Preocupación da ACP sobre as agrupacións das secretarías dos Xulgados de Paz.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Hai mes e medio o concello de Pontecesures enviou á Dirección Xeral de Xustiza un informe consensuado por tódalas forzas políticas en relación có Proxecto de Decreto da Agrupación de Secretarías de Xulgados de Paz de Galicia no que estaba prevista unha agrupación das secretarias dos xulgados de paz de Valga e Pontecesures con centro de destino no primeiro dos municipios por teren maior poboación.

No informe fixemos alegacións considerando que non precisabamos agrupación algunha e que, en todo caso, o criterio de maior poboación non é o máis axeitado solicitando que se teñan en conta outros aspectos como o número de expedientes que se tramitan en cada xulgado, o índice de natalidade, o número de vivendas construídas nos últimos anos, a poboación máis concentradam, etc..

Este concelleiro púxose en contacto o venres 3 de novembro có Subdirector Xeral de Ralacións e Recursos Humanos da Administración de Xustiza e todavía non se coñece a decisión da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sobre estas agrupaciones. Como foi solicitado no seu día nas reunións que mantivemos os grupos, pregouselle mediante escrito presentado o sábado día 4 de novembro ao alcalde por parte do representante da ACP que, pola importancia do tema, se solicite unha entrevista en dita Consellería para que unha representación municipal formada por tódalas forzas explique a postura unánime do concello neste asunto.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.