O PP volve atopar no PSOE o escollo para unha moción de censura en Pontecesures

Publicado por Antonio Cortés en

A pantasma dunha moción de censura volve a planear por Pontecesures. O renovación da dirección na agrupación local do Partido Popular e as últimas controversias vividas no Concello, en relación ás facturas do gasóleo ou o parque empresarial, levaron aos grupos da oposición a retomar esta posibilidade con novos pulos. Nos últimos días, o PP volveu petar á porta de ACP e o PSOE pero, unha vez máis, os principais problemas xorden á hora de buscar alianzas co socialista ?scar Gerpe. E non é porque el non queira. Onte era claro á hora de falar do asunto. «A moción de censura sería desexable, pero é moi difícil», sinalou sen querer entrar a máis detalles.

Pero a ninguén se lle escapa que o problema está máis no seo do partido que en el mesmo. A dirección do PSdeG non autorizaría un pacto cos populares e, polo tanto, Gerpe vese suxeito pola disciplina de partido a pesares de que considera que en Pontecesures dáse un caso excepcional que require da formación dun goberno alternativo.

Así as cousas, a moción de censura do PP parece que se vai quedar, unha vez máis, en intento e o bipartito formado polo BNG e IP seguirá gobernando en minoría a oito meses das eleccións municipais. En todo caso, a súa capacidade de manobra e nula pois a oposición está facendo valer a súa maioría na política municipal. O último exemplo veuse a conta do polígono industrial.

:: La Voz de Galicia ::


6 comentarios

Tilán · 11-10-2006 a las 11:30

Coma si de unha premonición se tratara,onte o dixen, e hoxe ratifícase, que pena, OSCAR creo que te entendo, é dificil, rompe as vestiduras e non seas cobarde, a Aldea por riba de todo.

Auténtico Socialista · 11-10-2006 a las 16:47

Animo Oscar, pasa de esos socialistas teóricos de Cesures y da el paso. Los socialistas de verdad no debemos aguantar ni un minuto más a un alcalde tan dictador.

Tiroliro II · 11-10-2006 a las 19:16

Xa esta corrido polo pobo que hai unha pugna entre os socialistas históricos capitaneados por Oscar Gerpe, que son partidarios da moción de censura (este Auténtico Socialista podería ser un deles) e os socialistas teóricos, tamén chamados socialistas da Prazuela, capitaneados por Daniel Chenlo, que non queren a moción. Os primeiros son maioría pero non hai nada claro. No PSOE de Cesures xa son poucos, e agora mal avenidos.

A xente está cansada · 11-10-2006 a las 22:53

Deixade irmáns desta aldea global de ver o football e intentemos aclarar posicións; problema número 1: Quen vai a ser o alcalde que se propoña na moción de censura.(Algún dos concelleiros do pp, UMMMMM, non hai estilo, dijo eu, non sei.

Oscar, é el só, non hai máis, en proporción non lle correspondería, pero bueno, tíos do pp, se fai falla que sea OSCAR ó mellor decídese a dar o paso. ¿Don Luis Angel Sabariz? ó mellor non quere, ¿quén sabe?, pero é que ó mellor tamén é un xeito de que don Oscar pacte, así non lle da a Alcaldía a un membro do PP, estos matices son importantes á hora de facer estas cousas. Outra combinación, Oscar non e dona Maribel Sí, ó mellor con un bo pacto, accede e da o apoio á moción, supoño que sendo a Alcaldesa proposta en dita moción. (ESTO SÍ QUE ? UN GUI?N DE GUI?OL E NON O DE ALMODOVAR).

Bueno, entonces, en que quedamos, OSCAR, mea culpa, mea culpa, mea máxima culpa, ou non, esto da moción decídese en quente, senon nada, hai que cenar, tomar un bo viño, reflexionar e actuar, non creo que sea para tanto, que che pode pasar, que te expulsen do partido por desacato, non creo que dependas do partido para comer, digo eu. Entón para que estamos na política do pobo, ¿para qué?, para facer o que digan dende a cúpula sen máis, se é así mal rollo, porque eso é nada, eso non ten sustancia.

Temos na aldea a un tío que fai o que lle da a gana,e nos consentimolo, vale. A verdade e que o do pacto é complicado, porque, unha vez máis,¿quén sería o alcalde proposto?, que pena, agora deixando a sorna, … que tristeza, que pena, mirade que se fixo burla da oposición, pero burla, non só unha vez, nin dúas, pero e que se non funcionan os mecanismos legais previstos para estes tipos de situacións, é mellor marcharse, sabedes todos a que invita esto, a pasar, a pasar, cando a xente non vai votar é por estas cousas, por estas cousas que os que están en política, non sei por cal razón, o estropean todo, en vez de facelo sinxelo,claro, sen voltas, parece que se transforman, e non hai quén os entenda, ¿por que razón complicades esta historia? doctor, cando tes un paciente enfermo o obxectivo é curalo, ¿Non?, pois esta e unha situación semellante, na nosa aldea temos un problema e hai que solucionalo, ¿a que esperades? Non vos chegou o do último Pleno, ou preferides velo repetido en Salnés-Barbanza. ? que non ten sentido. Hai que mover ficha señores, e se non o fan vostedes, logo non nos queixemos de que se presenten seis candidaturas a Alcaldía, lóxico, chegará o momento en que, cada quén defenda o seu, ou pase de todo.

Vaticanista · 12-10-2006 a las 11:06

A Santa Sede tamén apoia a moción de censura, segundo dixo ó Arcebispo cando veu á primeira misa de don Arturo e foi informado puntualmente sobre o que estaba a pasar.

Tilán · 12-10-2006 a las 22:49

Non hai ruido de sables, Oscar, queeee, ¿»pacta sun servanda»? ou ¿Rebus sic stantibus? conclusión ou moraleja: «NON TOCALLO NON MENEALLO» . Alá tí.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.