O Salnés é a comarca galega onde máis aumentou o paro en outubro e O Grove lidera a lista por concellos

Publicado por Antonio Cortés en

Seguindo a tónica habitual, a medida que avanza o outono os desempregados aumentan no Salnés. O mes de outubro pechouse con 666 persoas apuntadas na listas do paro máis que en setembro o cal a sitúa á cabeza no ránking das comarcas galegas, seguida de Vigo (408) e A Coruña (341). As únicas bisbarras onde diminuíu o paro foron Noia e Muros.

No Salnés foi O Grove o municipio no que o incremento foi maior, pasando de 492 persoas paradas a 745, unha circunstancia motivada, en boa medida, ao descenso da actividade no sector servizos. Sanxenxo, outro concello turístico, tamén rexistrou un aumento notable pasando de 644 a 793 desempregados.

No resto dos municipios as diferenzas non son tan acusadas. En Cambados pasouse de 727 persoas apuntadas nas listas do INEM a 771; en Meaño, de 209 a 250; en Meis, de 235 a 249; en Ribadumia, 213, a 219; Vilagarcía pasou de 2.332 a 2.437 persoas; en Vilanova, de 625 a 653; e A Illa de Arousa pasou de 205 a 231.

No que se refire á comarca de Caldas tamén houbo un incremento no número de desempregados que se fixo especialmente acusado en Pontecesures, onde se pasou de 197 a 225 parados no mes de outubro. Catoira pasou de 242 a 266 mentres que en Valga case non houbo variacións xa que só se anotou unha persoa máis no INEM respecto a setembro, situando o número en 399 persoas.

Por sexos, as mulleres seguen a sufrir unha maior incidencia de paro que os homes, 2.540 fronte a 2.160 de varóns en toda Galicia, segundo o informe mensual realizado polos servizos de estatística da Xunta de Galicia.

Desagregado por idades, o paro aumenta tanto nos menores de 25 anos coma nos maiores de 25. Así, por exemplo, no caso de O Grove, dos 745 parados, un cento son menores de 25 anos, e no segmento de máis idade (maiores de 25 anos) é onde máis se acusa a diferenza entre a situación de homes (208) e mulleres (437).

En canto ao nivel académico, o paro en Galicia aumenta en todos os niveles agás no colectivo de estudos superiores onde descende en 338 persoas. Por sectores, é o sector servizos o que máis sofre a rescisión de contratos de aí que a afección no Salnés sexa alta por tratarse dunha zona cun alto grao de empresa turística. Con todo, outubro do 2006 é o mes no que se produce o menor incremento dos últimos anos.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.