O pleno de hoxe en Pontecesures deixa patente o enquistamento da xestión municipal

Publicado por Antonio Cortés en

Pontecesures celebra hoxe (20.30 horas) un pleno ordinario que, coma os seis anteriores, chega baleiro de contido. Na orde do día só se inclúen cuestións de trámite (actas anteriores, resolucións da alcaldía, informes de presidencia e rogos e preguntas) o que deixa patente o enquistamento no que está sumida a xestión municipal.

O goberno local, BNG-IP, está en minoría e afronta unha tesitura política na que os grupos da oposición case non lle deixan capacidade de manobra.

O portavoz da ACP, Luís Sabariz, facía onte fincapé neste feito. «Levar un asunto para aprobar en sete plenos é un triste marca de ineficacia do equipo de goberno. Para que logo digan que a oposición só pon zancadillas», subliñou.

Iniciativas de Sabariz

O concelleiro independente aproveitará a ocasión para volver a tratar de fiscalizar ao goberno en relación a cuestións coma o gasto en facturas do gasóleo. E lembra que quedaron outras vinte preguntas pendentes de contestar na sesión ordinaria de setembro, que o alcalde levantou antes de darlle resposta ás mesmas.

Sabariz mantén a posición de líder á hora de criticar a actuación do bipartito, en particular da alcaldía, de xeito que rara é a semana que non presenta varias iniciativas. Así por exemplo, nos últimos días denunciou a acumulación de lixo nos colectores, a falla de limpeza de pintadas e dou conta das súas críticas sobre a actuación do goberno local no que afecta ao obradoiro de emprego.

Tamén se felicitou pola retirada da cruz de pedra colocada en Infesta, que el solicitara previamente.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.