explicarse, así que por non expulsar a ninguén do pleno, que lle parece algo feo, levantouno.
-Insistiu bastante en que non se lle deixa falar, e que eso si que non é democrático.
-Fanlle preguntas con mala intención.
-Tema «seleccion de cuñada»: Parece que ninguén cuestionou os criterios de selección, nen porque se rexeitou a outros candidatos. As críticas so se centran na cuñada.
-Insinuacións de roubo de gasoil: seique foi para os do nautico, para desprazamentos, todo por apoiar o deporte. Volvería a facelo.
-De sabariz tamén dixo, con motivo da carta que lle mandou ó Sr. Quintana, que vivía na idea de sacar cousas na prensa.
-Tamén dixo que non lle pode poñer un funcionario ó seu servicio para poñerlle documentación. Que lle dará todos os papeis que pida a oposición, pero cando se poida.
-Dixo varias veces que lle fan perder o tempo.
-A oposición pretenden bloquear e obstaculizar a xestión do concello.
-Di que se teme que se perdan moitas cousas importantes para o pobo por intereses partidistas (centro de día?, polígono industrial, e de vivendas).
-O do polígono industrial, que vai ser para pequenas empresas e respetuoso co medio ambiente,
-O das vivendas, que non van ser viviendas sociais. (Creo que dixo de protección oficial de inicitiva privada)

E seguro que algunha cousa mais que se me escapa.

Entendo que este comentario non pega moito ca noticia incial, pero non sabía onde metelo. Se eso que o movan os administradores e disculpade as molestias.

Un saúdo.

Paspallás · 5-10-2006 a las 00:30

Pasou Angueira media entrevista falando de Sabariz, pero porque lle vai o monólogo. O debate mátalle a Angueira pero o gasoil non só foi ao Náutico. Sabeo o alcalde, sabeo o presidente do Náutico, sabeo Xurxo Gerpe e sabeo o xefe da gasolinera.
Espero que Tele Salnés invite aos membros da oposición para coñecer a verdade e non esta bazofia contada polo alcalde.
Tamén aquí vimos o «Aló Presidente» do bolivariano Chavez.

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-10-2006 a las 10:06

Estou preparando unha contestación sobre a netrevista do alcalde en TV Salnés. Como aperitivo dígolle ao Sr. Alvarez Angueira que teña a valentía de repetir as cousas que dixo (acusacións, verdades a medias, mentiras, etc..) no pleno que é o verdadeiro foro de debate.
Unha crítica: O alcalde dixo que entorpezco a xestión municipal cos meus escritos e coa miña función de control facéndolle perder o tempo aos traballadores. O informador xuvenil do concello Fran Freiría (membro do BNG), pasouse a maña de onte repartindo polas rúas e establecementos os anuncios sobre a intervención do alcalde na televisión. ¿Qué ten que ver a función dun informador xuvenil con difundir en horas de traballo un anuncio sobre unha entrevista ao alcalde?. ¿Isto non altera a atención aos xoves nese día?. Parece que o único que entorpece os traballos do concello é Sabariz.
Como concelleiro e como veciño de Pontecesures considero que é moi triste que se utilicen ós traballadores deste xeito. Se no futuro vou eu a Tele Salnés coma concelleiro. ¿Permitiría o alcalde que Fran Freiria colocase os anuncios da entrevista?. ¿Que opinades os internautas?

Tuso · 5-10-2006 a las 10:43

Home, non o teño claro, pero a min dame a impresión de que non 🙂
Tamén habería que saber se no caso de que o permitira, ese informador xuvenil os repartiría igual, porque non creo que entre dentro das suas obrigas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-10-2006 a las 12:13

Tamén a policia local «Tuso» participou na distribución dos anuncios da entrevista do alcalde en TV Salnés. Xa non chegaba o informador xuvenil Fran Freiría senón que tamén participou a policía. O mércores o reparto foi masivo. Vouche contar unha anécdota: Pola tarde en algunhas mesas da biblioteca apareceron colocados os anuncios para que os usuarios se enterasen da nova da entrevista. Isto nunca ocorreu e podes apreciar como o alcalde reforza o aparello de propaganda. Utiliza ao persoal e aproveitase das instalacións. Por suposto ao Sr. Alvarez Angueira sáelle de balde e pagamos todos nós.

Tiroliro II · 6-10-2006 a las 20:29

Despois todos estos do BNG falaban de que Piñeiro Ares utilizaba a Elías e outros traballadores para facerlle campaña. ¡O qué faltaba! un membro da garda pretoriana (o fenómeno do BNG que acertou 24 de 25 preguntas para entrar no concello con Margarita «a Juliana» no tribunal) colocando pasquines polas rúas en horas de traballo.
Sentoulle mal a Angueira o buzoneo de Sabariz e a Pepe o da gasolinera peor. Vaia repostaxe na noite de fin de ano co Patrol avariado. Ese noite non hai regatas nin entrenos do Náutico. Non irían correr a San Silvestre Vallecana…..JO, JO, JO….

Paspallás · 7-10-2006 a las 00:13

Isto de poñer os panfletos da entrevista nas mesas da biblioteca onde van nenos e adolescentes será para educar aos cativos. Así de maiores serán moi listos e contestaran tan ben como fixo Fran o da garda pretoriana cando se examinou para informador xuvenil. Bueno, tamén terán que ter no tribunal a Margarita a de Xulián.

kaka-tua · 7-10-2006 a las 17:47

Tiroliro, moi boa a tua opinion: eu añadiría 2 cousas, se me permites…

– Que mais dunha vez Molulo e Parracho denunciaran que si os Maneles traballaban en horas de traballo na finca de Piñeiro… que si Elias era o seu chofer particular. Ahhh, sen olvidar o carrexamento de votos á hora de votar. Cantas veces o tiñan denunciado os do BNG… e agora isto (trankilos que o carrexamento é para maio).

– E añadiría tamen, que coma é posible que o noso defensor da lei, o famoso «llanero solitario» Sabariz, cando entrou ese membro da «garda pretoriana» él non estivera velando pola limpeza da selección (¿24 de 25 preguntas? Impresionante). ¿Ou era que non importaba pois non optaba familiar algun ó posto? ¿Ou peor, ia dentro do pacto de goberno a contratación do Tacón? Non recordo denuncia tua, é mais, parecia que aceptaras o proceso sen mais… ¡¡¡Como te golearon Sabariz!!!

PD: Lastima que con esto do anonimato non poidamos algún día falar de política Tiroliro, pois vexo en ti un posible bo contertulio, e diante dun viño, charlar sobre o pasado o presente e o futuro do noso pobo. ¿Quizais para xuño 2007?.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-10-2006 a las 19:03

Reitero «kaka-tua» que este «llanero solitario» non participou para nada cando foi seleccionado o informador xuvenil Fran Freiria. ¿Por qué?. Pois porque presentouse a miña dona e por razóns de parentesco non tiven nada que ver coa proba que se fixo nin coa súa cualificación. Sei que puxeron, segundo me dixo a miña dona, un exame de 25 preguntas de resposta curta. Nin mirei despois os exames (esa mañá nin fun á Casa do Concello) e confiei, por suposto, en todo o proceso seguido.
Días máis tarde entereime por fóra do tema dos 24 acertos de 25 preguntas, que nin sei se é exacto.
Non teño razón alguna para dubidar sobre a limpeza do proceso. Confío, «kaka-tua» en que non me golearan e pouco máis podo dicir. Sería inxusto que agora despois de tanto tempo sementase dúbidas sen ter outros datos.

Paspallás · 8-10-2006 a las 01:34

non entendo porque criticades a Fran Tacón, pois eu participo da súa amizade e podo dicir que é un home de moitas luces.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.