Circulares informativas do CPI Pontecesures

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

EducacionCIRCULAR DIRIXIDA AOS ALUMNOS DA ESO.

Lembrámosvos que o vindeiro venres día 24 de novembro terá lugar a elección de representantes do alumnado para a renovación do consello Escolar. Neste caso renovarase, como xa explicamos, 1 representante alumno/a dos 3 que lle corresponden.

Os candidatos/as presentados e proclamados pola Xunta Electoral son: Teresa Caldelas Lorenzo, Irene Campos Loureiro, Diego Castro Lestido, Enrique Fernández Vázquez, Borja Lorenzo Lafuente, Ismael Llerena Moreiras, Javier Magán Sanmiguel e David Núñez Gerpe.

Podedes votar todolos alumnos/as da ESO e na papeleta de votación debedes marcar só un dos oito candidatos presentados.
A votación terá lugar na biblioteca do centro en horario de 10,20 a 12,00 horas.

CIRCULAR DIRIXIDA AOS PAIS E NAIS.

Lembrámosvos que o vindeiro luns día 27 de novembro terá lugar a elección de representantes de pais/nais para a renovación do Consello Escolar. Neste caso renovarase, como xa vos explicamos, 1 representante pai/nai, dos 3 que lle corresponden.

As candidatas presentadas e proclamadas pola Xunta Electoral son: María Isabel Eitor Castro e María Isabel Rey García.

Poderá votar o pai e a nai ou os titores legais dos alumnos/as que figuren no censo (de non ser así poderán reclamar ata o día anterior ás votacións) e deberán marcar na papeleta de votación unha soa candidata.

A votación terá lugar na biblioteca do centro en horario de 13,15 ás 19,00 horas e deberán traer o DNI ou documento acreditativo con foto.

Pontecesures, 21 de novembro de 2006
Mª José Suárez Guzmán
Directora do Centro


4 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-11-2006 a las 20:49

Foi elixido representante dos alumnos Borja Lorenzo Lafuente de 3º de ESO e que reside en Carreiras. Tivo 50 votos e os demáis candidatos quedaron a moita diferenza.
Noraboa Borja.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-11-2006 a las 10:04

Como representante dos pais/nais no Consello Escolar saiu elixida Mª Isabel Rey García.
Sobre un censo electoral de 497 pais/nais, houbo 88 votantes. A candidata gañadora obtivo 88 votos, mentres que Mª Isabel Eitor Castro obtivo 30.
Noraboa á gañadora.

Tilan · 28-11-2006 a las 11:04

Imos ver, magister.

Número total de votos: 118

A gañadora obtivo: 88

A non elixida: 30

Porcentaxe de participación: 23,74 %

Será así, ¿non?.

Senón digao, porque non se entende.

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-11-2006 a las 11:13

Perdón, perdón. A gañadora tivo 58 votos e a perdedora 30. Houbo OITENTA Y OITO (88) votos en total. Con tanta auga estou un pouco parvo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.