Nota da ACP sobre o pleno de mañá

Publicado por Antonio Cortés en

Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)

Mañá mércores ás 20,30 haberá Pleno ordinario coa seguinte Orde do Día: 1-Actas anteriores; 2-Resolucións da alcaldía. Dar conta.; 3-Informes da presidencia; 4-Rogos e preguntas.

Este grupo quere salientar que dende febreiro de 2006 só se levou por parte do grupo de goberno aos plenos ordinarios (xa van sete con éste) un único asunto para adoptar acordos.. Foron aprobadas, eso sí, varias mocións presentadas pola oposición (EDAR, ferrocarril, petición de un tractor de usos múltiples, etc..). Levar un asunto para aprobar en sete plenos e un triste récord de ineficacia do equipo de goberno. Para que logo digan que a oposición só pon zancadillas.

Esta agrupación presenta unha relación de preguntas ao alcalde que se enganden as 20 pendentes de contestar na sesión ordinaria de setembro pasado cando o presidente levantou a sesión sen respostar as mesmas. Son as seguintes:

PREGUNTA Nº 21:
Na sesión de 28-06-06 manifestou vostede que se levaban, apuntándolle o consumo ao Patrol, garrafas de gasoil para o Dumper cando éste non circulou nunca en 2005 e estivo parado na nave-almacén. ¿Cómo é posibel isto?. ¿Cometería vostede un erro ao respostar?

PREGUNTA Nº 22:
Tamén vostede explicou na mesma sesión que as veces se apuntou gasoil ao Patrol de obras pero que era en realidade gasolina . ¿Quén cargou esa gasolina?. ¿A qué servizos se adica? ¿Cómo é posibel que se poña nos tickets da estación de servizo gasoil, co prezo deste combustible, e se leve en garrafas gasolina?..

PREGUNTA Nº 23:
Afirma vostede que as veces o gasoil se imputaba ao Patrol pero saía en garrafas. ¿Por qué nuns tickets da estación de servizo figura claramente a inscrición??GARRAFAS?cando se sirve gasolina ou incluso ??HORMIGONERA? que leva este mesmo combustible e nos casos que comenta vostede aparece a matrícula do Patrol?.

PREGUNTA Nº 24:
Se vostede confirma que as veces saía o gasoil en garrafas e se apuntaba no ticket ao Patrol; se noutras cargábase gasoil no tractor privado do traballador Alejandro Iglesias Magán e tamén se apuntaba a matrícula do Patrol por parte da estación de servizo e se, por último, se cargaba gasolina noutras ocasións en garrafas con cargo ao Patrol ( e poñendose nos documentos gasoil en lugar de gasolina), estimo que todo isto xa non pode entenderse como un erro. ¿Quén lle dou as ordes aos responsables da estación de servicio de para que emitiran os tickets do gasoil poñendo a matrícula do Patrol en lugar do termo ??garrafas? ou as verdadeiras matrículas dos vehículos que efectuaron as repostaxes? ¿Por qué a estación de servizo nos tickets pon litros do gasoil co seu prezo e logo en realidade se leva gasolina en garrafas?¿ Por qué os tickets teñen esas irregularidades e non se axustan á realidade?

PREGUNTA Nº 25:
Houbo en setembro un remonte polo río Ulla para potenciar a Ruta Xacobea Mar de Arousa-Ulla ao que convidou vostede ao Director Xeral de Turismo ao Xerente da S.A. de Xestión do Plan do Xacobeo e aos alcaldes ou representantes dos concellos que pertencen a Ruta rematando os actos cun xantar no edificio do Alfolí. ¿Por qué non foron convidados os membros da oposición a estes actos como representantes dos veciños?.

PREGUNTA Nº 26:
Hai uns días presentouse no Club Náutico, por responsables da Dirección Xeral de Deportes o proxecto de reforma do edificio sendo convidados directivos e pais/nais dos palistas. ¿Por qué non se lle explicou o proxecto aos membros da oposición? Por certo: ¿Solicitou a Dirección Xeral de Deportes a licenza urbanística para realizar a obra de reforma?.

PREGUNTA Nº 27:
Anunciou vostede a realización de obras por 100.000 ? por parte da Consellería de Medio Rural e non figura entre as mesmas o ancheamento do acceso á Toxa. ¿Será financiada esta actuación básica por dita Consellería aumentando a cantidade a investir en Pontecesures?.

Pontecesures, 23 de outubro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.


7 comentarios

Castro de Cesures · 24-10-2006 a las 18:51

Pues habrá que ir al pleno. Se cruzan apuestas para acertar en qué pregunta levantará la sesión el alcalde. El que no va a ir ni de coña es Pepe el de la gasolinera.
Para el próximo carnaval la peña de Freiría, el panadero de Cordeiro, el Ché y otros tienen un disfraz cojonudo. Unos de surtidores con la manguera, otros con las garrafas, otros con el chimpín escarallado, el tractor de Grobas. Primer premio de TAC?N.

Flor · 24-10-2006 a las 20:54

Pues yo no puedo ir mañana. Que pena. Haber si nos hace luego la crónica Aturuxo que estuvo en el último pleno según afirmó cuando valoró a los líderes. Si señor y nombró a Baliñas la figura de la noche en su cara a cara con Sabariz cuando discutían del polígono. Quizá sea el caballero de Infesta (ya sin cruz) una figura emergente del nacionalismo. Lo que pasa que en lo del gasoil no creo que ande fino y no se quiere quedar con el muerto.

Tilán · 25-10-2006 a las 07:48

ISTO VAI A MAIS… ? INDIGNO NIN SE LLE ESCOITA. HOXE NA PRENSA PODESE LER » Sabariz mantén a posición de líder á hora de criticar a actuación do bipartito, en particular da alcaldía, de xeito que rara é a semana que non presenta varias iniciativas»… SR RANDULFE ¿ten vostede falta de un lider? ahí o tén, non llelo digo eu, lo dice la prensa, e vostede SR RANDULFE, sabeo que parvo non é…. BO DÍA.

Tilán · 26-10-2006 a las 00:01

Bueno, Bueno, Bueno, a pena e que, o que aquí escribo non se escoitara ou souvera nesta Aldea,l. Non me extraña que a xente pase da política, é lóxico, é lóxico. E que non pode ser; ben dí ALMODOVAR, noutra entrada, … OSCAR… OSCAR, SI HAI ALGU?N DO PSOE QUE LEA ESTO, por favor que lle lo diga a don Oscar, Oscar Bueno y Mártir, ¿a quén te debes? NON DIGAS NOS PLENOS: «ALCALDE VOSTEDE ? UN DICTADOR, ESTABLEZCA DEBATE, DEBATE, ? VOSTEDE UN DICTADOR»….. OSCAR DEIXATE DE PAXARADAS DEIXATE DE PAXARADAS, O «indigno» é dictador porque ti o consintes. PUNTO. OSCAR CUENTERO, CUENTERO, ¿QUE MIEDOS TIENES?.
DEARS INTERNAUTAS, é unha pena que non acudades ós Plenos, porque una cosa es que te lo cuenten, y otra es verlos o estar en el lugar.
O INDIGNO, sinceramente é a … é o JEFE, despois criticou ó difunto PEPÍN, éste éra un explosivo de mala hostia, pero o que temos agora é un SATANÁS, é un SATANÁS, vinde ós PLENOS. é unha verjonsa, e estudiou filosofía, vai a peseo INDIGNO, vai a paseo, tes sorte de que a ALDEA evolucionara tanto, noutro tempo co que estás facendo INDIGNO, tiñas a integridade física, DESINTEGRADA, tés sorte, a xente evolucionou, para que despois digan que na festa de porto aínda andan a hostias, ahora xa nin eso hai. ¡¡¡¡QUE SORTE TES INDIGNO!!!… TEMPO, A T?A ACTUACI?N LEVARA TEMPO DESCUBRILA ?S OLLOS DA XENTE BOA, PERO CHEGARÁ O DÍA; INDIGNO, INDIGNO, non se pode tratar así ós concelleiros, e que… VECI?OS DA WEB «PLEASE, FOR THE NEXT PLENO» ACUDIDE TODOS. non o vexades por Telesalnés, NON, por favor en directo, xa veredes… DE VERJONSA, morreu UN e quedou OUTRO pero peor, ? O QUE FALTABA…..Ata mañán.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-10-2006 a las 10:43

Foi realmente escandalosa a actitude do alcalde no pleno. Non respostou a varias preguntas pero é que, ademáis, cando o fixo ou contestou a cuestións distintas das preguntadas ou facía acusacións aos interpelantes. Co estilo dos dictadores non permitiu rebater as súas respostas non deixando falar.
Sentime completamente indefenso e pregeille en varias ocasións a voces (non me quedaba outro remedio)que me deixase falar, que o pobo quere escoitar a voz dos seus representantes, que o que dicía non era certo e que llo iá demostrar, etc..
Non hubo maneira, as súas frases máis utilizadas foron: Aquí só podo falar eu repostando e non intervén ninguén máis, Sabariz, non pode falar, esta advertido de expulsión, cálese que non ten a palabra, etc..
Póñovos só dous exemplos (senón o comentario sería interminable): 1) Non quiso contestar con quen comeu en varias ocasións a conta do concello e dixo que eu tamén comera con acompañantes e non dixera nada. Isto é falso, quixen respostar por alusións e non me deixou. Dicia que pasaba a seguinte pregunta e impidou que eu me explicara amenazando continuamente con expulsarme ou con levantar a sesión. 2) Minteu ao respostar que non sabía nada da avaría da fotocopiadora da parte alta da casa do concello. Hai máis de tres meses ordeou a Xurxo Gerpe que a desconectara par impedir que os concelleiros poidéramos utilizar a máquina. Eu díxenlle que o propio Xurxo que estaba no salón manifestou que desconectou a fotocopiadora seguindo ordes do alcalde. Tiven que facelo a voces porque non me deixaban falar tratando o alcalde de que ninguén me escoitase pasando á seguinte pregunta.
Por suposto, non respostou ningunha pregunta do gasoil e ainda que non sexa positivo xudicializar a vida municipal non queda máis remedio que acudir ao Xulgado para descobrir todo o que pasou.
A prepotencia e as actitudes antidemocráticas do alcalde son incribles nos tempos que vivimos. A falla de respecto cos dereitos dos concelleiros é total. Non soporta a labor da aposición e cando non entra no debate e porque ten moito que agochar.
Dende logo esta actitude dun titulado universitario que tanto falaba de democracia e de progresismo é unha decepción moi grande para todos. Que o BNG consinta isto tamén resulta patético.

Flor · 26-10-2006 a las 19:08

Bueno esto ya es pasarse de dictador Señor Alcalde. Me comentaron la continua provocación y chulería de esos dos de la guardia pretoriana despues del pleno. Lo del firmante de los tickets del combustible, Xurxo Gerpe, es increíble. Entre cabreo, risa y tensión tiene un gesto agresivo y desencajado desde hace tiempo. Cuando declare ante el juez ya veremos la chulería donde queda….

Vaticanista · 26-10-2006 a las 21:57

Sabariz. Benaventurados os que teñen fame e sede de xustiza, porque eles seran saciados nas eleccións de maio de 2007

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.