Hoxe pleno do gasoil. A ACP aporta datos sobre os consumos en 2006 do Patrol de obras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DE PRENSA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Hoxe martes ás 18 horas celébrase un pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular para que o alcalde de explicacións sobre o desorbitado consumo de combustible de vehículos de obras (fundamentalmente do Patrol M-3287-LS). En xuño pasado xa houbo un pleno destas características sobre os consumos de 2005 e agora, ao parecer, as preguntas vanse referir aos consumos de 2003, 2004 e á comparativa dos consumos en 2006 antes e despois da denuncia.

Este concelleiro que analizou e investigou os consumos de 2006 do Patrol en cuestión e que xa formulou varios preguntas nos derradeiros plenos sen resposta polo alcalde, quere informar á opinión pública o seguinte:

1- No mes de xaneiro do 2006 emitíronse pola estación de servizo nove tickets de gasoil coa matrícula do Patrol municipal (nove repostaxes) que cargou 467,29 litros. En febreiro de 2006 foron seis os tickets (seis repostaxes) emitidos e se cargaron 309,03 litros de gasoil. En marzo de 2006 foron oito os tickets (oito repostaxes) e se cargaron 364,33 litros.

2- Despois da denuncia a finais de marzo baixa incriblemente o cunsumo do patrol e así en abril de 2006 só hai dous tickets (dúas repostaxes) e se cargaron 90,77 litros. Pero e que en maio de 2006 só hai un único tiket (o vehículo só repostou unha vez en todo o mes) e se cargaron polo Patrol 57,81 litros de gasoil.

3- Non teño datos dos meses seguintes de 2006 pois o alcalde a pesar de que o pasado 5 de setembro foi solicitada a consulta dos meses de xuño, xullo e agosto o alcalde autorizou a facelo nada menos que o 15 de decembro próximo. Como se pode apreciar os atrancos son constantes.

4- Non entende este concelleiro a tremenda baixada de consumo despois da denuncia pois os percorridos e as funcións do Patrol son máis ou menos as mesmas. Tampouco pode dicir o alcalde que o incrible consumo do Patrol do primeiro trimestre de 2006 foi porque o vehículo utilizouse polo Club Náutico nese período xa que un directivo do club confirmou a este concelleiro a non utilización do Patrol en 2006. Debe terse en conta, ademáis, que no primeiro trimestre non houbo competición algunha de piragüismo.

5- Indícase tamén que poucos días despois da denuncia nos medios dos consumos desorbitados de combustible en marzo pasado, cambiouse ó traballador encargado da conducción do vehículo ignorándose a razón.

Como no pleno vanse tratar estes temas faise un chamamento aos veciños para que asistan masivamente ao Salón de Sesións hoxe ás 18 horas co fin de presenciar ??in situ? as explicacións do goberno local por estes feitos.

Pontecesures, 28 de novembro de 2006

Luis Angel Sabaiz Rolán Concelleiro da ACP de Pontecesures.


1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-11-2006 a las 20:54

Como era de esperar o alcalde non respostou a ningunha das preguntas formuladas polo voceiro do PP Angel Souto que fixo referencia a repostaxes con 10 minutos ou menos de diferenza no Patrol, varias cargas no mesmo día en, outros extraños de 2,50 ou 6,50 ?, cargas nos días de fin de ano de 2003, 2004 e 2005, etc..
O alcalde manifestou facéndose o victima que tiña que consultar as preguntas e que hoxe non dicía nada. Tanto PP como ACP como o PSOE dixéronlle que tivera máis de seis meses para explicar o escándalo do gasoil pero que nin mirara as facturas porque quere que se esqueza todo.
Falouse do incrible da disminución de consumo a partir da denuncia e Gerpe expuso de que ao alcalde non se lle pode crer nada por que é un mintireiro.
Este tema xa está abocado a ir aos tribunais (ben a traves da Fiscalía ou ben exercitando as accións que correspondan) e pouco máis hai que dicir ante as evidencias demoledoras.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.