Bandeira en Pontecesures

Publicado por Antonio Cortés en

Tiña o compromiso co alcalde de Pontecesures de ler o pregón da festa da lamprea, e alá fun. Tratáronme moi ben e vin no salón de plenos unha curiosa bandeira galega de seda natural. Curiosa porque a franxa azul baixa de dereita a esquerda e no centro ten o escudo municipal bordeado cun letreiro que di: «Los cesureños de La Habana a la Liga de los Amigos del Carmen». Souben logo que a trouxera de Cuba Xosé Llerena, presidente da Sociedade de Pontecesures, en 1912, e que fora solemnemente «despedida» no Parque da Fraternidade da Habana por un numeroso grupo de asociados. Nin ben chegou a destino foi bendicida por un frade carmelita con padrinos e todo. � longo do século pasado e no que vai do actual esta bandeira vén presidindo as procesións anuais do Carme, escoltada por doce mariñeiros cos remos ó lombo.

Xa teño contado que a nosa bandeira azul e branca ondeou por primeira vez na fachada do Centro Galego da Habana (na sede primeira, que estaba na esquina de Prado e Dragones) o 25 de xullo de 1904. Os emigrantes arelaban coñecer a bandeira da súa patria. Algúns recordaban a que viran cando embarcaran na Coruña, que non era a de Galicia senón a da comandancia portuaria. Escribíronlle a Murguía pedindo consello, e ó patriarca pareceulle ben a idea. Máis aínda: mandoulles un debuxo -que arranxou o seu fillo Ovidio, coas proporcións, anchura da franxa, matiz do azul e outros detalles. Dende ese día a nosa bandeira enarborouse en todas as asociacións galegas da illa. E cando morre Curros, os seus restos chegan á Coruña dende a capital de Cuba cubertos coa que sería definitivamente a bandeira de Galicia.

En lembranza daqueles paisanos trasterrados e a xeito de homenaxe a todos sos emigrantes cesureños, a bandeira cegada da Habana preside simbólicamente as sesións da cámara municipal e encabeza as procesións ano tras ano na fermosa vila ullá.

Xosé Neira Vilas :: El Correo Gallego ::


2 comentarios

eu · 2-12-2006 a las 22:11

As fotos son demasiado cutres.

Antonio Cortés · 3-12-2006 a las 09:46

¿ De que fotos estás a falar ?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.