Sabariz o perseverante

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Columna de «LERIAS» aparecida en La Voz de Galicia de 16/11/06

O concelleiro da Agrupación Cidadá por Pontecesures, Luis Angel Sabariz Rolán, non coñece o desánimo; De ser goberno pasou á oposición pero, lonxe de facerlle caer na apatía, o edil traballa cada vez máis: Non lle chega con criticar e sacarlle as cores ao equipo de Luis Alvarez Angueira (que se o consumo de gasóleo, que se os gastos do teléfono móbil, que se as facturas das comidas) que tamén lle fai de gabinete de prensa. De xeito que, se hai que informar de cantos aspirantes se presentan para o obradoiro de emprego e dos prazos, Sabariz no lo fai saber con celeridade e eficacia. O alcalde dí que o seu é obsesión e puro afán de notoriedade. Sabariz contesta que o único que fai e cumprir co seu deber de concelleiro así que á vista do que hai por aí, unha de dúas: ou o cesureño e o político máis concenciado e traballador da comarca ou o resto pasa de todo. Por aquí xa o coñecemos e onde tamén o van coñecer moi ben é na oficina do Valedor do Pobo. Onte volveulle a mandar outro escrito de protesta contra as actitudes obstaculizadoras do alcalde. Angueira, o que che queda.


1 comentario

Tilán · 16-11-2006 a las 23:25

Kata poda a nova di: «…así que á vista do que hai por ahí, unha de dúas: ou o cesureño e o político máis concenciado e traballador da comarca ou o resto pasa de todo».

Pois que queredes que vos diga, eu só me pregunto ¿cánto lle vai durar a don Luis Angel este talante? e despois preguntome ¿cál é a razón?.

Á marxe da sorna, que poida ter o comentario publicado na columna «lerias», hai tempo que non temos un home político deste calibre, con ese afán de omnipresencia, omniconsciencia, que obriga a pensar ¿qué lle pasa a don Luis Angel? ¿vai ser o artista de Smallville?.

Ese afán é asombroso, ó mellor dentro dun tempo cando sacie ese apetito voraz de non sei que…, veremos de que se trataba, se era xenreira, afán de protagonismo político, afán desmesurado de governar, ou simplemente… un afán político de facer cousas pola nosa smallville, por gusto persoal, sen mais. Pode ser…. (in dubio pro político. (yo me lo creo)

Agora que para os políticos da comarca pón o listón ben alto, porque con ese ritmo ¿Quén lle aguanta o tirón a don Luis Angel?, se foi así na escola… cum laudem supoño

Coido que xa o dixen fai tempo, pero vai ser que quedan reumas nas paredes, tivemos un alcalde que era outro dragón de facer cousas para pontecesures;; vai ser que coa distancia do tempo e do talante, imos ter outro activista que vai levar Pontecesures a donde non chegue. Pero eso é bó, sempre que o faga con mesura, xeito, respecto e atención ó veciño que é o fundamento e o fermento do municipio, cuestión a non olvidar en ningún momento (é dificil).

Siga vostede así, e os comentaristas desta páxina que o vexamos e o leamos.

Boa Noite.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.