O Plan de Prevención convoca o concurso «O segredo da boa vida» para alumnos de Primaria

Publicado por Antonio Cortés en

O Plan de Prevención das Drogodependencias no que participan os concellos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rois e Valga está distribuíndo máis de 600 axendas escolares entre o alumnado de quinto e sexto de Primaria e de primeiro curso da ESO.

Esas axendas recollen numerosos consellos e informacións sobre as drogas, e tamén actividades orientadas a reforzar as habilidades sociais positivas. Xunto a todo iso ven un disco compacto que inclúe o xogo O segredo da boa vida , que está destinado aos alumnos de quinto e sexto curso de Primaria.

A misión dos xogadores é atopar e dar continuidade ao misterio mellor gardado da historia, que non é outro que o segredo da boa vida. Para iso teñen que viaxar virtualmente por toda España e completar a aventura que atoparán en cada estación. Así poderán desvelar o segredo e coñecer ao seu creador, Ventura Buenavida.

O deseño do xogo está orientado ao adestramento de habilidades sociais e a dar resposta sobre como actuar fronte á presión do grupo.

Os participantes concursarán primeiro nunha fase galega e o gañador viaxará a Madrid para optar ao gran premio final.

Ao mesmo tempo, o Plan de Prevención está impartindo obradoiros de habilidades sociais, que constan de dez sesións. Neste caso os destinatarios son alumnos de sexto de Primaria.

Tamén se están organizando, e con unha gran acollida, talleres destinados aos pais dos alumnos de quinto e sexto curso. Durante catro sesións trabállanse temas como a baixa comunicación familiar, a disciplina ou a autoestima.

:: La Voz de Galicia :: Arousa :: Ed. Impresa


1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-11-2006 a las 22:09

Están moi ben as iniciativas deste plan. Foron moi interesantes as charlas da escola de pais que tiveron lugar para os pais/nais dos nenos/as de 5ª e 6ª de primaria do CPI Pontecesures durante catro tardes-noites no centro. A miña gran decepción como presidente da ANPA e que só asistiron 4 ou 5 nais. Isto debe facernos recapacitar sobre o interese pola educación dos nosos fillos.
Quero agradecer a Manolo Isorna, que é o encargado de impartir as charlas, o seu traballo e dedicación.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.