Sabariz denuncia perante Traballo a «discriminación política» da súa cuñada

Publicado por Antonio Cortés en

O concelleiro da Agrupación Cidadá de Pontecesures, Luís Ángel Sabariz, segue coa súa estratexia de denunciar ante as distintas consellerías o que non dubida en cualificar como «irregularidades» na xestión do goberno local de Cesures.

Neste caso é ante a delegación provincial de Traballo e a conta da contratación dunha conserxe para o Concello. Sabariz presenta un amplo informe, froito dunha ardua investigación, no que se detallan os pormenores dese proceso de contratación e no que, a xuízo do concelleiro, queda demostrada que a súa cuñada foi marxinada á hora de acceder a este posto de traballo «por razóns políticas».

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.