Comezou a instalarse o novo alumeado do campo de fútbol. A ACP denuncia varias deficiencias no recinto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Con satisfacción recibe esta agrupación a nova de que a empresa Doselco Electricidade comezou, por fin, as obras para instalar as novas columnas de alumeado do campo de fútbol ??Ramón Diéguez? que están valoradas en 11.008,40 ? e que foron adxudicadas hai nada menos que 10 meses.

Fíxose necesario facer unha obra por parte de Unión Fenosa de aumento de potencia colocando un transformador na subida ao Monte de Porto que tivo un importe de 13.659,21 ? que tivo que sufragar o concello na súa maior parte (a Consellería de Xustiza aportou 4.500 ? ao abeiro da Orde de 23-02-06 coñecéndose esta subvención en xullo pasado).

O que non entende esta agrupación é o retraso que sofre esta obra. Se o concello tivo que sufragar o importe de 9.159,21 ? con cargo aos seus gastos correntes para abonar a obra de Unión-Fenosa ¿Por qué houbo que esperar varios meses para executar a obra de aumento de potencia?. ¿Por qué se prexudica aos usuarios do campo de fútbol con estes retrasos sen sentido?.

Tamén falando do campo de fútbol, resulta inconcebible que rematado a novo muro lateral na parte lindante coas vivendas de protección oficial pública, se esté a colocar a rede vella, arrugada e deteriorada do muro antigo (ata ten buratos). Os veciños se queixan por este feito e resulta desolador apreciar a vella rede por enriba do muro novo. Incluso algún veciño tratou de denunciar a situación no derradeiro pleno (varios concelleiros xa expuxeron a deficiencia na sesión). Solicítase así que se instale unha rede nova.

Tamén polo interior do campo se aprecian grandes ocos lindantes co novo muro de contención xa que coas choivas cólase moita terra polo propio muro. Precisase corrixir esta deficiencia canto antes para evitar riscos aos usuarios do campo.
Para rematar, é necesario que se instale o antes posible unha porta no novo muro cunha esqueira ata a pista do exterior como había antes. Trátase dunha cuestión básica par que se recollan os balóns que saen do recinto en encontros oficiais e nas sesións de entreno.

Pontecesures, 30 de outubro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


3 comentarios

futbolero · 31-10-2006 a las 10:59

Esta ben iso de que se arregle o campo de futbol pero deberiase disfrutar de estes espacios de valde e individualmente pedindo unha cita no concello por se queres xogar unha pachanga cos teus amigos dun xeito informal. Segue sendo dificultuso e caro practicar deporte en pontecesures se non estas nalgun equipo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-10-2006 a las 11:26

Asi como no pavillón esta establecida unha taxa de 6.01 ? hora (quedan poucas horas libres polos entrenos e partidos dos clubes de baloncesto e de fútbol-sala) no campo de fútbol «Ramón Diéguez» non hai establecida taxa algunha. Está a ser utilizada a instalación polo Pontecesures C.F. e polo «Joyería Riveiro» de fútbol veterano.
Para solicitar a instalación có fin de xogar puntualmente algunha «pachanga» informal entre amigos fóra das horas de utilización por estes clubes o propio e que te dirixas á concellería de deportes.

Pernanbucano · 31-10-2006 a las 16:41

Moi ben o Sabariz porque está en todo. Parece o tablón de anuncios da vila.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.