ADIF arranxa a marquesina da estación de FFCC de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

p(centrado). estacion.jpg

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Con gran satisfacción celebra esta agrupación o comezo no día de onte das obras de reparación da marquesina do andén principal de estación de ferrocarril de Pontecesures que está en malas condiciones pois do falso teito despréndense a miudo listons dun tamaño considerable por accción do vento ou de actos de gamberrismo que teñen lugar na instalación (impacto das pedras que forman o balasto da vía).

Este concelleiro realizou xestións coa Xefatura de Estacións de ADIF en León para o arranxo da marquesina e os traballos encargados por dito organismo son realizados por Construcciones Tauro de A Coruña.

En concreto se está a instalar un falso teito novo e tamén se está a reparar a cuberta en sí, pois hai filtraccións de augas que é necesario corrixir agora.

Esta agrupación quere agradecer a ADIF esta actuación na estación, así como as que fixo últimamente (colocación de portas antivandálicas no edificio, pintado de fachadas e reparación da cuberta) tendo en conta que sempre estivemos interesados en que os andenes e o edificio estiveran nas mellores condicións posibles por razóns de salubridade e de estética.

Pontecesures, 16 de novembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.