Un coche con tres ocupantes precipítase ao río Ulla nesta madrugada no peirao de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás dúas da madrugada do día de hoxe o Golf GTI de tres portas guiado por un xoven de 19 anos de O Forno-Cordeiro (Valga) precipitouse ao río á altura da rampla nº 6 do peirao cando viña dende a rúa Calera con dirección á ponte ramana. O conductor, na curva onde esta a caseta que utilizaban os Valeiros de Porto, perdeu o control do vehículo e despois de colisionar contra o lateral do muro de formigón xusto ao comezo do mesmo, caeu ao río coa marea mediada.

Por efectos da colisionar o coche entrou xa no auga coa porta do copiloto aberta e por ela saíron de inmediato o copiloto (veciño de Padrón) e o conductor que subiron ao teito do vehículo. Tiveron problemas para sacar ao terceiro ocupante (veciño de Brión) dos asentos traseiros que tragou auga e que foi reanimado polos seus compañeiros e por outra persoa que se lanzou ao río dende o peirao. Os catro saíron andando (aínda que con dificultades, facíase pé) preto do muro do peirao pola rampla nº 5. O conductor e o copiloto saíron ilesos, mentres que o veciño de Brión que ía non asentos traseiros está ingresado no Hospital Clínico de Santiago.

No accidente prestaron servizos membros de Protección Civil de Pontecesures, mentres que as dilixencias foron realizadas pola Garda Civil de Tráfico.

Nesta tarde, coa baixamar, esta previsto que unha grúa retire o vehículo do río.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.