A ACP denuncia a desidia do concello en materia de emprego.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Xa foi criticado por esta agrupación o feito de que na solicitude do concello de Pontecesures á Consellería de Traballo só fose solicitada unha subvención para contratar a 10 traballadores nos programas de fomento do emprego 2006 (programas de cooperación) ao abeiro da Orde de 23 de marzo de 2006. O número de traballadores foi moi inferior a outros concellos de parecidas características e nada podemos dicir á administración autonómica porque nos deron todo o que pedimos. O que ocorre e que, por desidia ou por despreocupación, a petición foi de moi poucos traballadores coa conseguinte perda de fondos para este concello que non contratou a máis traballadores desempregados por unha xestión realmente desastrosa.

Con data 05-06-06 publicouse no DOG unha Orde da Consellería de Traballo ampliando créditos e abrindo novo prazo para solicitar subvención para contratar novos traballadores para os programas de cooperación 2006. Neste caso, segundo as informacións que teño, a xestión xa foi nula pois nin sequera se fixo a solicitude perdéndose a posibilidade de mellorar os servizos municipais e de contratar a algunhas persoas desempregadas das moitas que temos no noso municipio.

Ante esta ineficacia e despois de perder unha cantidade moi importante en concepto de subvencións tanto na 1ª como na 2ª convocatoria da Consellería de Traballo para o fomento do emprego, esta agrupación responsabiliza ao alcalde do sucedido solicitando unha explicación inmediata das razóns que motivaron esta desidia municipal.

Despois do ocorrido resulta triste escoitar ao noso alcalde explicar que pérdense axudas e subvencións por culpa da oposición que non quere se fagan cousas. Cos feitos relatados queda moi claro que as pérdidas son pola falla de xestión do alcalde e do seu grupo de goberno.

Pontecesures, 20 de novembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.