Ultima hora: o alcalde convoca o pleno extraordinario solicitado polo PP

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

p(centrado). self-service.jpg

No mediodía de hoxe o alcalde convocou para o martes día 28 de novembro ás 18,00 o pleno extraordinario solicitado polo PP o pasado sábado día 11 de novembro cun único punto da Orde do Día é o seguinte: «Petición de Comparecencia do Sr. Alcalde en relación co consumo de combustible dos vehículos de servizos municipais».

O alcalde, coma sempre, esgotou o prazo de 15 días hábiles para celebrar o pleno e fixou unha hora na media tarde tratando de que non asista moito público. Dende aquí fago un chamamento aos veciños para que acodan en masa a este pleno para ter información do que sucedeu no noso concello con este tema do desorbitado consumo de combustible.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.