O equipo de futbol sá do Pontecesures C.F. Non puntuou na súa visita á Laracha

Publicado por fru en

Pontecesures C.F.

Continua o equipo de futbol sá de cesureño adaptándose a esta nova competición na que acaba de comenzar a competir. Se no primeiro partido celebrado na casa perdera por un claro 1 – 4, logo de chegar ó descanso 0 -1 diante dun equipo de Boiro moito mais rodado na categoria; este pasado sábado perdeu  por 3 a 4 na súa primeira visita a domicilio faltando menos dun minuto, e cando se estaba sufindo por aguantar o empate a 3 co que se chegara ós últimos minutos do encontro. Pero cando o reloxio decía que quedaban segundos un último gol dos locais impediu acadar o premio do primeiro punto nesta competicion.

Dende aquí sorte ós rapaces de Marcos «Pichi» e citar á afección deste deporte para un novo encontro este vindeiro sábado día 3 a partires das 17 h. da tarde, para que acudan a animar en busca da primeira victoria do equipo.

Categorías: Ulla C.F

8 comentarios

choky · 30-10-2006 a las 19:55

Hai q ir animar o noso equipo poque o merecen e haber se ganamos a0 1º partido para celebralo porque o pontecesures c.f. e o deporte mais transitado de cesures e decir o mellor deporte .De verdade e porfavor q alguen me conteste gracias o pontecesures c.f cesures dase a conocer por toda galicia

fru · 30-10-2006 a las 23:46

CHOKY A que che hai que contestar, que non queda moi clara a tua pregunta?
Esa expresion linguística, esa sintase e esa semántica, que logo e a profe a que nos ten manía!!! 😉
Sobre o deporte, tanto o futbol, coma o piraguismo, as motos de trial e o baloncesto, estes 4 deportes levan o nomne do noso pobo por alá onde compiten, e o que é importante é que os rapaces/as que vindes por atrás sigades practicando o que vos guste.

choky · 31-10-2006 a las 20:34

fru, que aqui pesei que ningue le esto pero e verdade que si q contestan bueno maña xogan os cadetes do cesures as once no monte de porto co recesende asistide e moi interesante

choky · 31-10-2006 a las 20:36

a e sobre os deportes que nos representan por onde van ese e o pontecesures vale

fru · 31-10-2006 a las 23:48

Como podes pensar que ninguén lee esto, choquiño?
Si miras as estadisticas da páxina diarias en:
http://www.pontecesures.net/statistics
verás que mais de 200 ordenadores se conectan cada día.
Así que anima a teu pai a que poña un anuncio da mellor empanada do mundo (a de choco) que fai Sagrario, inda que a de zamburiñas tampouco está mal. 😉
Choquiño, tes que encargarte de poñer cada luns os resultados dos equipos de futbol, coma eu puxen os de basket. Veña anímate a colaborar ca páxina, pois falar de deporte tamén é interesante!!!

diegojm · 20-12-2006 a las 13:27

choky ten razon porque o equipo de futbol sala non gaña ni un só partido e ai que animalos máis ainda aer se suman os seus primeiros puntos na liga, que van de últimos

tik-tak · 20-12-2006 a las 17:52

Estimados amigos/as:

Quero facer un comunicado sobre o noso equipo de futbol sala de pontecesures.

Este sabado na nosa localidade o noso equipo de futbol sala vai xogar o seu ultimo pardito de este ano tan irregular por no decir malo (pero antetodo con moito respecto e parecio a eses xovenes que estan facendo o posible x gañar). QUERO E DESEXO QUE AXENTE DO NOSO POBO ASISTA A ESTE CITADO ENCONTRO QUE SE DISPUTARA AS 19:30 NO PABILLON DEPORTIDO DE PONTECESURES. (CHAMADO DESDE O DIA 23/12/06 A BOMBONERA X QUE SEI QUE NON VAN GA�ARNOS NI _____) ANIMO RAPACES QUE VADES GA�AR MOITOS PARTIDOS. FIRMA O TIK-TAK

fru · 20-12-2006 a las 18:07

Sumome a este comunicado e teño pensado achegarme a animar. O rival sei que é o Concello de Paderne.
Tamén decir que problemas técnicos me impiden poñer novas entradas dende hai 10 dias, así que por eso non podo poñer nada de deportes.
E que teñan coidado os de Paderne que o «mister Marcos Pichi» ademais de dirixar, xa golea de 4 en 4 nada menos… 🙂
Sorte e ánimo!!!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.