IN VINO VERITAS : Viños da terra Ribeiras do Barbanza-Iria

Publicado por Antonio Cortés en

p(centrado). uvas.jpg

Si? ??la verdad os hará libres?…, e que Dios me perdoe? «la verdad no está ahí fuera» (expediente X)

¿Sabedes onde se atopa ??la verdad?? Pois atopámola nun aforismo que dí:

??IN VINO VERITAS? …Plinio o Vello, dixo.

Introducción feita. Asunto a tratar: ??Viños da terra Ribeiras do Barbanza-Iria?

Como da ignorancia extraemos osadía eu digo:

Anos de labor pasaron os veciños destes Concellos que agora logran un recoñecemento para as súas viñas e viños, houbo períodos nos que se intentou a incorporación á denominación de orixe Rias Baixas, episodios nos que caseque se consigue a incorporación pero o mercado (oferta-demanda) foi quen aconsellou a non integración ata tempos mellores. Non contentos, quenes se querían integrar seguiron a darlle voltas, hoxe temos esta indicación xeográfica ??Viños da terra Ribeiras do Barbanza-Iria?. (Benvida)

Esta etiqueta que agora se autoriza, á vista do profano é como de segundo orde, aínda que esixe requisítos para estar baixo dela, no gran mercado ¿cantos pedimos un Tierras de Castilla? Nunca se sabe, pero habrá que sair con moi bo pé e traballar moito o mercado? boa sorte.

Os productores que desexen acollerse a ela, supoño que xa o saben, pero o comento para os que non o sepan, teñen que ter os viñedos censados (por decilo así), teñen que traballar con castes autóctonas.. etc; que poñéndonos en Pontecesures, supón duro traballo quen queira lograr unha producción axeitada, xa que en blancos para lograr ??lucro cesante? é dificil, traballar con Godello, Loureira, Caíño Branco, Lado,Torrontés, Treixadura, elo supón ??sangre, sudor y lágrimas?. Entre a adaptabilidade, pragas e enfermidades ten que vir un ano moi bo para obter un beneficio de todo o traballo. (A botrite como esté un tempo humedo pode poñerte fino xa en maio?(sí ollo o dato), o mildeu como teña ocasión non perde o tempo, e tamén hai anos nos que o oidio (polvillo) merma a colleita. Os paxáros os primeiros en catar a densidade, non fai falta un refráctometro, hai castes coma o godello que cando empeza a madurar, eles (os paxáros) son os primeiros en desfacer os acios.

Como non pretendo romper ilusións, todo ten arreglo e neste caso con tratamentos, traballo, e sorte, ¡¡¡adiante productores a incorporarse a ??Viños da terra Ribeiras do Barbanza-Iria?, despois de todo, ¡xa era hora!.

Noutro orde de cousas e relacionado co viño, nestes concellos que agora se amparan baixo este nome, temos un viño que en orixe natural non é tal, senon que está calificado como de HPD (hibrido productor directo) o ??Catalán Roxo?, este gran inxuriado, calumniado, maltratado ¡¡¡¿quén pide un país?!!! (A XENTE NOVA NIN O CHEIRO ),fomos nós, os que o facemos, quenes o desmeritamos.

Facer viño non é apretar as uvas e deixalas fermentar. Nas grandes denominacións de orixe os viños traballanse, condiméntanse, maquillanse e despois ponselle un traxe, non poño en xuízo a calidade da materia prima, para nada, pero ahí está precisamente o labor, a parte de ter bo material despois aínda o tratan, o miman. ¿Faise a comida sen os condimentos necesarios?. …?botanlle química? (o dito) …. hai química ??A? e química ??B?… ¿ou que é o ClNa?, pois eso o sal é necesario para a comida, pois o viño tamén ten que levar sal, senón non sabe.

O noso ??Catalán Roxo? tan HPD como o ??Folla Redonda?, foi descoidado, estes HPD que teñen fama de dar viños acédos, inestables, foron durante tempo o viño que se consumeu nesta zona, porque sempre foi da cepa que mais producción se obtiña, foi incorporada cando a filoxera fixo estragos, púxose como resistente e produciu ben, e aquí temos o resultado a mellor caste do mundo para todo esta zona, da viño coma ninguén alcanza unhas densidades de azucar coma ningún outro neste pobo, en grados Beaumé atá 12, ¿qué albariño colleitado en pontecesures, ou que godello ou loureira, nos chega atá esa densidade?, ningún.

O ??Catalán Roxo? que non se pode facer roxo, senon que a súa mellor vertiente está no blanco (para gustos), este HPD maldecido e embodriado polo non saber facer, ou por ser lacáns, este HPD acusado, porque nel se identifica a presencia de Malvin-diglucósido que algúns? outros NON? dín que é un tóxico que afecta ó SNC.

Este HPD que cos condimentos da cociña, sal (metabisulfito de potasio) e azúcares (a chaptalización, con blanco refinado ou moreno integral que aporta oligoelementos enriquecedores) e a boa maduración e LIMPEZA, sobre todo LIMPEZA ten uns valores moi estimables, non digo nada se se nos ocurre facer un COUPAGE con albariños, godellos etc, o resultado é calidade e abondanza.

Hai quen como Masa Vázquez, A. (O Sector da Viticultura en Galicia. ??Análise Empresarial? Unipro Editorial Vigo-1989 pags.32-41) opinan que o Catalán non é un HPD. Pena de que non se admitira este viño, aínda que non como caste autóctona, si que o fora como autorizado xunto con outros, entonces serían demáis os que se acolleran a ??Viños da terra Ribeiras do Barbanza-Iria?.

:: Por Tilán ::

Categorías: estudios

1 comentario

Antonio Cortés · 25-11-2006 a las 15:30

Creo que non están de máis darlle as gracias a Tilán por esta entrada, sobre o viño na nosa zona, unha clase maxistral que nos fai ver o tema da uva e o viño da terra cunha perspectiva máis amplia e ben documentada.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.